SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e Podemos Vigo comprácense en convidar a toda a cidadanía viguesa interesada a asistir á proxección do documental «El Dolor es Palestino«, que terá lugar este venres 26 de abril de 2024 ás 19:00 horas na sede de Podemos Vigo, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.

O evento contará coa proxección do documental «El Dolor es Palestino» seguido dunha palestra a cargo de Yamil Kasem, figura salientable na loita pola xustiza e a liberdade en Palestina. Yamil Kasem é dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina (FDLP) e membro do Consello Nacional PalestinoYamil dedicou décadas da súa vida á causa palestina. O seu liderado e o seu visión estratéxica foron fundamentais para manter viva a chama da resistencia palestina no medio da adversidade. Desde as trincheiras da política internacional, denunciou incansablemente os crimes de Israel e avogou por unha solución xusta e duradeira ao conflito. Porén a loita de Yamil vai máis aló dos despachos e as negociacións diplomáticas. O seu compromiso co seu pobo levouno a estar presente nas rúas, xunto aos manifestantes, enfrontándose á represión e a violencia do ocupante israelí. A súa valentía e a súa determinación son un exemplo para todas e todos nós, lembrándonos que a verdadeira liberdade conquístase con sacrificio e coraxe.

Nun momento histórico como o que estamos a vivir, coa escalada de violencia e o xenocidio en Gaza, a voz de Yamil Kasem ecoa con máis forza que nunca. O seu chamado á solidariedade internacional, a súa esixencia de xustiza e a súa visión dun futuro libre de ocupación e apartheid inspírannos a todas e todos a unirnos na loita pola liberdade e a dignidade do pobo palestino. 

Pedimos a difusión deste importante acto de solidariedade co pobo palestino.

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA:

Falarán:

* Óscar Lomba (Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e militante do Círculo de Podemos Vigo)

* Yamil Kasem (Dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina – FDLP e membro do Consello Nacional PalestinoCNP).

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

DATA: Venres 26 de abril de 2024

HORA: 19:00 horas

LUGAR: Sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Deja un comentario