Acto de Podemos Vigo sobre decrecemento.

Onte domingo 26 de novembro tivo lugar na sede de Podemos Vigo unha palestra baixo o título: Decrecemento: respostas a unha crise económica e climática.

Na palestra tratáronse moitas cuestións relacionadas coa teoría decrecentista. A palestra foi presentada por Meli Vázquez, voceira de Podemos Vigo.

Falaron: Manuel Casal Lodeiro (Coordinador do Instituto Resiliencia), Mario Martínez Lorenzo (Membro de Diñeiro Positivo e economista autodidacta) e Charo Varela (Representante do Colectivo Rexurdir Galicia).

Nas súas intervencións trataron cuestións relacionadas coas teorías económicas decrecentista. Fixeron alunsión a algúns dos enfoques económicos decrecentistas que propoñen un cambio radical no xeito de entender a economía. Esta teoría baséase na premisa de que o crecemento económico infinito é insostible nun mundo finito, e procura establecer unha economía que satisfaga as necesidades humanas sen comprometer os límites ecolóxicos do planeta.

As claves políticas da teoría decrecentista céntranse na necesidade de transformar os sistemas políticos e establecer unha maior participación cidadá na toma de decisións. Búscase promover a democracia participativa e descentralizada, onde as comunidades locais teñan un papel activo na planificación e gobernanza económica.

En canto ás claves económicas, o enfoque decrecentista propón cambios na maneira en que medimos e valoramos o progreso económico. Cuéstionase o concepto tradicional do Produto Interno Bruto (PIB) como indicador principal de benestar, e búscase incorporar medidas máis holísticas que teñan en conta aspectos sociais e ambientais. Algún dos Intervintes fixo referencia a outros índices como o índice Gini. O índice Gini é unha medida da desigualdade ideada polo estatístico italiano Corrado Gini. ​ Normalmente utilízase para medir a desigualdade nos ingresos, dentro dun país, porén pode utilizarse para medir calquera forma de distribución desigual. Tamén falou do Índice da Felicidade Nacional Bruta (FNB) de Bután que ten como referencia outros indicadores para valorar o progreso do país. O índice de FNB inclúe nove áreas ás que atender para medir o desenvolvemento do país, aínda que adoitan resumirse en catro obxectivos: benestar económico, saúde, educación e diversidade e resiliencia ecolóxica.

Ademais, na palestra falouse da necesidade de de promover unha reorientación da economía cara á produción local, o fomento da economía colaborativa e solidaria, e a redución do consumo desmedido ou o uso de enerxías alternativas e non contaminantes.

Desde unha perspectiva social, falouse da necesidade de repensar os nosos estilos de vida e priorizar a satisfacción de necesidades básicas da poboación fronte a acumulación de bens materiais. A necesidade de promover a equidade social, reducir as desigualdades e garantir o acceso universal a servizos básicos como educación, saúde e vivenda.

Outro dos participantes na palestra falou do capitalismo financeiro é dixo que a diferenza do capitalismo industrial baséase na acumulación de capital a través de supostos mecanismos de investimento, que en realidade procuran a obtención de ganancias a través da creación ficticia de diñeiro, a especulación e a débeda. Nos actuais sistemas financeiros, o diñeiro ficticio xérase a través da creación de débeda empregando tamén a especulación financeira.

A débeda é unha ferramenta utilizada polas institucións financeiras para xerar diñeiro virtual que non está apoiado por activos reais. Isto lógrase ao prestar diñeiro a individuos, empresas ou mesmo a gobernos, coa expectativa de que se devolva con xuros. A medida que a débeda se acumula, o diñeiro ficticio xérase e circula na economía.

A especulación financeira é outro aspecto clave do capitalismo financeiro. Implica a compra e venda de activos financeiros, como accións, bonos ou derivados, co obxectivo de obter ganancias a través dos cambios nos seus prezos. A especulación financeira crea un ambiente propicio para a xeración de diñeiro ficticio, xa que implica transaccións baseadas en expectativas e prognósticos de futuros movementos de prezos.

Outros dos aspectos tratados na palestra foi a relación entre o capitalismo financeiro e as teorías económicas do decrecemento. O decrecemento é un enfoque económico que cuestiona o crecemento económico ilimitado e propón reducir o consumo e a produción para alcanzar un equilibrio real e harmónico co medio ambiente e unha mellor calidade de vida da humanidade. Desde esta perspectiva, o capitalismo financeiro e o diñeiro ficticio xerado pola débeda e a especulación son vistos como elementos que contribúen a un modelo económico irracional, xerador de inxustizas sociais, antidemocrático e destructor do medioambiente.

Argumentouse que o sistema financeiro actual promove a sobreexplotación dos recursos naturais, a desigualdade socioeconómica e a concentración de poder en mans dunhas poucas institucións financeiras. Algúns dos participantes falaron das propostas do decrecemento en relación a posibles alternativas que abranguerían dende unha reestruturación radical do sistema financeiro ata a eliminación da especulación financeira e a débeda, e a promoción de medidas que fomenten a redistribución da riqueza e a equidade. En resumo, chegouse a conclusión de que o capitalismo financeiro baséase na xeración de diñeiro ficticio a través da débeda e a especulación.

Finalmente, en canto ás claves ecolóxicas, defendeuse que a teoría decrecentista pon énfase na necesidade de preservar e rexenerar os ecosistemas naturais. Proponse unha transición cara a unha economía máis resiliente, que reduza a pegada ecolóxica e fomente a utilización de enerxías renovables. Avogouse pola protección da biodiversidade, a xestión responsable dos recursos naturais e a adopción de prácticas agrícolas e de produción máis sostibles.

En resumo, as claves políticas, económicas, financeiras, sociais e ecolóxicas da teoría decrecentista procuran cuestionar os paradigmas dominantes de crecemento económico e promover unha visión alternativa baseada na resiliencia, o uso racional dos recursos, o consumo responsable, a equidade e a participación democrática.

Son propostas que convidan a repensar a nosa relación coa economía e a contorna natural, procurando un modelo máis xusto e racional que garanta o futuro do planeta e das xeracións presentes e futuras.

Toda a militancia asistente ao acto quedou moi satisfeita pola calidade das palestras e tamén polo interesante debate posterior.

Dende Podemos Vigo continuaremos realizando máis palestras e eventos como o celebrado onte domingo 26 de novembro na nosa sede.

Deja un comentario