Manifestación pola República

Hoxe, 14 de abril de 2024, Podemos Vigo celebramos o 93 aniversario da IIª República. Unha morea de viguesas e vigueses participamos hoxe, como cada 14 de abril, na manifestación pola República.

A marcha saíu ao redor do mediodía do cruzamento de Vía Norte con Urzaiz ata Porta do Sol.

A militancia de Podemos Vigo berramos con forza moitos de lemas da marcha como: Queremos República e loitaremos por ela, Referendo Xa, Monarquía e Capital, alianza criminal, Os borbóns son uns ladróns, Patriarcado e monarquía a mesma porquería…

O actor redondelán Alberto Rodríguez Cunha, Tatán, foi o encargado de ler o manifesto. O acto concluíu coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.

Vídeo Manifestación pola República (14/04/2024)

Deja un comentario