25N: MANIFESTACIÓN EN VIGO

25N: Dia Internacional contra as violencias machistas

💜 O 25N saímos ás rúas contra as violencias machistas.

O machismo mata. Non podemos permanecer en silencio nin permitir que a violencia contra as mulleres se normalice, se banalice ou se invisibilice.

Desde Podemos Vigo chamamos á cidadanía a participar na manifestación do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Porque combater a violencia machista é unha responsabilidade colectiva e unha prioridade política.

✊ Fronte ao machismo, organización, conciencia e loita feminista.

📅 25 de novembro
📍 Saída desde Vía Norte, Vigo
🕖 19:00 h

💜 Nin unha menos. Vivas, libres e sen medo!

#25N #ContraAsViolenciasMachistas #O MachismoMata #PodemosVigo #Feminismo

Paremos as violencias machistas
PODEMOS

Deja una respuesta