Non máis desafiuzamentos!

***Comunicado de Prensa***

Podemos Vigo Defende o Dereito a unha Vivenda Digna 

Nun momento de profunda tristeza e consternación, dirixímonos á cidadanía de Vigo co corazón cheo de empatía e a determinación inquebrantable de loitar por un cambio real e urxente nas políticas de vivenda. O recente intento de suicidio dun inquilino na nosa cidade é unha tráxica  lembranza das consecuencias devastadoras da crise de vivenda que enfrontamos.

Desde Podemos Vigo, expresamos a nosa solidariedade e apoio incondicional ao inquilino e a súa familia neste momento difícil. Dóenos profundamente saber que alguén se vexa empuxado ao bordo do abismo pola desesperación de perder o seu fogar, o seu refuxio, o seu lugar de seguridade neste mundo incerto.

Este tráxico suceso non é un feito illado, senón o resultado dun sistema que prioriza o lucro sobre as vidas humanas, que permite que as persoas sexan tratadas como simples mercadorías nun mercado desapiadado. Non podemos permitir que esta inxustiza siga cobrándose vidas, esnaquizando familias e sementando a dor na nosa cidade.

O intento de suicidio deste inquilino é unha chamada de atención urxente para toda a sociedade. É un berro desesperado que nos lembra a urxencia de actuar, a necesidade de poñer fin a unha crise que está a arruinar vidas e xerar sufrimento na nosa sociedade. Non podemos permitirnos ser indiferentes ante o sufrimento dos nosos veciños e veciñas.

En Podemos Vigo, reafirmamos o noso compromiso firme co dereito humano fundamental a unha vivenda digna e segura para todas as persoas. Esiximos medidas urxentes e contundentes para protexer aos inquilinos e previr traxedias como a que acabamos de presenciar. 

Esiximos un alugueiro alcanzable e estable que permita ás persoas vivir con dignidade, sen ter que elixir entre pagar o alugueiro e poñer comida na mesa. Esiximos a creación dun parque público de vivenda que garanta o acceso a fogares dignos para todas as persoas, independentemente da súa situación económica ou social.

Este tráxico incidente lémbranos a urxencia da nosa loita, a importancia de non descansar ata que cada persoa en Vigo teña un lugar onde sentirse segura, onde construír os seus soños e planificar o seu futuro. Erguémonos hoxe con máis determinación que nunca, dispostas a seguir loitando por un futuro máis xusto e humano para todas e todos.

Chamamos aos nosos concidadáns para unirse a nós nesta loita, a erguer a voz contra a inxustiza, a defender o dereito a unha vivenda digna como un dereito inalienable de cada persoa. Xuntas, podemos facer a diferenza. Xuntas, podemos construír un Vigo onde ninguén quede atrás, onde todas as persoas teñan un fogar.

En Podemos Vigo, seguimos firmes na nosa determinación de construírmos un futuro mellor para a nosa cidade e para todas as persoas que a habitan. Porque cremos nun Vigo onde o dereito a unha vivenda digna sexa unha realidade para todos e todas. Porque cremos nun Vigo onde cada persoa poida vivir con dignidade e esperanza. Si se pode!

Secretaría de Comunicación de Podemos Vigo

Vigo, 2 de maio de 2024

1º de Maio e Podemos Vigo

A participación activa da militancia, rexistradas e simpatizantes de Podemos Vigo na manifestación do 1.º de maio non só foi unha mostra de compromiso político, senón tamén un reflexo dunha visión integral e transformadora para a sociedade. Máis aló da simple reivindicación de dereitos laborais, a presenza das militantes e simpatizantes de Podemos Vigo foi un testemuño vivo dos valores e principios que defendemos.

A importante participación da nosa militancia na manifestación radica na firme nosa convicción de que a xornada laboral debe ser máis equilibrada. Para Podemos Vigo, a idea de que a xente traballadora poida gozar de máis tempo libre para dedicarse a actividades de lecer, descanso e coidado persoal é fundamental. Esta postura enmárcase nun contexto onde a tecnoloxía e a automatización están a transformar rapidamente o mundo laboral, o que expón a necesidade de repensar a relación entre o traballo e o tempo libre para garantir o benestar de todas as persoas.

