10 de marzo e a forza viva da clase obreira galega

Galicia amence hoxe coa memoria ardendo baixo a pel da súa historia. As loitas, que un día escacharon o silencio, transformaron unha multitude dispersa nunha clase traballadora consciente de si mesma, capaz de erguer a cabeza e falar con voz propia fronte ás inxustizas. O Día da Clase Obreira Galega non é unha evocación melancólica nin un ritual de homenaxe e lembranza. É unha data de afirmación colectiva, unha xornada de loita baseada na realidade presente e unha advertencia baseada nas arelas dunha maioría social que quere conquistar o futuro, porque cada dereito conquistado polas traballadoras e traballadores continúa hoxe baixo presión, cuestionado por novas formas de precariedade que cambian de faciana porén perseguen o mesmo obxectivo de sempre, dobrar a dignidade de quen vivimos do noso traballo.

A mocidade galega sofre esa presión con especial crueza. Encadea contratos temporais, salarios que non abondan para vivir, xornadas que devoran a vida privada e un horizonte de vivenda que se afasta coma unha utopía inalcanzábel, todo iso nun escenario que non pode asumirse como normal. A precariedade non é unha lei da natureza é unha arquitectura social deseñada para concentrar beneficios en poucas mans mentres sementa incerteza entre a maioría da poboación. Cando un país empurra a súa xuventude cara á emigración ou á renuncia dos seus soños está a condenarse a si mesmo. A dignidade laboral non é unha quimera idealista, é a base imprescindíbel sobre a que se constrúe calquera sociedade moderna.

Ese dereito á dignidade tamén pertence aos colectivos LGTBIQA+ e ás persoas trans que continúan loitando contra a discriminación laboral e a violencia simbólica e material que pretende disciplinar as súas vidas. A diversidade non é un adorno cosmolingüístico nin unha etiqueta de consumo cultural é unha realidade humana que debe traducirse en protección efectiva, oportunidades iguais e espazos libres de odio e discriminación. Ningunha clase traballadora pode ser forte se parte dela permanece sometida ao medo, ao insulto ou á invisibilidade.

O mesmo ocorre coas persoas inmigrantes que sosteñen sectores enteiros da economía galega mentres padecen contractos inxustos, salarios inferiores e un racismo estrutural que tenta mantelas nunha posición subalterna. As mans que coidan, recollen, constrúen e producen son as mesmas que moitas veces non teñen recoñecemento nin dereitos garantidos. A clase traballadora non se entende sen elas. A solidariedade non é só un principio ético é unha ferramenta política que permite tecer comunidade alí onde o sistema intenta sementar división.

Todos estes sectores comparten unha mesma fronteira invisíbel que os separa do poder real. Un poder que hoxe se reorganiza ao redor dun novo ciclo militarista. O chamado Plan de Rearmamento Europa 2030 avanza como un proxecto que promete seguridade pero que alimenta unha lóxica de confrontación global. O imperialismo muta mais non desaparece e o militarismo preséntase como un motor económico que pretende lexitimar a industria de guerra á conta dos recursos públicos que deberían garantir vivenda, saúde, educación e emprego digno. Cando o continente europeo aposta polo armamento en lugar de centrar as súas enerxías en construír unha paz xusta converte á cidadanía en espectadora dun xogo que non escolleu pero do que pagará as consecuencias.

Por iso o Día da Clase Obreira Galega serve tamén para lembrar que a loita polo traballo digno está entrelazada coa loita contra todas as formas de dominación. A explotación laboral, a discriminación de xénero e identidade sexual, a xenofobia, o racismo, a persecución da disidencia sexual e o militarismo comparten unha mesma raíz que é a concentración do poder e a deshumanización das maiorías sociais. A resposta non pode ser fragmentada nin timorata necesita da valentía colectiva que nace cando os sectores subalternos recoñecen que teñen unha historia común e unha forza máis grande do que lles fixeron crer.

Este 10 de marzo non se celebra só unha data. Afírmase unha memoria de resistencia, unha vontade de futuro e unha certeza simple e profunda. Nada é inevitábel cando un pobo decide organizarse e dicer abonda. A clase obreira galega sabeo porque o aprendeu nas fábricas, nos estaleiros, no mar, no agro, nas aulas, nos hospitais e en todos os espazos onde a vida se sostén. Hoxe esa voz volve erguerse para lembrar que a dignidade non se mendiga senón que se conquista.

