
O pasado sábado 25 de maio de 2024, Podemos celebrou a nosa tradicional Festa da Primavera, un evento anual que nesta ocasión cobrou especial relevancia ao desenvolverse o mitin central de campaña de Podemos e da nosa candidatura ás eleccións europeas de 2024.
A celebración tivo lugar no Auditorio das Trece Rosas, situado no barrio de Santa Eugenia na Vila de Vallecas, Madrid. Este emprazamento foi seleccionado deliberadamente pola súa carga simbólica, ao evocar a loita antifranquista e a memoria histórica, en particular a das trece rapazas republicanas fusiladas en agosto de 1939, tras a Guerra Civil.
O evento congregou a numerosos militantes e simpatizantes do noso partido, quen puidemos gozar dun ambiente festivo e participativo. Entre as oradoras podemos salientar a Irene Montero, Ione Belarra, Isa Serra, Pablo Fernández, Mar Cambrollé que compartiron escenario con outros compañeiros e compañeiras de Podemos e Alianza Verde. As intervencións centráronse en temas clave da campaña europea, facendo fincapé na importancia dos dereitos sociais e a loita contra as inxustizas.
A candidata ás eleccións europeas, Irene Montero, salientou no seu discurso a necesidade de reforzar a presenza de Podemos no Parlamento Europeo para seguir defendendo os dereitos da cidadanía e construír unha Europa máis xusta e igualitaria. Montero e Belarra subliñaron a importancia da unidade e o compromiso colectivo para enfrontar os desafíos actuais, mentres que Cambrollé resaltou a loita polos dereitos LGTBIQ+ como unha prioridade do partido.
A elección do Auditorio das Trece Rosas non foi casual. Este lugar rende homenaxe ás rapazas republicanas executadas en 1939 e simboliza o compromiso de Podemos coa memoria histórica e a xustiza social.
O mitin concluíu cun ambiente de entusiasmo e esperanza, coa militancia comprometida en levar a mensaxe de Podemos a todos os recantos do Estado español. A Festas da Primavera de Podemos de 2024 non só reafirmaron os valores do partido, senón que tamén serviron como un punto de encontro e celebración para toda a militancia que loita por un mundo máis xusto e solidario.
Na Festa da Primavera 2024 estivo unha representación de Podemos Vigo que participou activamente no evento.










