
Hoxe Podemos Vigo participou nunha concentración no Hospital Álvaro Cunqueiro en solidariedade co pobo palestino e para denunciar a situación dos sanitarios e as infraestructuras sanitarias na Franxa de Gaza.
Podemos Vigo participou activamente na concentración en solidariedade co pobo palestino. Na manifestación convocada polas entidades: Mar de Lumes, Asociación Galaico-Árabe Junín, BDS e Galiza por Palestina denunciouse a situación provocada polo xenocidio levado adiante polo goberno sionista de Benjamín Netanyahu e a destrución sistemática das infraestructuras sanitarias na Franxa de Gaza.
Podemos Vigo seguirá participando neste tipo de accións de denuncia pública, porque consideramos que a mobilización cidadá é fundamental para concienciar á sociedades civil galega sobre a situación da poboación palestina. O pobo palestino está a sofrer ataques aéreos israelís indiscriminados contra zonas civís densamente poboadas -que destrúen vivendas, hospitais, escolas, ambulancias, campos de refuxiados e medios de comunicación, ataques que mataron a miles de persoas.
Ademais a falta de acceso á atención médica axeitada é unha realidade que afecta a moitas persoas. A limitada dispoñibilidade de recursos, a destrución de hospitais e centros de saúde e as restricións de movemento impostas dificultan a atención médica oportuna e de calidade. Isto ten un impacto devastador na poboación palestina, especialmente naqueles que padecen doenzas crónicas ou requiren tratamentos especializados. Ademais os ataques indiscriminados e os bombardeos ás instalacións sanitarias están facendo estragos no esmagado sistema sanitario palestino.
Podemos Vigo seguirá participando activamente en concentracións e manifestacións en solidariedade co pobo palestino.




