ENCONTRO MILITANTE

Encontro militante para achegar ideas para a campaña electoral das eleccións autonómicas de 2024

Na próxima campaña electoral das eleccións autónomas de 2024, é fundamental a participación da militancia de Podemos Vigo e todos os círculos da Provincia de Pontevedra.

É moi importante este encontro de militantes para reunir ideas e propostas que reflictan as as achegas da nosa militancia que está en contacto con diferentes realidades sociais. Este tipo de reunións pode xogar un papel fundamental na formulación do futuro programa electoral de Podemos Galicia.

Durante este encontro, a militancia pode abordar temas clave que afectan a nosa estratexia de alianzas, o deseño de propostas programáticas, a preparación da nosa engrenaxe electoral na provincia e outras cuestións importantes para o noso bo desempeño nas vindeiras eleccións galegas de 2024.

É fundamental fomentar un diálogo aberto e constructivo entre o conxunto da militancia, de xeito que se poidan explorar diversas perspectivas e considerar unha variedade de enfoques para resolver os desafíos que enfronta Podemos Galicia.

Neste encontro poden participar todas as militantes de Podemos de toda a provincia de Pontevedra.

ENCONTRO MILITANTE

Encontro militante de Podemos Galicia en Vigo

🗓 Data: mércores 27 de decembro de 2023

Hora: 19:00 horas

🏠 Lugar: Sede de Podemos Vigo. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Deja un comentario