
INTERVENCIÓN DE PABLO IGLESIAS
(Tradución ao galego: Alberte Cid García)
Mesa de Xeopolítica na Festa da Primavera 2024 de Podemos.
Boa tarde a todos e todas. Grazas por estar aquí hoxe. Querería comezar falando da democracia en Europa.
A democracia non é unha ideoloxía nin tampouco un mínimo común denominar, no sentido de que sexa unha sorte de consenso social. É unha correlación de forzas. É probable que a correlación de forzas máis favorable ás maiorías sociais na medida en que nunha democracia por moi imperfecta que sexa hai unha serie de dereitos civís, mesmo ás veces algúns dereitos sociais, que en xeral favorecen que as mayorias sociais teñan algunha posibilidade de disputar o poder que sempre está en mans de minorías, de elites e oligarquías. Se hai democracia en teoría un pode votar nunhas eleccións, incluso un pode organizar un partido político, pode reunirse, pode manifestarse, mesmo se ten cartos pode abrir un xornal, e por iso suponse que hai un estado de dereito, que fai que ninguén, nin sequera os poderosos, as elites económicas e resto de poderes fácticos, estean por riba da lei.
Porén que quere dicir que a democracia é unha correlación de forzas? Pois que se os resultados das eleccións en democracia afectan os intereses das elites e as oligarquías, entón a democracia ponse en cuestión. Se observamos o exemplo chileno, en Chile houbo democracia ata que a democracia produciu como resultado que Salvador Allende fose presidente da República. Entón, a partir de aí hai toda unha trama, inicialmente non militar, unha trama civil na que está o principal medio de comunicación da dereita, “El Mercurio”; na que está a dereita política, porén tamén a democracia cristiá, no que están os grandes sectores do empresariado, no que conspira os Estados Unidos a través do financiamento do que terminaría sendo un golpe de estado, e finalmente están os militares.
Que quere dicir isto? Que se a democracia produce resultados que afectan ás elites, entón acabouse a democracia. Isto non simplemente é un exemplo histórico en Chile. Esto pasa en todas partes. A exclusión histórica de determinadas forzas políticas nos gobernos de Europa é un exemplo de que democracia si, sempre que os vermellos non gobernen. A experiencia chilena levou aos comunistas italianos do PCI a chegar á conclusión de que tiñan que pactar coa democracia cristiá e aceptar a OTAN para ter algunha posibilidade de chegar ao consello de ministros e nin aínda así puideron chegar. En tempos máis recentes, lembrade o que implicaba que unha forza política como Podemos chegase al goberno. Ou cando se dicía, bo se chega Podemos ao goberno non poderán ter ministerios de Estado porque os ministerios de Estado soamente poden estar ocupados por figuras afíns ou próximas ás oligarquías e as elites económicas dominantes e demais sectores que dominan os resortes do poder real. O Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-León, José Luis Concepción, chegou a afirmar, sen recibir ningún tipo de sanción por iso, que o goberno de España non era lexitimo porque había un vicepresidente comunista no goberno de España.
Isto que quere dicir? Que a democracia non é un consenso. É unha correlación de forzas que se produce resultados que poden alterar esa correlación de forzas… vénse abaixo. A partir de aí eu creo que soamente unha forza política en España atreveuse a dicir cousas que se supón que non se podian dicir, en base aos consensos democráticos. Dicir algo tan sinxelo que se a esquerda non ten poder mediático a esquerda non ten ningunha posibilidade, porque os medios de comunicación nunca xamais foron independentes. Na Transición democrática tampouco. O diario El PAÍS non era un medio de comunicación independente na Transición. A dinámica corporativa de control das grandes empresas dos medios de comunicación non era libre na Transcición.