Ademais, Podemos Vigo defende o dereito de todas as traballadoras e os traballadores que desexen traballar a ter oportunidades laborais dignas e accesibles. Nun momento no que o desemprego segue sendo un desafío importante, a promoción de políticas que fomenten a creación de emprego e a igualdade de oportunidades é unha prioridade para a nosa organización. Isto inclúe medidas para combater a discriminación no ámbito laboral e promover a inclusión de grupos marxinados ou subrepresentados no mercado laboral. É fundamental feminizar o mercado laboral.

En termos económicos, Podemos Vigo avoga por un enfoque de produción baseado na sustentabilidade, autoxestión, decrecemento e eficiencia. A idea de que se produza só o necesario é central na súa visión dunha sociedade máis xusta e equitativa. Isto implica cuestionar o modelo de crecemento económico ilimitado e priorizar a satisfacción das necesidades básicas da poboación sobre a acumulación de riqueza material. Ao reducir o consumo excesivo e promover prácticas económicas máis responsables, pódese contribuír á preservación do medio ambiente e á creación dun sistema económico máis xusto e sostible.

A redistribución da riqueza é outro piar fundamental na plataforma de Podemos Vigo. A crecente desigualdade económica é unha preocupación global, e a nosa organización avoga por políticas que garantan unha distribución máis equitativa dos recursos e oportunidades. Isto inclúe medidas como impostos progresivos sobre a renda e o patrimonio, así como o desenvolvemento de programas de asistencia social, unha progresiva socialización da economía e políticas de emprego que axuden a pechar a fenda entre ricos e pobres.

Finalmente, para Podemos Vigo, o obxectivo último de todas estas políticas é promover a felicidade e o benestar da poboación. Máis aló de indicadores económicos como o PIB, a verdadeira medida do éxito dunha sociedade debe ser o grao de satisfacción e realización da súa cidadanía. Isto implica non só proporcionar condicións laborais xustas e oportunidades de desenvolvemento persoal, senón tamén promover unha cultura de solidariedade, inclusión e respecto mutuo.

En resumo, a participación de Podemos Vigo na manifestación do 1.º de maio foi moito máis que unha demostración de forza política. Foi unha lembranza poderosa dos valores e principios que guían a súa acción política: equidade laboral, igualdade de oportunidades, sustentabilidade económica, xustiza social e procura da felicidade para todos e todas. Nun mundo cada vez máis complexo e interconectado, estas ideas seguen sendo tan relevantes e necesarias como sempre.

Viva a clase traballadora! Viva o 1º de maio!

Si se pode!

1º de maio en Vigo

Podemos Vigo asistirá á manifestación do 1º de maio de 2024

O 1.º de maio, tamén coñecido como o Día Internacional da clase traballadora, é un día de conmemoración e recoñecemento do movemento obreiro e as súas loitas por mellores condicións laborais, dereitos laborais e a xornada laboral de oito horas.

O compromiso de Podemos Vigo de participar da manifestación do 1º de maio de 2024 mostra o seu apoio contundente ás demandas dos traballadores e traballadoras. A súa presenza nesta mobilización demostra o compromiso do partido coa defensa dos dereitos laborais e coa loita por unha sociedade máis xusta e igualitaria. A participación activa de Podemos Vigo neste evento é unha clara mostra do noso compromiso político e a Nosa adhesión ás causas sociais que procuran o benestar e o progreso común.

A militancia de Podemos Vigo participaremos nas manifestacións do 1º de maio en Vigo.

Acude a manifestación unitaria: Vía Norte ás 11.30 horas.

Participa e difunde!

Solidariedade con Palestina

YAMIL KASEM

Onte 26 de maio de 2024 hoy o unha proxección dun documental, na sede de Podemos Vigo, titulado: “El dolor es Palestino” e logo asistimos á presentación de Óscar Lomba e á intervención de Yamil Kasem.

Óscar Lomba, presidente da Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e militante de Podemos Vigo, presentou a Yamil Kasem como un símbolo de resistencia e voz fundamental na luita pola liberdade palestina. Destaca a súa valentía, compromiso e liderado ante a traxedia en curso, instando á acción internacional contra a opresión israelí.

