Podemos Vigo na rúa pola defensa do dereito á vivenda

Militantes, inscritas e activistas de Podemos nas rúas de Vigo en defensa do dereito a unha vivenda digna.

Luz Calia Miramontes Sequeiros e Óscar Lomba Álvarez na manifestación polo dereito a vivenda en Vigo

Militantes, inscritas e activistas do Sindicato de Inquilinas que forman parte de Podemos Vigo participaron este sábado na multitudinaria manifestación celebrada en Vigo en defensa do dereito a unha vivenda digna.

A mobilización, convocada pola Alianza pola Vivenda de Vigo, reuniu miles de persoas nas rúas da cidade para denunciar unha crise habitacional que está expulsando á clase traballadora e á mocidade do dereito a vivir dignamente en Vigo. A marcha percorreu o centro da cidade desde Vía Norte ata a Porta do Sol baixo o lema «Vivenda, solucións permanentes xa!».

Desde Podemos Vigo consideramos imprescindible que a vivenda deixe de ser tratada como unha mercadoría e sexa garantida como un dereito. Non podemos normalizar alugueiros imposibles, a especulación, a acumulación de vivendas por grandes propietarios, os pisos baleiros nin os desafiuzamentos sen alternativa habitacional.

A mobilización deste sábado 3 de outubro demostra que existe unha sociedade organizada disposta a defender o dereito á vivenda e a esixir respostas políticas á altura do problema. Entre as reivindicacións trasladadas na rúa están o control dos alugueiros, a declaración de Vigo como zona tensionada, a ampliación do parque público de vivenda, a limitación dos pisos turísticos e a adopción de medidas contundentes contra a especulación.

Para Podemos Vigo, a resposta debe pasar pola mobilización social e por políticas públicas que poñan a vivenda ao servizo das persoas e non dos intereses especulativos. A participación de militantes, inscritas e activistas vinculadas ao Sindicato de Inquilinas expresa ese compromiso coa loita polo dereito a teito.

A vivenda é un dereito. E os dereitos deféndense organizándose, mobilizándose e loitando.

PODEMOS

VIGO A DEBATE

Vigo a debate abre as Primarias Municipais 2027 á asistencia da cidadanía viguesa.

Podemos Vigo celebrará mañá, venres 2 de outubro, un debate aberto con motivo das Primarias Municipais para elixir a candidatura que concorrerá ás eleccións municipais de maio de 2027.

O encontro terá lugar o venres 2 de outubro ás 19:30 horas na sede de Podemos Vigo, na rúa Celso Emilio Ferreiro, número 9, e estará aberto á participación de inscritas, inscritos, militantes e da cidadanía de Vigo en xeral.

Dúas candidaturas participan neste debate, que se articulará arredor de cinco eixos temáticos para abordar un proxecto de cidade para Vigo: vivenda e modelo de cidade; servizos públicos, sanidade e educación; feminismo e igualdade LGTBIQA+; economía local e emprego; e transición ecolóxica.

Vigo a debate será un espazo para contrastar propostas, compartir visións sobre o futuro da cidade e favorecer a participación no proceso de Primarias Municipais de Podemos Vigo.

(Convocamos aos medios de comunicación 15 minutos antes: 19:15 h.)

Interveñen:

* Óscar Lomba Álvarez (Candidato OLA)

* Luz Calia Miramontes Sequeiros (Candidata Semente)

A participación da cidadanía e das persoas inscritas será fundamental neste proceso. A túa voz decide a lista nas municipais.

Vigo a debate:


📅 Venres 2 de outubro
🕢 19:30 horas
📍 Sede de Podemos Vigo · Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Convoca:  Podemos Vigo 

Falemos das Municipais

🟣 Falemos das Municipais

As eleccións municipais non deberían ser só unha cita coas urnas cada catro anos. A participación cidadá ten que comezar moito antes e continuar moito despois.

Queremos falar de Vigo, pero tamén escoitar. Coñecer as preocupacións, as propostas e os soños da veciñanza. Porque unha cidade democrática non se constrúe dende arriba, senón coa participación activa de quen a habita.

Por iso abrimos este espazo para falar, debater, propoñer e participar.

📅 Venres 4 de setembro
🕗 20:00 h
📍 Sede de Podemos Vigo · Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Falemos das municipais. Falemos de Vigo. Pero, sobre todo, participemos na construción do Vigo que queremos.

Participa e difunde!

Manifestación do 14 de abril de 2026 en Vigo

Vigo celebrou o 14 de abril de 2026 unha mobilización na que se lembrou unha data fundamental para a memoria democrática e na que centos de persoas percorreron as rúas da cidade en defensa da chegada dunha III República

A convocatoria contou cunha participación destacada de Podemos Vigo, que se sumou á marcha e ao peche do acto, reforzando o chamamento a abrir un novo tempo político no Estado plurinacional español.

A mobilización desenvolveuse nun ambiente reivindicativo e participativo, con mensaxes centradas na demanda dunha transformación do modelo de Estado e na apertura dun proceso constituínte que conduza a unha nova República.

