ENCONTRO MILITANTE EN VIGO

ENCONTRO MILITANTE DE PODEMOS GALICIA EN VIGO

Terceiro Encontro Militante Provincial. Este encontro estará destinado a reunir a militantes de Podemos Galicia da Provincia de Pontevedra e terá lugar mañá 12 de agosto ás 19.30 horas na sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. 

Podemos anunciou hai unha semana que a Secretaría de Organización Estatal decidiu crear un equipo técnico en Galicia co foco posto nas vindeiras eleccións primarias do Consello Cidadán Galego, que se celebrarán a final de ano. A formación morada subliña que é «o momento de dar estabilidade e de reforzar a organización» co fin de «abrir un ciclo político que traballe repensando o rumbo do país».

O equipo técnico está liderado por Isabel Faraldo (A Coruña), administrativa no Sergas, exconcelleira na Coruña e quen foi candidata á Xunta nas últimas eleccións autonómicas

Tamén está integrado por Adrián García (A Coruña), representante sindical no sector do telemárketing e defensor dos dereitos laborais e LGTBIQ+, como responsable de comunicación; e por María Jesús Pereiro (Monforte), informática e militante desde 2014, quen xestionará as finanzas; e Toño Naval (Ourense) como responsable de Organización. Pola súa banda, Ximena Cheda (Uruguai-Lugo), activista feminista, xestionará as áreas de igualdade e participación; mentres que o vigués Óscar Lomba ocuparase da área de municipalismo.

A primeira encomenda do equipo técnico foi realizar asembleas provinciais para reunir á militancia e explicar a situación actual e traballar para as próximas primarias. De momento celebráronse dous Encontros Militantes en Lugo e A Coruña. Mañá luns 12 de agosto ás 19.30 horas celebrarase o terceiro Encontro Militante Provincial. Este encontro estará destinado a reunir a militantes de Podemos Galicia da Provincia de Pontevedra e terá lugar na sede de Podemos Vigo na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. 

Vigo, 11 de agosto de 2024.

Área de Comunicación de Podemos Vigo

Deja un comentario