A conferencia de Yamil Kasem foi moi emotiva e inspiradora. Yamil compartiu a súa historia persoal e experiencias, salientando a urxencia da loita pola liberación do pobo palestino. Yamil demostrou coraxe ao afrontar a opresión e violencia israelís, alén de exortar a comunidade internacional a actuar contra o masacre en curso e a esixir xustiza e liberdade para o pobo palestino. As súas verbas deixaron unha pegada duradeira nos presentes, reforzando o compromiso coa causa palestina e a necesidade de solidariedade e acción.

Yamil Kasem falou do apoio dos Estados Unidos a Israel, e dixo que ten raíces profundas baseadas en factores históricos, económicos, culturais, xeopolíticos e estratéxicos. Desde a súa fundación en 1948, Estados Unidos foi un aliado fundamental de Israel, proporcionando apoio político, militar e económico significativo.

Esta relación fortaleceuse pola influencia de grupos de presión pro-Israel nos Estados Unidos e a percepción de Israel como un socio estratéxico na rexión. Ademais, o sionismo cristián entre as elites británicas e estadounidenses xogou un papel importante, baseándose en interpretacións relixiosas da Biblia. Israel tamén xoga un papel determinante na zona como base militar nunha rexión xeopolíticamente importante.

O conflito con Irán baséase en intereses xeopolíticos e en diferenzas ideolóxicas, relixiosas e territoriais, exacerbadas pola retórica hostil e as accións belixerantes do sionismo e o imperialismo norteamericano, porén para os palestinos Irán é un contrapeso ao dominio israelí na rexión.

Por otra banda, e malia ás tensións políticas ocasionais con Estados Unidos, o apoio estadounidense a Israel sempre foi constante e estable.

As empresas multinacionais norteamericanas e europeas, incluídas algunhas con intereses en Israel, e unha morea de empresas israelís benefícianse da ocupación e a explotación de recursos palestinos. A normalización de relacións entre algúns países árabes e Israel, mentres procuran estabilidade e beneficios económicos, son unha traizón á causa palestina.

En última instancia, desde a perspectiva do pobo palestino, o apoio Europeo a Israel representa unha complicidade na ocupación e o sufrimento continuo. É fundamental que a comunidade internacional tome medidas concretas para poñer fin á ocupación e garantir os dereitos humanos na rexión.

Moitas grazas Yamil pola túa visita á sede de Podemos Vigo. Palestina vencerá!

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e Podemos Vigo comprácense en convidar a toda a cidadanía viguesa interesada a asistir á proxección do documental «El Dolor es Palestino«, que terá lugar este venres 26 de abril de 2024 ás 19:00 horas na sede de Podemos Vigo, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.

O evento contará coa proxección do documental «El Dolor es Palestino» seguido dunha palestra a cargo de Yamil Kasem, figura salientable na loita pola xustiza e a liberdade en Palestina. Yamil Kasem é dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina (FDLP) e membro do Consello Nacional PalestinoYamil dedicou décadas da súa vida á causa palestina. O seu liderado e o seu visión estratéxica foron fundamentais para manter viva a chama da resistencia palestina no medio da adversidade. Desde as trincheiras da política internacional, denunciou incansablemente os crimes de Israel e avogou por unha solución xusta e duradeira ao conflito. Porén a loita de Yamil vai máis aló dos despachos e as negociacións diplomáticas. O seu compromiso co seu pobo levouno a estar presente nas rúas, xunto aos manifestantes, enfrontándose á represión e a violencia do ocupante israelí. A súa valentía e a súa determinación son un exemplo para todas e todos nós, lembrándonos que a verdadeira liberdade conquístase con sacrificio e coraxe.

Nun momento histórico como o que estamos a vivir, coa escalada de violencia e o xenocidio en Gaza, a voz de Yamil Kasem ecoa con máis forza que nunca. O seu chamado á solidariedade internacional, a súa esixencia de xustiza e a súa visión dun futuro libre de ocupación e apartheid inspírannos a todas e todos a unirnos na loita pola liberdade e a dignidade do pobo palestino. 

Pedimos a difusión deste importante acto de solidariedade co pobo palestino.

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA:

Falarán:

* Óscar Lomba (Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e militante do Círculo de Podemos Vigo)

* Yamil Kasem (Dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina – FDLP e membro do Consello Nacional PalestinoCNP).

