
Podemos – Marea de Vigo intensificaremos a nosa activade no tramo final de campaña para mobilizar ao electorado alternativo e de esquerda. Trasladaremos unha mensaxe nitida da necesidade de facer unha politca verdadeiramente de esquerda, poñendo o foco na vivenda, no emprego e na remunicipalización de servizos privatizados
Hoxe fixemos unha rolda de prensa na sede de Podemos Vigo, onde explicamos á opinión pública, como imos enfocar o traballo da nosa coalición os cinco días finais da campaña electoral. Cinco días que serán decisivos. Pensamos que noutros procesos electorais, no tramo final de campaña é cando o electorado se mobiliza, cando o electorado está realmente tensado, porén, nesta ocasión, chegamos a este traxecto final de campaña cunha situación que consideramos bastante atípica na secuencia histórica das eleccións municipais ao existir case un terzo, un de cada tres electores/as non posicionaron o seu voto, aínda que verbalizan que van ir votar.
Para a coalición Podemos – Marea de Vigo estas cinco xornadas de campaña electoral, estes cinco dias son absolutamente decisivos, e na nosa proposta de campaña, que estivemos trasladándoa durante todo o período de campaña no que nos reunimos con moitísimos colectivos sociais e asociacións veciñais, poñiamos o foco na necesidade de que “recuperemos Vigo”, sobre a necesidade de recuperar vellos debates, e abrir outros novos, mesmo debates que xa existen noutras cidades con respecto ao futuro do urbanismo, con respecto ao futuro da sustentabilidade, o futuro da planificación dos modelos de cidade, a cuestión da vivenda, da remunicipalización de servizos… Por iso nestes cinco días finais de campaña imos poñer exemplos concretos de que como se poden traballar as cuestións políticas que estivemos poñendo enriba da mesa durante toda a campaña. Hai un factor que nós queremos salientar, que é que temos un instrumento que é a Lei de Vivenda, que vai permitir aos Concellos, de maneira clara e meridiana, declarar as zonas tensionadas, onde se incrementan de maneira notable os alugueiros, e que por tanto vaise poder actuar limitando e topando o prezo dos alugueiros. O Partido Popular xa anunciou que tentará impedir a aplicación desta norma e que desde a Comunidade Autónoma de Galicia vai tentar boicotear esta Lei de Vivenda. Por tanto, consideramos que o Partido Popular de Vigo non está autorizado na nosa cidade para falar de vivenda, non só despois de non levar adiante políticas de construción de vivenda pública, senón tamén negándose a que exista un instrumento corrector, por primeira vez na historia da democracia española, que permita evitar eses incrementos desorbitados dos alugueiros. A nosa coalición Podemos – Marea de Vigo vai explicar que zonas de Vigo teñen ese carácter de zonas tensionadas, como se podería facer desde o Concello de Vigo, e como podería desenvolverse unha estratexia axeitada desde a área de urbanismo para concretar esas 4000 vivendas que a nosa coalición verbalizou que é posible poñer a disposición da cidadanía.
De todas maneiras tamén imos introducir nesta semana final de campaña a necesidade de remunicipalizar servizos privatizados, e sobre todo como hai que afrontar esas remunicipalizacións. Cales son os mecanismos, cales son os procedementos que un concello ten que seguir para que teñamos unha empresa de servizos que se encargue por exemplo do asfaltado, explicaremos mecanismos para evitar a xestión desastrosa do transporte urbano en Vigo, e como avanzar cara á remunicipalización de Vitrasa, e así con todos o servizo privatizados ou externalizados. Estamos convencidos que os servizos públicos remunicipalizados funcionan moito mellor e ademais elimínanse sobrecustos.
Tamén falaremos de como pode executarse un orzamento. Como é posible que o actual goberno de Abel Caballero deixe sen executar partidas de investimentos de máis do 70 – 80%? E sobre todo incidiremos tamén na falta de execución do capítulo 1, as partidas destinadas a financiar o emprego público municipal.
Poñeremos ao conxunto da militancia de todos os espazos que confluímos na coalición a traballar intensamente desde agora. Xa temos unha extensión de actos de diferentes formatos, actos grandes, actos máis pequenos e microactos que iremos desenvolvendo durante a campaña. Así mesmo teremos encontros cos movementos sociais e coas organizacións sindicais. Teremos un encontro con CC.OO.
Tamén estará Pablo Fernández voceiro de Podemos, que estará o 25 de maio. Por todo o exposto cremos humildemente que imos conseguir mobilizar ao electorado de esquerda e verdadeiramente progresista que existe na nosa cidade.
