Onte, xoves 21 de marzo de 2024, Podemos Vigo demostrou unha vez máis o seu compromiso coa causa Palestina e a súa posición firme de loita organizada contra a violencia machista e polo desmantelamento de estruturas patriarcais.
A defensa da interseccionalidade dos movementos de xustiza social é un piar fundamental para Podemos Vigo, xa que recoñece a interconexión de diferentes formas de opresión e a importancia de abordalas de maneira colectiva. Esta postura integra unha posición ideolóxica específica dentro do contexto máis amplo do activismo político e social, e serve como unha poderosa declaración de valores e principios que guían as accións e loitas do noso partido-movemento.
A coherencia e a determinación das mulleres, homes e persoas non-binarias de Podemos Vigo maniféstase na defensa destes ideais son características distintivas que marcan a esencia de Podemos Vigo, consolidando o seu rol como un actor relevante, na nosa cidade e arredores, na promoción da xustiza social e a equidade.










