Industria para a paz

Comunicado de Prensa de Podemos Vigo

Podemos Vigo quere unha Transición Cara a unha Produción Naval Sostible e Pacífica

* Introducción

Podemos Vigo presentará un conxunto de medidas específicas na Unión Europea, para transformar as actividades das empresas viguesas e galegas relacionadas coa venda de armas, especialmente no sector dos estaleiros e a construción naval. Óscar Lomba, candidato número 24 da lista de Podemos e membro de Podemos Vigo, comprométese a defender estas iniciativas no próximo Parlamento Europeo.

1. Transición Cara á Produción Sostible e Civil

Diversificación e mellora das instalacións dos Estaleiros: Promoverenos a diversificación da produción nos estaleiros de Vigo cara a sectores civís e sostibles. Isto incluirá a construción de barcos para enerxías renovables, buques de investigación científica, buques de pesca sostible e embarcacións para o transporte público ecolóxico.

Subvencións e Financiamento Europea: Solicitaremos fondos europeos para apoiar esta transición da produción militar á civil. Isto abranguerá subvencións e créditos brandos para a modernización de instalacións e a formación das traballadoras e traballadores en novas tecnoloxías e novos procesos produtivos.

2. Promoción da Transparencia e Responsabilidade Empresarial

– Regulación e Transparencia: impulsaremos propostas lexislativas europeas que obriguen ás empresas do sector naval a ser transparentes sobre os seus contratos e relacións comerciais, especialmente aqueles relacionados coa produción de armamento.

– Código de Conduta Empresarial: Desenvolvemento dun código de conduta para as empresas do sector naval en Galicia e no conxunto da U.E. que fomente prácticas responsables e éticas, prohibindo a participación na fabricación e venda de armas.

3. Fomento da Innovación, desenvolvemento e a Investigación tecnolóxica (I+D+i)

– Incentivos para a Investigación e Desenvolvemento (I+D+i): Establecemento de incentivos para proxectos de I + D + i en tecnoloxías navais sostibles e seguras, fomentando a colaboración con universidades de Vigo, A Coruña e Compostela e centros de investigación galegos e europeos.

– Creación dun Centro de Innovación Naval Sostible: Proposta para a creación dun centro de innovación galego dedicado á investigación en tecnoloxías navais sostibles e non militares, servindo como plataforma de colaboración entre empresas, investigadores e entidades públicas.

4. Campañas de Sensibilización e Educación

– Concienciación sobre a Industria de Armamento: Lanzamento de campañas de sensibilización dirixidas á cidadanía viguesa, galega, europea e ás empresas sobre os impactos negativos da produción e comercio de armas, promovendo unha cultura de paz e responsabilidade social.

– Formación en Ética Empresarial: Ofrecemento de programas de formación en ética empresarial e responsabilidade social para os directivos e empregados do sector naval, destacando a importancia de orientarse cara á produción sostible e pacífica.

5. Establecemento de Alianzas Internacionais

– Redes de Cidades pola Paz: Participación en redes e alianzas de cidades comprometidas coa paz e a sustentabilidade, compartindo boas prácticas e apoiando iniciativas conxuntas a nivel europeo.

– Colaboración con Ong e Organismos Internacionais: Colaboración con Ong e organismos internacionais que promovan a paz e o desarmamento, apoiando proxectos e campañas que aliñen as actividades locais cos obxectivos globais de paz e seguridade.

Estas medidas, apoiadas por Óscar Lomba co respaldo de Podemos e doutras forzas políticas representadas no Parlamento Europeo, buscan transformar significativamente a industria naval local cara a unha produción máis ética e sostible, promovendo ao mesmo tempo a paz e a seguridade a nivel galego e internacional.

Secretaría de Comucación de Podemos Vigo.

Vigo, 28 de maio de 2024

Deja un comentario