
O pasado mércores 7 de agosto de 2024, un nutrido grupo de militantes de Podemos Vigo uniuse á concentración fronte ao Museo Marco en Vigo, en solidariedade coa vítima do recente feminicidio ocorrido no barrio de Labañou na Coruña. Esta mobilización xorde en resposta ao tráxico asasinato de Mercedes, unha muller de 74 anos, a mans do seu esposo de 76 anos, con quen compartira 45 anos de vida e catro fillos.
A concentración, que reuniu a diversas organizacións feministas, sociais e partidos políticos, foi un berro colectivo contra a violencia machista e o patriarcado. Baixo consignas como “Menos discursos e máis recursos”, “Patriarcado e capital: Alianza Criminal” e “Non é un crime paixonal é un asasinato machista”, as e os asistentes esiximos medidas concretas para combater a violencia machista e un compromiso real coa igualdade.
Desde Podemos Vigo, reafirmamos o noso compromiso na loita contra o machismo e a violencia de xénero. É esencial que a sociedade e as institucións actúen con firmeza para derrubar o patriarcado, terminar co terrorismo machista e ofrecer o apoio necesario ás vítimas. A violencia machista non ten xustificación ningunha e debe ser enfrontada con determinación e recursos axeitados. Solidarizámonos coa familia de Mercedes e continuaremos traballando para garantir unha sociedade libre de violencia e desigualdades.
Adiante coa Lolita feminista! Paremos a violencia machista! Non máis feminicidios!







