Encontro de Sanidade e Dependencia en Vigo.

Podemos Galicia celebrou o sábado 11 de abril de 2026 pola mañá en Vigo o encontro “Servizos Públicos para coidar a vida”, centrado na análise, reflexión e debate sobre a situación actual da sanidade pública e do sistema de coidados na comunidade.

Tras a súa celebración, a organización alertou á cidadanía sobre o que cualifican como un “grave proceso de privatización e desmantelamento progresivo dos servizos públicos de coidados”, que está a afectar de maneira directa á calidade de vida das persoas máis vulnerables.

Neste contexto, salientaron como “especialmente preocupante” a situación nas residencias de maiores, onde aseguran que se están a detectar casos de persoas con patoloxías psiquiátricas que non contan cun seguimento axeitado da súa medicación.

Ademais, denunciaron a ocultación de incidencias e advertiron de que o persoal está a soportar “cargas de traballo inasumibles” sen os recursos necesarios para desenvolver o seu labor en condicións adecuadas.

Desde Podemos Galicia insisten na necesidade de atender esta situación e poñer freo ao deterioro dos servizos públicos de coidados.

Deja un comentario