EN VIGO PODEMOS

O Círculo Municipal de Podemos Vigo é a unidade básica de acción política na nosa cidade.

Xuntas queremos construir unha organización política e un movemento social democrático e popular que transforme Vigo.

No Círculo de Podemos Vigo conflúen as militantes de Podemos que se interesan polo desenvolvemento da nosa organización dende o ámbito territorial máis achegado á cidadanía creando, coa súa acción cotiá, a capilaridade necesaria para desenvolver a estratexia política e social coa que acadar os obxectivos para a transformación social da nosa cidade baixo os principios de fraternidade, irmandade, democracia e dignidade contemplados nos Dereitos Humanos.

O Círculo de Podemos Vigo é o alicerce no que se sustenta o despregamento da acción política colectiva e constitúense como un actor máis que participa no movemento popular do noso país. O Círculo de Podemos Vigo é en definitiva, unha ferramenta pensada para a actuación directa desde a proximidade no seu ámbito territorial municipal.

Así, convértense nun actor protagonista na dirección e despregamento sociopolítico dende o local.

Deja un comentario