Podemos Vigo apoia á Global Sumud Flotilla

A mobilización celebrada en Vigo en apoio á flotilla humanitaria rumbo a Gaza reuniu a centos de persoas comprometidas coa defensa dos dereitos do pobo palestino. A convocatoria, impulsada por colectivos solidarios, converteuse nun espazo de denuncia da grave situación humanitaria que se vive na Franxa de Gaza, reclamando o fin do bloqueo e o respecto ao dereito internacional.

Durante a xornada sucedéronse mensaxes de apoio que puxeron o foco na necesidade de manter a presión social e política ante unha crise que segue a agravarse. A mobilización en Vigo forma parte dun movemento máis amplo de solidariedade internacional coa flotilla e co pobo palestino.

A militancia de Podemos Vigo tivo unha participación especialmente destacada, implicándose activamente tanto na convocatoria como no desenvolvemento da mobilización, contribuíndo a reforzar as reivindicacións e a visibilizar o compromiso coa solidariedade internacional, a defensa dos dereitos humanos e a xustiza global.

Encontro de Sanidade e Dependencia en Vigo.

Podemos Galicia celebrou o sábado 11 de abril de 2026 pola mañá en Vigo o encontro “Servizos Públicos para coidar a vida”, centrado na análise, reflexión e debate sobre a situación actual da sanidade pública e do sistema de coidados na comunidade.

Tras a súa celebración, a organización alertou á cidadanía sobre o que cualifican como un “grave proceso de privatización e desmantelamento progresivo dos servizos públicos de coidados”, que está a afectar de maneira directa á calidade de vida das persoas máis vulnerables.

Neste contexto, salientaron como “especialmente preocupante” a situación nas residencias de maiores, onde aseguran que se están a detectar casos de persoas con patoloxías psiquiátricas que non contan cun seguimento axeitado da súa medicación.

Ademais, denunciaron a ocultación de incidencias e advertiron de que o persoal está a soportar “cargas de traballo inasumibles” sen os recursos necesarios para desenvolver o seu labor en condicións adecuadas.

Desde Podemos Galicia insisten na necesidade de atender esta situación e poñer freo ao deterioro dos servizos públicos de coidados.

Encontro de Sanidade e Dependencia

ENCONTRO DE SANIDADE E DEPENDENCIA

Servizos públicos para coidar a vida

O vindeiro 11 de abril ás 10:30 h celebramos na Sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9) un encontro centrado na defensa da sanidade pública e dos coidados.

Participarán:

• Luisa Lores, radióloga e membro da AGDSP

• Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública Galicia

• Rita Gallego, técnica auxiliar de enfermaría e activista

• Alberto Villarreal, responsable de Sanidade de Podemos Euskadi

• Flora Rea, técnica auxiliar de enfermaría.

Un espazo para analizar a situación actual, compartir experiencias e fortalecer a defensa dos servizos públicos que coidan da vida.

Encontro de Sanidade e Dependencia

“Servizos Públicos para coidar a vida”

Sábado, 11 de abril de 2026

De 10:30 a 13:30 h

Sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9)

O encontro nace coa vontade de:

• Analizar colectivamente a situación da sanidade pública e da dependencia en Galicia

• Escoitar a profesionais e colectivos

• Compartir experiencias e problemáticas reais

• Construír propostas e alternativas desde a defensa do público

Contará con profesionais do ámbito sanitario e dos coidados, representantes de plataformas en defensa da sanidade pública e responsables políticos.

Haberá espazos de debate aberto para participación activa, intercambio de experiencias e achega de propostas.

Organiza: Podemos Galicia

🏠 VIGO POLO DEREITO A TEITO! 🏡

Vigo falou alto e claro. O dereito á vivenda non se negocia.

Miles de persoas mobilizáronse para denunciar un modelo que expulsa á xente das súas casas, que converte un dereito básico nun negocio e que deixa a familias enteiras sen futuro.

Non é casualidade. É un sistema que favorece a especulación fronte á vida. E por iso a resposta só pode ser: organización, loita e mobilización social.

Desde Podemos Vigo estaremos sempre do lado da xente que loita por quedar na súa casa, das que resisten aos desafiuzamentos e das que esixen vivenda pública en algueiro a prezos alcanzables.

Porque sen vivenda non hai futuro.

Porque a cidade é para quen vive nela, non para quen se enriquece cos alugueiros e a vivenda

#DereitoATeito #Vigo #VivendaDigna #VigoEnLoita #VigoPoloDereitoATeito #VivendaDigna #NonÁEspeculación

MANIFESTACIÓN POLO DEREITO A TEITO

🟣 Podemos Vigo chama a encher as rúas polo dereito a unha vivenda digna

En Vigo vivimos unha situación límite. Cada vez máis familias enfróntanse a alugueiros imposíbeis, a contratos abusivos, á especulación sen control e a un modelo de cidade que prioriza o negocio fronte ás necesidades da xente. Mentres os prezos seguen disparados, milleiros de persoas ven como o acceso a un fogar seguro e estábel se converte nun luxo. E isto non é inevitábel: é consecuencia directa das decisións políticas que favorecen intereses privados por riba do ben común.