Hoxe martes 10 de marzo Podemos Vigo volve situarse do lado da clase obreira galega cunha presenza activa nas rúas e cun discurso firme en defensa dos dereitos laborais e sociais. A nosa participación procura reforzar a unidade fronte á precariedade e ao avance do militarismo que ameaza o benestar común.

Vigo, 10 de marzo de 2026

Manifestación: 8 de marzo de 2026

O 8M en Vigo foi unha trincheira aberta nas rúas! Milleiros de mulleres enchemos de rebeldía a cidade de Vigo nunha manifestación unitaria que fixo tremer os cimentos do patriarcado. Convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, berramos ben alto que a nosa resposta ao avance da ultradereita é clara: “Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminista”.

A manifestación foi un auténtico escenario de mobilización masiva. Milleiros de mulleres tomamos as rúas nunha marcha unitaria que fixo vibrar a cidade e deixou claro que o feminismo continúa a ser unha forza social decisiva. A manifestación avanzou cunha mensaxe contundente fronte ao avance da extrema dereita: “Fronte ao medo e ao fascismo, a resistencia é feminista”.

A participación foi transversal e diversa, e a atmosfera, de firme determinación. As asistentes advertiron de que non permitirán retrocesos nos dereitos conquistados. Mentres sectores reaccionarios apostan polo discurso do odio e pola restrición de liberdades, o movemento feminista reivindicouse como un valado de contención democrático fronte ao fascismo e como garante da igualdade. As rúas enchéronse de consignas, pancartas e reivindicacións que evidenciaron que a loita pola igualdade continúa a ser global, colectiva e incesante.

A organización da marcha insistiu nunha idea central: o feminismo non é só unha reivindicación política, senón unha cuestión de supervivencia. Un instrumento para frear o autoritarismo e construír sociedades máis xustas. Entre as organizacións presentes, Podemos Vigo situouse na primeira liña da mobilización, reivindicando o papel da militancia de base e a necesidade de manter viva a presión social.

A xornada deixou unha imaxe clara: o movemento feminista segue a ser unha das principais expresións de mobilización cidadá en Galicia. E, como repetiron moitas das participantes, a loita continuará hoxe, mañá e sempre, até que a igualdade sexa unha realidade plena.

En Vigo Podemos
Podemos Vigo

🟣 Ao fascismo, parámolo as feministas!

Podemos Vigo. 8 de marzo

🟣 8M VIGO: FRONTE AO FASCISMO, MÁIS FEMINISMO! 🟣

📢 Amigas, ao fascismo parámolo as feministas! 📢

Este 8 de marzo volvemos a encher as rúas de Vigo porque o fascismo non pasará, nós pararemos á ultradereita. Mentres eles queren recortar os nosos dereitos, borrar a memoria e impoñer o medo, o feminismo é a nosa trincheira.

🔴 Contra as súas guerras, os nosos coidados.

🔴 Contra os seus discursos de odio, a nosa sororidade.

🔴 Contra os seus recortes, a nosa organización.

🔴 Contra o fascismo, máis dereitos!

🗓 8 DE MARZO de 2026

⏱️ 18.00 H

📍 Praza dos Cabalos (Vigo)

‼️ Marea violeta contra a ultradereita ‼️

👉 Porque sen feminismo non hai democracia.

👉 Porque o feminismo de Vigo será o valado para parar ao fascismo.

#8M #FronteAoFascismoFeminismo #PodemosVigo #GalizaAntifascista #LoitaFeminista 

En Vigo Podemos

Manifestación: Vigo pola paz e a democracia. Non ao fascismo!.

Onte, martes 3 de marzo de 2026, Podemos Vigo participou activamente na manifestación celebrada en Vigo en defensa da paz, a democracia e os dereitos humanos.

