
Comunicado de Prensa
Podemos Vigo Impulsará Melloras en Infraestruturas e Conectividade
Podemos Vigo anuncia a súa aposta firme pola mellora das infraestruturas e a conectividade na cidade, con propostas clave para o transporte público e as infraestruturas estratéxicas. Estas iniciativas buscan fomentar un crecemento sostible e fortalecer a conexión de Vigo co resto de Galicia e Europa.
Podemos Vigo anuncia a súa aposta firme pola mellora das infraestruturas e a conectividade na cidade, con propostas clave para o transporte público e as infraestruturas estratéxicas. Estas iniciativas buscan fomentar un crecemento sostible e fortalecer a conexión de Vigo co resto de Galicia e Europa.
Óscar Lomba Álvarez, candidato de Podemos Vigo ao Parlamento Europeo, salientou a importancia de investir en transporte público eficiente e sostible. “A nosa prioridade é transformar o sistema de transporte para facelo máis accesible, ecolóxico e eficaz. Queremos que Vigo sexa un exemplo de mobilidade urbana sostible, co obxectivo de reducir a contaminación e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, declarou Lomba.
Dentro deste plan, Podemos Vigo impulsará as medidas oportunas para obrigar ás localidades con máis de 50.000 habitantes e ás empresas con máis de 100 empregados a establecer plans de mobilidade que inclúan rutas, acceso e transporte alternativo ao coche privado, como o transporte público e a bicicleta, así como formación en mobilidade sostible. Os plans de ordenación do territorio deberán axeitar as infraestruturas e a frecuencia e calidade do transporte público para facer posible e xusta esta nova mobilidade, asegurando a participación cidadá.
Ademais, Podemos promoverá, en colaboración coas administracións competentes dos Estados, a creación dunha tarxeta europea de transporte que dará acceso gratuíto a transportes colectivos de ámbitos urbano e metropolitano, comarcal, entre illas e provincial. Ao mesmo tempo, a UE apoiará un aumento da calidade e frecuencia destes transportes.
Tamén inclúese a modernización do porto de Vigo e melloras na rede de estradas e ferrocarrís. “As infraestruturas estratéxicas son claves para o futuro da nosa cidade. Apostamos por unha Vigo ben conectado, que sexa un punto de referencia para o comercio e o turismo sostible”, engadiu Lomba.
Podemos Vigo reafirma así o seu compromiso coa mellora continua das infraestruturas e a conectividade, coa vista posta nun futuro sostible e próspero para todos as viguesas e vigueses.
Vigo, 31 de maio de 2024



