
💜 A campaña do 29N xa está en marcha en Vigo!
Onte, martes 17 de novembro, o Círculo de Podemos Vigo celebrou na súa sede da rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, unha reunión de planificación e organización da campaña electoral, coa presenza do compañeiro Lucas Meda (candidato de PODEMOS ao Congreso por Pontevedra).
Un encontro de traballo colectivo para coordinar esforzos, preparar a campaña e levar ás rúas de Vigo un proxecto político comprometido coa transformación social e coa defensa dos dereitos da maioría social.
Con ilusión, organización e forza colectiva, poñémonos en marcha para defender Paz, Casa e Traballo. Porque os dereitos conquístanse organizándonos e loitando xuntas.
Contamos contigo para facer posible o cambio! 💜✊
#PodemosVigo #29N #PazCasaETraballo #ValentíaParaTransformar