Saímos á rúa xunto máis de cincuenta colectivos sociais e máis de 1500 persoas comprometidas coa paz, o antiimperialismo e o antifascismo. Mobilizámonos para dicir non ao fascismo, non á guerra e non á vulneración do Dereito Internacional. Defendemos a soberanía dos pobos e unha paz con xustiza, baseada no respecto aos dereitos humanos e na solidariedade internacional.

Apoiamos a causa do pobo palestino e denunciamos a impunidade, o rearmamento, o militarismo e a normalización da violencia como ferramenta política. Fronte ao odio e a barbarie, respondemos con mobilización democrática e compromiso social.

Vigo volveu demostrar que é unha cidade solidaria e consciente. Desde Podemos Vigo seguiremos traballando nas institucións e na rúa por máis dereitos, máis democracia e un futuro de paz.

📣 ASEMBLEA ABERTA de PODEMOS VIGO

🟣 ADIANTE VIGO, PODEMOS. ORGANÍZATE! ✊
Por unha cidade rebelde, onde todos os barrios loiten e conten 💥

📣 ASEMBLEA ABERTA
🗓️ Martes 28 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Sede de Podemos Vigo
📌 Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

🔥 PARTICIPA. DECIDE. MOBILIZA.


💜 Ven, opina, constrúe. Sen ti, non se transforma nada.

#AsembleaAberta #PodemosVigo #BarriosEnLoita #GalizaMobilizada


Concentración feminista en apoio a Daniel e Juana Rivas


Podemos Vigo na concentración feminista en apoio a Daniel e Juana Rivas

Este 22 de xullo, ás 20:00 horas, o corazón da cidade lateu forte diante do MARCO de Vigo, onde se celebrou unha concentración convocada polo movemento feminista en apoio a Juana Rivas e ao seu fillo Daniel. Desde Podemos Vigo estivemos presentes, reafirmando o noso compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e dos menores fronte á violencia vicaria e institucional.

💜 Esta mobilización expresa un claro rexeitamento á desprotección institucional que sofren moitas nais e fillos e pon o foco no sistema xudicial que, demasiadas veces, ignora os sinais de violencia machista. A voz das mulleres debe ser escoitada, e os dereitos dos nenos, garantidos.

O caso de Juana Rivas, símbolo da loita contra a violencia machista e patriarcal, representa a situación de moitas mulleres en todo o Estado. O clamor popular recollido baixo lemas como “Daniel queda” ou “Juana somos todas” é un chamamento á acción para que as institucións deixen de dar as costas á realidade das vítimas.

Desde Podemos Vigo seguiremos defendendo un sistema xudicial feminista, que poña no centro os coidados, a protección dos menores e os dereitos humanos. A loita é colectiva, e non pararemos ata que todas as persoas poidan vivir libres e sen medo.

✊🏽 Porque o feminismo é xustiza. Porque Daniel ten dereito a vivir en paz. Porque Juana merece xustiza e apoio.


PODEMOS na Concentración Antirracista de Vigo

📣 PODER POPULAR CONTRA O RACISMO ✊🏽✊🏿✊🏻

Hoxe, 22 de xullo, Podemos Vigo participou activamente na concentración antirracista convocada na Praza do Emigrante, en resposta ao odio e á violencia contra as persoas migrantes.

➡️ A mobilización foi organizada polo Foro Socioeducativo Os Ninguéns e contou co apoio de Amnistía Internacional Vigo e numerosos colectivos sociais, políticos e sindicais.

✊ Cun nutrido grupo de persoas asistentes, berramos alto e claro:

🟢 “Non hai persoas ilegais”

🔴 “Fóra racistas dos nosos barrios”

🟠 “Non á xenofobia, si á convivencia”

🟣 “Vigo solidario con Torre Pacheco”

👉 Desde Podemos Vigo reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos, a solidariedade e a convivencia. A loita contra o racismo, o odio e a exclusión é unha tarefa colectiva e urxente.

💜 Porque defendemos unha cidade diversa, acolledora e libre de discursos de odio.

