Remunicipalicemos a empresa de agua de Vigo e avancemos na remunicipalización de VITRASA.







RECUPEREMOS OS SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PRIVATIZADOS
A coalición Podemos – Marea de Vigo celebrarou hai días un Acto Público de Campaña, no Auditorio da ONCE, Gran Vía 16, coa presenza de Meli Vázquez Calleja, (Candidata número 2 de Podemos – Marea de Vigo), Eva Solla Fernández (Coordinadora Nacional de Esquerda Unida) e Rubén Pérez Correa (Candidato á Alcaldía de Vigo por Podemos – Marea de Vigo) e Carlos Sánchez Mato (Responsable de Economía de Izquierda Unida.
Carlos Sánchez Mato, foi concelleiro de Facenda no Concello de Madrid, durante o goberno de Manuela Carmena. Agora mesmo é asesor económico do Ministerio de Igualdade e é o responsable de política económica de Esquerda Unida Federal. Sánchez Mato é unha das persoas que máis traballou nos últimos anos por visualizar a posibilidade real de remunicipalizar servizos. Foi capaz de remunicipalizar numerosos servizos que foran privatizados, desde funerarias municipais ata aparcamentos privatizados que foron recuperados para o sector público e no acto puxemos en valor esa estratexia de realizar un retorno ao sector público de servizos externalizados.
Despois de moitos anos nos que se foron ampliando os servizos públicos de carácter municipal, e foise impoñendo a súa xestión indirecta a través de diversas fórmulas da mal chamada colaboración público-privada, a coalición Podemos- Marea de Vigo defende que os servizos públicos municipais deben volver a mans públicas. En definitiva, isto é o que significa a palabra remunicipalización. A coalición Podemos- Marea de Vigo pensa que a xestión de moitos servizos municipais de Vigo, que teñen fórmulas de xestión externalizada ou privatizada, deben recuperarse para o sector público. Desde Podemos-Marea de Vigo reivindicamos a eficacia da xestión pública.
Podemos – Marea de Vigo defende a necesidade de recuperar para o sector público a empresa de auga de Vigo e a necesidade de avanzar na remunicipalización de Vitrasa, porque coa actual situación das contas da facenda municipal viguesa é perfectamente posible.
Ademais no acto defendimos a necesidade de que exista unha verdadeira autonomía e suficiencia financeira no ámbito municipal. Desde Podemos – Marea de Vigo defendemos unha Lei de Bases de Réxime Local e unha lexislación en materia de facendas locais que dea ferramentas para incrementar a capacidade de financiamento do noso Concello. Ademais queremos incidir na necesidade de que sexa derrogada definitivamente a Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración Local do PP, aprobando unha nova normativa que conceda maior autonomía financeira ás entidades locais e ao propio Concello de Vigo. Por tanto pensamos que é necesario un sistema tributario local que se nutra de elementos de progresividade en base á capacidade económica dos contribuíntes e queremos que o noso Concello xere riqueza, vivenda alcanzable, sustentabilidade e autonomía como elementos vertebradores dunha democracia municipal100% real.
Desde Podemos – Marea de Vigo opinamos que remunicipalizar servizos e incrementar a suficiencia e autonomía financeira local pódese conseguir e simplemente fai falta vontade política e valentía para transformar o noso Concello.
Doutra banda Podemos – Marea de Vigo cremos que sería importante instar o Goberno de España a reforzar a participación das entidades locais nos ingresos do Estado garantindo que as transferencias do Estado aos concellos cumpran uns compromisos sobre a súa evolución e revisión permanente, evitando as importantes desviacións (a volatilidade dos resultados definitivos) que dan lugar a devolucións relevantes por parte dos municipios e están a deteriorar fortemente a suficiencia, autonomía financeira e capacidade orzamentaria dos concellos. En resumo, pensamos que hai que afrontar canto antes a derrogación da Lei 27/2013 sobre a Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, a famosa Lei Montoro, para alcanzar máis autonomía financeira no ámbito municipal e tomar todas as medidas necesarias que o noso concello poida ter maior autonomía e capacidade financeira.
