Soberanía alimentaria para Galicia

Comunicado de Prensa de Podemos Vigo: Propostas para unha Soberanía Alimentaria Galega

Óscar Lomba presentou hoxe as medidas de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024

O candidato vigués de Podemos, Óscar Lomba, presentou hoxe na sede de Podemos Vigo o capítulo 14 do programa de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024. As propostas centradas na soberanía alimentaria buscan fortalecer sectores clave da economía galega, como o sector naval, pesqueiro e conserveiro, así como impulsar a economía rural e agrícola na provincia de Pontevedra e en toda Galicia.

Resumo das Propostas principais:

  1. PAC adaptada ás necesidades galegas: A Política Agrícola Común (PAC) priorizará os pequenos e medianos produtores galegos, eliminando os dereitos históricos que favorecen un reparto inxusto. Ademais, establecerase un límite máximo para as axudas por explotación e axudas complementarias para mulleres e mozos/as, reforzando a condicionalidade ambiental e laboral.
  2. Lei da Cadea Alimentaria: Defenderase a aprobación dunha directiva marco que regule a cadea alimentaria, protexendo o sector primario galego fronte ás prácticas abusivas dos grandes operadores. Prohibirase a venda a perdas e a «venda a resultas», garantindo prezos sostibles para os produtores galegos.
  3. Plan de axudas para zonas con limitacións naturais: Entre 2023 e 2027, destinaranse fondos específicos para apoiar as zonas rurais con limitacións naturais en Galicia, co fin de evitar a «uberización» do campo e asegurar a viabilidade das pequenas e medianas explotacións.
  4. Moratoria a novas macroexplotacións: Impulsarase unha moratoria indefinida para a apertura de novas macroexplotacións e a compra de terras fértiles por fondos de investimento e grandes corporacións, protexendo así a agricultura familiar e sostible galega.
  5. Plan de emerxencia para a seca: A UE non deixará caer ningunha explotación galega afectada pola seca ou outros desastres naturais, excluíndo destas axudas ás macroexplotacións. Proporase tamén un control das importacións que afecten negativamente os prezos das producións autóctonas.
  6. Protección de cultivos e variedades tradicionais: Promoverase a protección dos cultivos tradicionais galegos, implementando mecanismos de trazabilidade e etiquetado, así como apoio técnico e financeiro para os pequenos e medianos produtores.
  7. Soberanía enerxética no campo: Incrementaranse as inversións en enerxías renovables para reducir a dependencia enerxética das explotacións agrarias galegas, mellorando a eficiencia dos sistemas de rega e impulsando a transformación dixital.
  8. Reforma da tarifa eléctrica para o sector primario: Proporase un contrato específico que se adapte ás necesidades enerxéticas estacionais do sector primario, recomendando exencións fiscais parciais para as pequenas e medianas explotacións.
  9. Incorporación da mocidade ao sector primario: Promoverase a formación profesional continua e a creación de servizos públicos de asesoramento para mellorar a xestión das explotacións. Estableceranse axudas directas para a instalación de novos agricultores e gandeiros, con enfoque de xénero e facilitando o acceso á terra e recursos.
  10. Cláusulas espello nos tratados internacionais: Garantirase que todos os produtos importados cumpran cos estándares de produción da UE, evitando a competencia desleal e protexendo os produtores locais.
  11. Protección da produción familiar e extensiva: Impulsarase a aprobación dunha normativa europea que defina e protexa a produción familiar galega, fomentando prácticas sostibles e recuperando a gandería tradicional, anida que incorporando as melloras tecnológicas necesarias.
  12. Apoio á agricultura e gandería ecolóxica: A UE priorizará unha agricultura e gandería máis respectuosas co medio ambiente, establecendo un sistema de mínimos sanitarios que facilite a operación de pequenas industrias de transformación.
  13. Representatividade democrática do sector primario: Crearase un marco de colaboración transparente e democrático para asegurar que a voz dos agricultores e gandeiros galegos estea presente na toma de decisións.
  14. Fin do glifosato: Traballaremos para suspender a autorización do herbicida glifosato na UE, aplicando o principio de precaución pola súa posible carcinoxenicidade.

Política Pesqueira Común (PPC):

  1. Reparto xusto das cotas pesqueiras: Impulsarase un reparto socioeconómicamente xusto das cotas de pesca, garantindo ingresos dignos para os produtores e a incorporación de mulleres no sector.
  2. Acuicultura sostible: Promoverase unha transición cara a unha acuicultura máis sostible, prohibindo a cría de polbos e suspendendo licencias para granxas intensivas.
  3. Coxestión das pesqueiras: Desenvolveranse figuras xurídicas para a coxestión das pesqueiras, incluíndo todos os actores interesados, para asegurar unha pesca sostible.
  4. Acordos pesqueiros xustos: Adoptaranse acordos que garantan prácticas social e medioambientalmente responsables en augas internacionais.
  5. Protección fronte á contaminación: Estableceranse medidas eficaces contra a contaminación que afecta ao sector marisqueiro galego, incrementando o esforzo investigador para asegurar a viabilidade do sector.

Dereito á auga:

  1. Dereito humano ao auga e saneamento: Garantirase a xestión pública da auga e do saneamento, revisando a Directiva Bolkestein.
  2. Xestión intelixente do auga: Promoverase unha planificación hidrolóxica eficiente e ecolóxica, controlando os plans hidrolóxicos de concas e interrompendo proxectos que beneficien soamente ás grandes construtoras.
  3. Estratexias de adaptación ao cambio climático: Estableceranse estratexias de mitigación e adaptación en materia de xestión de augas para asegurar un sector agropecuario sostible.
  4. Reutilización de augas depuradas: Promoverase a aprobación dunha directiva sobre recirculación e reutilización de augas depuradas.
  5. Saneamento para núcleos rurais: Traballarase para que a UE cofinancie instalacións de saneamento en núcleos rurais galegos.

Alimentación:

  1. Dereito humano á alimentación: Establecerase un regulamento que reoriente a política alimentaria da UE cara a este dereito.
  2. Seguridade alimentaria: Reforzarase a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, asegurando a súa independencia das presións da industria.
  3. Alimentación máis saudable e sustentable: Promoveranse hábitos alimentarios baseados en produtos vexetais de produción próxima, eliminando a publicidade de alimentos pouco saudables dirixida a nenos.
  4. Cesta básica europea: Limitaranse os prezos da cesta básica mediante a intervención sobre os márgenes empresariais.
  5. Axudas á alimentación: Modificarase o modelo de donación de alimentos para familias vulnerables, fomentando unha dieta saudable e de calidade.
  6. Fin do desperdicio de alimentos: Estableceranse obxectivos de redución do desperdicio alimentario no procesamento e nos fogares.
  7. Etiqueta clara e fiscalidade alimentaria: Establecerase unha etiquetaxe clara e un IVA máis alto para alimentos ultraprocesados, restrinxindo a publicidade de comida lixo.

Podemos Vigo salienta a importancia destas medidas para garantir un futuro sostible e xusto para todos os galegos, reforzando a economía local e protexendo os recursos naturais de Galicia.

Vigo, 2 de xuño de 2024

Deja un comentario