#StopXenofobia #VigoAntirracista #DereitosHumanos #PodemosVigo #Convivencia #NinguénÉIlegal

Podemos con SOS SANIDADE PÚBLICA

⚠️ Podemos Vigo: SOS Sanidade Pública sinala unha “oportunidade perdida” coa apertura do Olimpia Valencia

Hoxe, martes 22 de xullo, SOS Sanidade Pública do Área Sanitaria de Vigo denunciou que a apertura do novo Centro Olimpia Valencia supón unha “oportunidade perdida” para reforzar a Atención Primaria . O avance supón non incrementar o persoal, senón reubicalo —co peche ou traslado de centros e profesionais (como Pediatría)—, o que garantirá unha “precariedade asistencial continua” para a veciñanza.

SOS Sanidade Pública salienta tamén a absoluta falta de transparencia e participación: a planificación non contou nin con profesionais nin coa cidadanía afectada, ignorando sociedades científicas, asociacións veciñais e traballadores ata que sindicatos exerceron presión.

Perante esta situación, esixen á Consellería de Sanidade:

  • ✅ Ampliación do Hospital Álvaro Cunqueiro até cubrir as 1.265 camas previstas inicialmente .
  • ✅ Creación dun Centro de Alta Resolución no centro da cidade, para favorecer o acceso á poboación urbana .
  • ✅ Presentación dun Plan de Mellora da Atención Primaria consensuado, con máis investimento, persoal suficiente —segundo os ratios da OMS— e reforzo dos PACs, para reducir as demoras de 10–15 días.
  • ✅ Incremento do orzamento sanitario en Vigo nos próximos orzamentos da Xunta .

En Podemos Vigo apoiamos íntegramente estas reivindicacións. A sanidade pública non debe centralizarse a conta da calidade nin da accesibilidade. Esiximos un sistema sanitario transparente, participativo e orientado ás necesidades reais da cidadanía. Seguiremos na rúa, cubrindo cada acción, esixindo máis investimento, máis persoal e plans reais para a Atención Primaria.

Podemos Vigo, coa xente, pola sanidade pública.

Podemos Vigo coas 6 da Suiza

🟣 Podemos Vigo estivo presente na concentración en solidariedade coas presas das 6 da Suiza ✊

Desde Podemos Vigo sumámonos hoxe á concentración celebrada na Porta do Sol para mostrar a nosa solidariedade coas compañeiras sindicalistas presas das 6 da Suiza.

A súa situación é intolerable e esixe unha resposta colectiva firme. A nosa presenza nas rúas é unha expresión clara de apoio, de denuncia e de compromiso con quen loita.

Non hai xustiza sen solidariedade.

Non hai democracia sen dereitos.

💜 Todo o noso apoio, toda a nosa forza.

#Liberdade6DaSuiza #PodemosVigo #NonÁRepresión #SolidariedadeObreira #NingunhaSola

ENCONTRO COA MILITANCIA

ENCONTRO COA MILITANCIA NA SEDE DE VIGO

Estimadas compañeiras e compañeiros,

Temos o pracer de convidarvos a un encontro aberto dirixido a toda a militancia e simpatizantes de Podemos Galicia que queiran compartir ideas, inquedanzas e propostas co fin de fortalecer o noso proxecto colectivo.

Contaremos coa presenza de Isabel Faraldo, Coordinadora Nacional, e de Inma Rojas, Secretaria de Organización, coas que debateremos sobre a situación política actual e os retos que temos por diante como organización.

Agardámoste o luns 2 de xuño ás 18:00 horas na sede de Podemos Vigo

(Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 – Vigo)

Unha aperta fraterna,

Inma Rojas

Secretaria de Organización de Podemos Galicia

📢 Encontro coa militancia en Vigo 💜

Este luns 2 de xuño ás 18:00h temos unha cita importante na nosa sede de Podemos Vigo

🗓️ Data: 2 de xuño de 2025

📍 Lugar: Sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9).

⏱️Hora: 18:00 h.

🤝 Imos xuntarnos con Isabel Faraldo, Coordinadora Nacional, e Inma Rojas, Secretaria de Organización, para compartir ideas, analizar a situación política actual e preparar xuntas os próximos retos.

💬 Se es militante ou simpatizante de Podemos Galicia, contamos contigo!

A túa voz importa 💪

🌱 Construamos futuro desde abaixo e entre todas!

#PodemosGalicia #Vigo #OrganizaciónPopular #EncontroMilitante 💜✊

PARTICIPA E DIFUNDE!