Crebando o valado da vergoña

O pasado 18 de outubro de 2024, unha morea de viguesas e vigueses congregámonos na Porta do Sol en Vigo para realizar unha concentración organizada pola Plataforma Cívica de Vigo Pro-Palestina. No acto, os participantes construímos un «valado ou muro da vergoña» con caixas de cartón, decorado con bandeiras palestinas e mensaxes en apoio a Gaza, para denunciar o bloqueo israelí. Podemos Vigo participou activamente no evento.

Óscar Lomba, actuando como voceiro, lembrou as difíciles condicións de vida dos 2,2 millóns de persoas en Gaza e salientou a importancia de non permitir que a voz do pobo palestino se apague na bretema da indiferenza. Os asistentes acenderon velas en homenaxe ás vítimas, sinalando que máis de 42,000 persoas, a maioría mulleres e nenos, morreron no conflito. Tamén se fixeron chamados á Unión Europea para que non sexa cómplice da situación e cuestionouse a venda de armas a Israel.

A manifestación culminou cos participantes rompendo o «muro» como símbolo de resistencia e esperanza, reafirmando o seu compromiso de seguir loitando pola liberdade do pobo palestino.

Deja un comentario