CONCENTRACIÓN EN APOIO A PALESTINA

Crónica da Folga e Concentración en Vigo por Palestina convocada pola CGT e apoiada por outras organizacións políticas e sociais

O pasado venres 27 de setembro de 2024, un nutrido grupo de militantes da CGT e otras organizacións políticas e sociais, entre as que se encontraban unha morea de militantes de Podemos Vigo, congregouse fronte ao Museo Marco, no corazón da cidade olívica, para erguer a voz en apoio ao pobo palestino nun momento crítico da súa historia. A atmosfera encheuse dun fondo sentido de apoio e solidariedade, onde a diversidade de idades e procedencias entreteceu as diferentes persoas nun mesmo clamor: a defensa dos dereitos humanos e o rexeitamento á violencia que exece o estados sionista de Israel sobre o pobo palestino.

Cun serán despexado como pano de fondo, os asistentes comezaron a achegarse e xuntarse, portando pancartas e bandeiras palestinas que reflectían a indignación colectiva. Os lemas ecoaban con forza: “Palestina vencerá”, “Israel asasina, Occidente patrocina”, e “Non á venda de armas ao estado sionista de Israel”, “As nenas de Gaza non son unha ameaza” “Dende o río até o mar Palestina vencerá” entre outros. Cada berro era unha manifestación de empatía cara aos sufrimentos das familias en Gaza, un baldordo de berros pola xustiza en Palestina e no resto do mundo.

Tras un breve acto de presentación, onde se compartiron palabras de miembros da CGT de Vigo, activistas locais e representantes de diversas organizacións, os concentrados iniciaron unha marcha que percorreu a emblemática rúa do Príncipe. A multitude, unida nunha soa voz, dirixiuse cara á Porta do Sol, transformando a vía nun río de cor e determinación. A cada paso, a tensión e a emoción intensificábanse, creando un ambiente electrizante que unía a todas as persoas presentes nunha mesma causa.

Ao longo do percorrido, puidéronse escoitar consignas que ecoaban profundamente no corazón de quen decidira saír a manifestar o seu apoio: “As nenas de Gaza non son unha ameaza”, “Non é unha guerra, é un xenocidio”. Estes berros non só esixían xustiza para Palestina, senón que tamén cuestionaban a complicidade das potencias occidentais na prolongación deste conflito.

A marcha culminou na Porta do Sol, onde os militantes se reuniron para levar adiante un acto final de reflexión e empoderamento. Nun mundo onde o silencio moitas veces impera, os berros das viguesas e viguenses ecoaron como un faro de esperanza e resistencia.

Esta CONCENTRACIÓN, convocada pola CGT, foi apoiada por Podemos Vigo. 

Deja un comentario