AXENDA 25 de maio:

📢Podemos – Marea de Vigo informan:📣

📕PREVISIÓN DE ACTOS DO XOVES 25 DE MAIO 🗓

⏰11:00 a 13:00 h. / 17:00 a 19:00 h.- As persoas integrantes da candidatura, xunto ao equipo de campaña e a militancia dos diversos espazos que conflúen na coalición Podemos-Marea de Vigo estaremos repartindo folletos e propaganda electoral na zona Centro e Casco Vello.

⏰18:00 h.- ACTO PÚBLICO: Implementación da Lei Estatal de Vivenda no noso Concello. Intervirán:
Meli Vázquez, (candidata nº 2 pola Coalición Podemos-Marea de Vigo), Rubén Pérez (Candidato á Alcaldía de Vigo por Podemos-Marea de Vigo), Borja San Ramón (Secretario Xeral de Podemos Galicia) e Pablo Fernández (Voceiro Estatal de Podemos).

⏰20:00 h.- ACTO PÚBLICO: Encontro coa veciñanza da Zona Centro e Casco Vello. Rubén Pérez, Meli Vázquez e o resto de persoas integrantes da candidatura de Podemos – Marea de Vigo, xunto ao equipo de campaña e a militancia dos espazos que conformamos a coalición, participaremos nun encontro coa veciñanza da Zona Centro e Casco Vello.

🎤✏️Gabinete de Comunicación de Podemos – Marea de Vigo. 🎙

Deja un comentario