
O candidato de Vigo, Óscar Lomba Álvarez, impartiu unha palestra no Ateneo de Madrid o pasado 23 de maio.
O pasado 23 de maio o candidato de Podemos Vigo ás Eleccións Europeas estivo no Ateneo de Madrid e falou das Eleccións Europeas 2024 e da importancia da política supranacional. Lomba afirmou que a Unión Europea enfronta unha morea de desafíos que requiren un enfoque realmente transformador para promover unha verdadeira xustiza social. Afirmou que é necesario desenvolver reglamentos e directivas que promovan a igualdade de xénero. Normas que defendan os dereitos LGTBI+, a xustiza climática, a transición enerxética e a loita contra o cambio climático. Europa debe desenvolver políticas antirracistas e de defensa das persoas migrantes.
Tamén falou da necesidade da redistribución da riqueza, da loita contra a violencia de xénero, da educación inclusiva e as políticas antidiscriminatorias. Ademais fixo referencia a necesidade dunha transición enerxética xusta, da economía circular e do ben común e doutras moitas cuestións. Lomba salientou a necesidade de que a UE combata o militarismo, fortaleza a diplomacia e reduza o gasto militar. Só así, Europa será inclusiva e sostible, defendendo os dereitos de todas as persoas e liderando os dereitos humanos, a xustiza e a solidariedade internacional.