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

DATA: Venres 26 de abril de 2024

HORA: 19:00 horas

LUGAR: Sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Presentación dos libros de Antolín Pulido na sede de Podemos Vigo

Antolín Pulido Vázquez, nado en Talavera de la Reina en 1962, é moito máis que un escritor. Cunha vida marcada pola loita polos dereitos humanos, a mediación de conflitos e o seu activismo incansable, deixou unha pegada indeleble en varios países como membro das Brigadas Internacionais.

Ademais do seu labor como antropólogo e pedagogo, Antolín Pulido é un home polifacético, sendo escritor, activista, politólogo, artista plástico e moito máis. A súa obra literaria, que aborda temas sociais e políticos cunha visión crítica e comprometida, foi amplamente recoñecida.

Entre as súas obras podemos salientar «La memoria de los nadie» en tres volumes, «Teatrillos contra memoria» e «Textos de Combate de ahorita mismo«, entre outros. A súa pluma incisiva e o seu compromiso coa xustiza social fan dos seus escritos unha ferramenta valiosa para a reflexión e o cambio social.

Nesta presentación, tivemos o privilexio de escoitar de primeira man as verbas de Antolín Pulido González e puidemos mergullarnos no universo da súa obra. 

Moitas grazas Antolín!

PODES BAIXAR OU DESCARGAR OS SEUS LIBROS: LIBROS DE ANTOLÍN PULIDO

Encontro de militantes en Vigo

O pasado martes 16 de abril celebramos no sede de Podemos Vigo un encontro coa militancia onde debatemos e reflexionamos sobre o pasado, presente e futuro de Podemos en Vigo e no conxunto da Provincia de Pontevedra.

Durante o encontro, os participantes tiveron a oportunidade de expresar as súas ideas e inquedanzas en relación coa evolución do partido, así como coas estratexias a seguir de cara ao futuro, especialmente nas eleccións ao parlamento europeo.

Tamén se abordou a análise da última confrontación electoral das eleccións galegas e os resultados obtidos, para identificar liñas de actuación que poidan fortalecer a presenza de Podemos Galicia tanto a nivel local como a nivel provincial.

Este tipo de encontros son vitais para fomentar o debate construtivo e as reflexións que impulsan o crecemento e a evolución dun partido político como Podemos.

ENCONTRO COA MILITANCIA

ENCONTRO PROVINCIAL COA MILITANCIA DE PODEMOS

O martes 16 de abril temos un encontro militante en Vigo coa presenza de Isabel Faraldo (Voceira Autonómica de Podemos Galicia) e Carmen Berzosa (Responsable de Podemos Galicia no Provincia de Pontevedra). O encontro será unha xuntanza necesaria para tratar diversos temas de interese para Podemos na Provincia de Pontevedra e tamén na Cidade de Vigo.

Durante o evento, as persoas participantes terán a oportunidade de compartir ideas e perspectivas sobre o futuro de Podemos en Pontevedra e arredores, así como abordar as cuestións fundamentais que afectan a nosa organización.

Ademais, será unha ocasión para fortalecer os lazos dentro do partido e establecer estratexias en conxunto para avanzar nos obxectivos comúns. Probablemente trataremos tamén os vindeiros retos de Podemos como as Eleccións Europeas.

Agardámosvos a todas neste encontro para construír un futuro máis sólido e comprometido co cambio na nosa cidade e provincia.

ENCONTRO PROVINCIAL DE PODEMOS

Seguimos coa rolda de encontros provinciais en Vigo (Pontevedra) da man da Voceira de Podemos Vigo Meli Vázquez, a responsable provincial Maria del Carmen Berzosa e a voceira autonómica de Podemos Galicia Isabel Faraldo.

🗓 Día: Martes 16 de abril 

🕕 Hora: Ás 18:00h 

📍Lugar: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 (Sede de Podemos Vigo).

Agardámosvos!. Participa e difunde. Comparte en redes sociais.

Manifestación pola República

Hoxe, 14 de abril de 2024, Podemos Vigo celebramos o 93 aniversario da IIª República. Unha morea de viguesas e vigueses participamos hoxe, como cada 14 de abril, na manifestación pola República.

A marcha saíu ao redor do mediodía do cruzamento de Vía Norte con Urzaiz ata Porta do Sol.