Na transición aparecía a xornalista María Victoria Prego entrevistando a Adolfo Suárez, e cando se trataba de falar de por que non facíase un referendo monarquía-república, quitábase o micrófono [Suárez] para dicirlle fóra de micro a [Vitoria Prego] [off the récord]: “Isto non se pode contar pois se fixésemos un referendo perderiámolo”. En España a dereita sempre tivo perfectamente claro que tiñan que controlar os principais grupos mediáticos. En España, por exemplo, a Conferencia Episcopal ten unha cadea de radio e unha estación de televisión. E os sindicatos nunca expuxeron a posibilidade de que puidesen ter un xornal, unha radio ou unha televisión que fose propiedade dos propios sindicatos. Os ricos, as elites dominantes, os poderosos teñen universidades, teñen o control da educación e teñen a propiedade dos grandes medios de comunicación.
Pensades que un xornalistas pode escribir contra o interese dos accionistas que financian o seu medio de comunicación? E do mesmo xeito que a correlación mediática de forzas é condición de posibilidade do éxito político, espazos políticos como a xudicatura, como as elites do exercito e das forzas e corpos de seguridade do Estado son condición de posibilidade para ter éxito. Que esquerda en España foi quen de dicir que mentres a dereita domine o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) será imposible levar a cabo calquera proxecto político transformador neste país?.
A dereita ten moi claro que ten que controlar o poder xudicial, porque sen controlar o poder xudicial non poderían levar a cabo o seu proxecto político. Vémolo na ofensiva política dos xuíces, vémolo na batalla xudicial ou Lawfare, pero vémolo en dinámicas de bloqueo absolutamente golpistas. Que esquerda foi quen de dicir que en España fai falta xente verdadeiramente de esquerdas no exército, na policía e na garda civil?
E ter que recibir insultos das esquerdas clásicas que dicían: “Non!. A xente de esquerda non pode asumir que hai que dar tamén o combate nas institucións do estado”. A esquerda que se atreveu a dicir todas estas cousas valentes, foi Podemos. Podemos chegou afirmar que hai corrupción no xornalismo, hai corrupción nas elites policiais das cloacas do estado, hai corrupción nas elites económicas deste país e hai que dar a disputa política tamén nese espazo, porque a democracia non é soamente presentarse ás eleccións cada 4 anos.
A democracia é tamén que xente de clase traballadora poida chegar a ser fiscal ou chegar a ser maxistrado-xuíz. democracia tamén é que xentes de clase traballadora e con ideas de esquerda poida ser un alto mando do exercito ou poida ser un mando policial ou da Garda Civil. E iso porque se iso non pasa, aínda que teñamos os votos suficientes, aínda que teñamos os votos para chegar ao goberno, no momento en que gañas as eleccións e chegas ao goberno…o poder ser fai valer. O poder mediático faise valer. Os grandes corruptos en España teñen carné de xornalista e son capaces de impoñer o medo e os seus compañeiros non se atreven a denunciar a corrupción evidente.
Como é posible que ningún medio de comunicación se atreva a difundir os audios nos que escoitamos ao director da Sexta televisión conspirar co comisario Villarejo, Mauricio Casals e cun xefe de unidades antiterrosristas? Como é posible que ata o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez estea aterrorizado ante Ferreras e que diga que ten medo que ataquen á súa muller despois de escoitar os audios nos que o xornalista da Sexta TV Antonio García Ferreras, conspira contra a muller de Pedro Sánchez e estenda a trola dos inexistentes prostibulos do pai de Begoña Gómez [muller de Pedro Sánchez]? E como é posible que malia de todo isto, Pedro Sánchez conceda unha entrevista a Ferreras? Hai democracia cando o presidente do goberno ten medo a Ferreras? Hai democracia cando o presidente do goberno de España non se atreve a cambiar a lei para evitar que a dereita siga controlando o Consello Xeral do Poder Xudicial?.
Por iso estas eleccións europeas de 2024 son tan importantes. Porque fai falta unha esquerda transformadora e valente que sinale onde está o poder e que estea disposta a disputar o poder en todos eses terreos. No terreo mediático, que é un terreo ideolóxico, e tamén no terreo do estado. Por iso tiñan medo a Podemos, por iso querían destruír a Podemos, por iso necesitaban unha esquerda cómoda e domesticada, como Sumar, coa que poder gobernar. E iso porque Podemos dixo sempre que nós estabamos aquí para disputar o poder.