Por iso, desde Podemos Vigo apoiamos con total firmeza a mobilización convocada pola Alianza pola Vivenda e Plataforma Galega, Vivenda Xa! este 21 de marzo ás 18:00 h desde a Praza dos Cabalos. Vigo necesita unha resposta colectiva, organizada e contundente fronte a un problema que afecta a toda a cidade, especialmente á mocidade, ás familias traballadoras e ás persoas máis vulnerábeis.

🏘️ Por que saímos á rúa?

• Porque o dereito á vivenda é debe ser un dereito fundamental, non un privilexio.

• Porque non podemos permitir que a especulación converta Vigo nun territorio xentrificado e turistificado.

• Porque é urxente regular os prezos dos alugueiros e poñer freo aos fondos voitre e ás prácticas abusivas.

• Porque precisamos un parque público de vivenda real, suficiente e a prezos alcanzábeis.

• Porque a cidade non pode seguir avanzando cara a un modelo no que só quen máis ten pode vivir nela.

• Porque a política municipal debe poñerse do lado da xente, non dos intereses inmobiliarios.

✊ Unha cidade que expulsa non é unha cidade xusta

A realidade é clara: Vigo está vivindo unha crise habitacional que non se resolve con propaganda nin con anuncios baleiros. Precísanse medidas valentes, planificación pública e vontade política para garantir que todas as persoas poidan vivir dignamente na súa cidade. A vivenda non pode seguir sendo un negocio especulativo que condiciona o futuro de toda unha xeración.

Desde Podemos Vigo levamos anos defendendo medidas claras e valentes para garantir o dereito á vivenda. Propoñemos baixar por lei os prezos dos alugueiros nun 40% nas zonas tensionadas, así como declarar zonas tensionadas en todos aqueles concellos onde sexa necesario, como Vigo.

Tamén apostamos por mobilizar as vivendas baleiras, reforzar de maneira decidida o parque público de vivenda e poñer límites aos abusos dos alugueiros turísticos. Ao mesmo tempo, defendemos garantir alternativas habitacionais reais para quen as precise e situar a vida das persoas no centro das políticas urbanas.

Hoxe, máis que nunca, estas propostas son imprescindíbeis para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna.

🟪 Este 21 de marzo, Vigo ten unha cita coa dignidade

Chamamos a toda a cidadanía a participar masivamente na manifestación do próximo sábado 21 de marzo de 2026 ás 18:00 horas desde a Praza dos Cabalos en Vigo. Porque cando a xente se organiza, cando a cidade se mobiliza, cando defendemos colectivamente os nosos dereitos, abrimos camiño a cambios reais.

A vivenda é un dereito. A especulación non pode marcar o futuro de Vigo. Saímos á rúa para dicilo alto e claro.

Vémonos na Praza dos Cabalos. Xuntas, imos facer que Vigo sexa unha cidade para vivir, non para especular.

Presentación pública en Vigo da Plataforma Emerxencia Dependencia.

A atención á dependencia vive unha situación de auténtica emerxencia que cómpre afrontar con urxencia. No ano 2025 a Xunta aprobou unha reforma que supón un retroceso nos dereitos da cidadanía no acceso aos servizos sociais.

Ante esta realidade nace esta plataforma, co obxectivo de defender o dereito das persoas máis vulnerables a contar cun sistema público de coidados digno, accesible e de calidade.

Desde Podemos Vigo apoiamos esta iniciativa porque os coidados son un dereito fundamental que debe estar garantido por un sistema público forte, que poña as persoas no centro das políticas públicas. 

A atención á dependencia en Galicia atravesa unha situación de auténtica emerxencia social que require respostas urxentes e compromiso político real. No ano 2025 a Xunta aprobou unha reforma que, lonxe de reforzar o sistema público de coidados, supón un retroceso nos dereitos da cidadanía e dificulta o acceso aos servizos sociais para moitas persoas que os precisan.

Falamos de persoas maiores, persoas con diversidade funcional e familias enteiras que dependen dun sistema público de coidados que debería garantir atención digna, accesible e de calidade. Cando se recortan dereitos neste ámbito, non se está falando de números nin de burocracia, senón de vidas, de dignidade e de benestar.

Fronte a esta realidade nace esta plataforma, coa vontade de unir voces e esforzos para defender o dereito das persoas máis vulnerables a recibir os coidados que merecen. Un espazo de mobilización e defensa dun modelo de coidados que sitúe ás persoas no centro e que aposte por fortalecer o sistema público.

Desde Podemos Vigo apoiamos esta iniciativa porque entendemos que os coidados son un dereito fundamental e unha responsabilidade colectiva. É imprescindible construirmos un sistema público de coidados forte, con recursos suficientes, que reduza as listas de espera, garanta condicións dignas para as persoas usuarias e tamén para as traballadoras do sector.

Defender a dependencia é defender unha sociedade máis xusta, máis humana e máis solidaria. E nese camiño imos seguir traballando, xunto á cidadanía e aos colectivos sociais, para que ninguén quede atrás.