É a campaña de publicidade máis vella do mundo. Está tan presente no noso día a día, que xa nin nos decatamos. Repítennola tanto e con tantos medios, que conseguiron que moita xente acredite.
Miles de persoas son asasinadas cada día en Gaza. Así é a vida.
O Mediterráneo é unha fosa común para quen busca un futuro mellor. Así é a vida.
Os ricos son cada vez máis ricos e cada vez máis xente que sofre para chegar a fin de mes. Así é a vida.
Pero nós demostramos que as cousas poden cambiar. Por iso, en Podemos temos claro que a nosa capacidade de transformación ten que chegar a Europa da man dun proxecto valente que aposte pola paz, polo feminismo, pola xustiza social, polo antirracismo e polo ecoloxismo.
Necesitamos levar ao Parlamento Europeo a voz de Irene Montero e de todas as que lle acompañan neste camiño porque é a voz da xente que non espera a que as cousas pasen, senón que fan que as cousas pasen. Porque non estamos aquí para aceptar que así é a vida. Estamos aquí para que a vida sexa.
Únete á campaña en redes sociais utilizando o HT #AsíEsLaVida e os materiais dispoñibles neste cartafol: http://bit.ly/3PvVtF1. Non te esquezas de engadir a ligazón para a resolución da campaña entrando en https://podemos.info/asieslavida/.
Nas próximas eleccións europeas de xuño, SI SE PODE!
Contacta con Podemos Vigo e únete a campaña!
Visita: https://podemos.info/asieslavida/