A militancia de Podemos Vigo berramos con forza moitos de lemas da marcha como: Queremos República e loitaremos por ela, Referendo Xa, Monarquía e Capital, alianza criminal, Os borbóns son uns ladróns, Patriarcado e monarquía a mesma porquería…

O actor redondelán Alberto Rodríguez Cunha, Tatán, foi o encargado de ler o manifesto. O acto concluíu coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.

Vídeo Manifestación pola República (14/04/2024)

Podemos Vigo pola IIIª República

Podemos Vigo, do mesmo xeito que Podemos a nivel estatal, avoga por impulsar unha IIIª República no estado español como un cambio na xefatura do Estado cara a un sistema republicano, en contraposición á monarquía actual. Isto implica unha revisión profunda do sistema político e constitucional do país.

A loita pola instauración dunha Terceira República radicalmente democrática e plurinacional no estado español fundaméntase na necesidade de romper cun pasado marcado pola ditadura franquista e a continuidade das súas estruturas na monarquía parlamentaria. Desde a promulgación da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado en 1947, que propuxo a Juan Carlos I como sucesor de Franco, até a actualidade con Felipe VI, a monarquía representou e representa unha carga pesada para o país.

A designación de Juan Carlos I como herdeiro do réxime franquista, ratificada polas Cortes Españolas en 1969, vinculou á monarquía cos principios do Movemento Nacional e o ideario franquista. Este feito supuxo unha falta de ruptura democrática e deixou unha herdanza de lexitimidade cuestionable á institución monárquica. Aínda que a transición á democracia en 1975 levou consigo a restauración da monarquía parlamentaria, esta mantívose como un legado non democrático da ditadura.

Durante décadas, a monarquía española estivo envolvida en escándalos de corrupción, malgaste e conduta inapropiada por parte de case todos os seus membros, incluído o rei emérito Juan Carlos I. A falta de transparencia e rendición de contas ao redor das finanzas da Casa Real alimentou a desconfianza e a indignación da cidadanía. Ademais, a complicidade dos diferentes poderes do Estado e unha prensa cómplice contribuíron a ocultar os problemas éticos e financeiros que rodeaban á casa real e a persistente crise de lexitimidade da monarquía española xerou un crecente apoio á idea de establecer unha república como forma de goberno. A demanda dunha III República xorde da aspiración de construír un sistema político baseado en principios democráticos e valores republicanos, onde o poder emane do pobo e se exerza en beneficio de toda a sociedad.

A instauración dunha Terceira República en España non só implicaría un cambio no sistema de goberno, senón que suporía tamén unha redefinición da identidade nacional e o proxecto colectivo do país. Sería unha oportunidade para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, xusta e plural, onde se respecten os dereitos fundamentais e se promova a participación cidadá na toma de decisións políticas.

No contexto da actualidade política e social, a defensa da república adquire unha relevancia especial en nacións como Galicia, onde persiste un arraigado sentimento de identidade. A bandeira tricolor, o himno De Riego e o himno galego convértense en símbolos de resistencia e aspiración democrática, reflectindo o desexo de emancipación dunha historia marcada pola opresión e a exclusión.

A mobilización cidadá en favor da república maniféstase en diversas formas de protesta e activismo, desde a participación en manifestacións até a difusión de ideas e valores republicanos na esfera pública. A data do 14 de abril, que conmemora a proclamación da Segunda República en 1931, eríxese como un momento de reivindicación e memoria histórica, lembrando os ideais de liberdade, igualdade e fraternidade que inspiraron aquel período de transformación e esperanza.

A construción dunha Terceira República en España non será un proceso doado nin exento de desafíos. Requirirá o compromiso e a colaboración de diferentes sectores da sociedade, así como a superación de obstáculos políticos e institucionais. Porén, a aspiración a unha república democrática e plural segue sendo un horizonte desexable e necesario para o futuro de España como nación moderna e transformadora.

En conclusión, a instauración dunha III República no Estado español representa unha oportunidade histórica para romper co legado autoritario do pasado e construír un futuro baseado nos principios de liberdade, igualdade e xustiza. É unha aspiración lexítima e necesaria que atopa eco na vontade democrática e o compromiso cidadán por un país máis xusto e democrático.