Paz, Casa e Traballo. O compromiso de Podemos

Irene Montero

Desde Podemos defendemos un proxecto colectivo que poña as persoas e os seus dereitos no centro das políticas públicas.

Paz, fronte ás guerras, ao militarismo e ao rearmamento. Os recursos públicos deben estar ao servizo da vida, dos servizos públicos e da cooperación entre os pobos.

Casa, porque a vivenda é un dereito humano, non un negocio. Defendemos a intervención do mercado do alugueiro para baixar os prezos, a mobilización das vivendas baleiras e a garantía dunha alternativa habitacional para ninguén quedar na rúa.

Traballo, con salarios dignos, estabilidade, dereitos laborais, redución da xornada e defensa da industria e do comercio local.

Queremos un país no que vivir non sexa un luxo, traballar permita vivir dignamente e a paz sexa unha prioridade.

Paz, Casa e Traballo. Dereitos para a maioría social.

PROGRAMA ELECTORAL DE PODEMOS

PODEMOS

Deja una respuesta