
Podemos Vigo participou na Homenaxe a Xosé Humberto Baena
O pasado venres 27 de de 2024, o cemiterio de Pereiró en Vigo converteuse no punto de encontro para render homenaxe a Xosé Humberto Baena Alonso e a outros catro compañeiros asasinados polo franquismo: José Luís Sánchez Bravo Solla, Anxo Otaegui Etxebarria, Jon Paredes Manot “Txiki” e Ramón García Sanz. Ás 18.00 horas, unha morea de amigas, amigos, compañeiras/os e simpatizantes congregouse para lembrar a valentía destes militantes antifranquistas, cuxa loita pola liberdade segue sendo un referente na memoria colectiva.
Podemos Vigo tivo unha participación activa e salientable no acto, reafirmando o seu compromiso coa memoria histórica e a xustiza social. Os representantes da formación política, xunto á Asemblea Republicana de Vigo, estuveron presentes no acto, onde os organizadores falaron da necesidade de non esquecer a quen deron as súas vidas na loita contra a opresión, esixindo verdade, xustiza e reparación para todas as vítimas do franquismo.
O evento foi un chamado á unidade de todas e todos os antifranquistas de Vigo e a comarca, e a presenza de Podemos Vigo demostramos o noso compromiso na defensa da memoria democrática, os dereitos humanos e a loita contra a impunidade dun pasado doloroso.
Ao finalizar o acto, quedou claro que a memoria destes valentes loitadores continuará inspirando a procura dun futuro máis xusto e libre, onde os seus nomes non se borren da historia.




