Podemos anuncia un roteiro en defensa da memoria democrática

* Lucía Parro Pantoja

A campaña culminará en Bruxelas coa entrega dunha carta ás autoridades europeas alertando sobre os ataques á memoria democrática por parte da dereita e a ultradereita en España

—————————————————————————————————————————————————-

Nun esforzo por contrarrestar os ataques contra a memoria democrática en España, Podemos anunciou o lanzamento dun roteiro en colaboración con diversas organizacións e asociacións. A voceira Isa Serra presentou esta iniciativa en resposta aos constantes ataques provenientes do Partido Popular e Vox, tanto a nivel estatal como autonómico, contra a lei de memoria e as leis autonómicas relacionadas.

«Este roteiro é unha campaña que estamos a desenvolver en defensa da memoria democrática no noso país, precisamente fronte aos ataques da dereita e a extrema dereita», afirmou Serra durante a presentación.

A campaña, que se desenvolverá en conxunto con asociacións en defensa da memoria, culminará o 10 de abril en Bruxelas, onde se entregará unha carta ao Comisario Europeo de Xustiza e á Comisaria de Valores e Transparencia. Esta carta ten como obxectivo alertar sobre os ataques sistemáticos que enfronta a memoria democrática en España.

Serra salientou que “aínda que se deron pasos importantes na lexislatura pasada en defensa da verdade, a xustiza e a reparación en materia de memoria democrática, aínda queda moito por facer”. Podemos reafirma o seu compromiso de seguir avanzando neste ámbito e facer fronte aos intentos de manipulación histórica por parte de sectores políticos contrarios á memoria democrática do país.

Noticia publicada en Diario Red baixo o título: Podemos anuncia una ruta en defensa de la memoria democrática. (Tradución ao galego: Óscar Lomba)

* Lucía Parro Pantoja é politóloga

Deja un comentario