O movemento popular cambiou o rumbo deste país. Sen o 15M non se rompería o bipartidismo, sen a loita das pensionistas viguesas, as feministas, as mulleres sindicalistas da nosa cidade non se concretaría o pulo dunha alternativa municipalista e transformadora. Os movementos da sociedade civil son fundamentais para avanzar nos dereitos sociais e afondar na democracia da nosa cidade.
Ao longo deste tempo, Podemos Vigo está demostrando ser unha ferramenta de canalización das demandas da sociedade civil viguesa, transmitindo a necesidade de artellar o noso labor político desde o punto de vista social, así como manter unha posición claramente independente.
Nesta nova etapa, crecer supón tamén seguir consolidando a nosa relación coa sociedade civil no noso municipio e demostrando que a esencia de Podemos Vigo é a defensa da xustiza social, o feminismo, o ecoloxismo, e a loita dos de abaixo. Seguir apostando polo movemento popular é garantir que as decisións que as persoas toman sobre a súa vida a través da participación tamén se reflictan nas institucións. Por iso, a nosa tarefa é clave en dúas vertentes: por unha banda, esixe que a nosa organización política profundice nesa permeabilidade, tecendo novas alianzas coa sociedade civil, a cultura urbana ou o mundo veciñal, e, por outra banda, profundizando nesta permeabilidade permanente. Para Podemos Vigo é moi importante a conexión do Partido co tecido asociativo cidadán.
ÚNETE A PODEMOS VIGO:
VISITA A NOSA SEDE EN:
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. Vigo.
Contacta:
Correo electrónico: vigo@circulospodemos.info
PODEMOS VIGO: Teléfonos:
696983948 / 604008371 / 682164333
https://galicia.podemos.info/