Debate sobre vivenda en Vigo

Podemos Vigo participou nun debate sobre vivenda organizado por RECORTES CERO que se desenvolveu na asociación de vecinos do Calvario o pasado 10 de outubro.

Na mesa estuvieron presentes diferentes organizacións políticas, sindicáis e sociais. Podemos Galicia e Podemos Vigo estiveron representadas polo militante Óscar Lomba quien dixo que “a vivenda é un dereito e non un negocio”.

Lomba defendeu que “a crise de vivenda en Vigo é un problema profundo que afecta a miles de persoas. Na última década, os prezos do alugueiro aumentaron dramaticamente, facendo que o acceso a unha vivenda digna e asequible sexa cada vez máis difícil para moitas familias. Porén, construír máis non é a solución. Vigo xa conta con 20.000 vivendas baleiras. O verdadeiro problema é a mala xestión e a falta de regulación destes recursos”.

Lomba dixo que “en vez de continuar cunha urbanización masiva, o que necesitamos urxentemente é mobilizar as vivendas baleiras. Isto significa pór en marcha e desenvolver medidas como un imposto municipal aos propietarios que manteñan as súas casas desocupadas sen unha xustificación clara. Esta política non só axudaría a aumentar a oferta de alugueiro dispoñible, senón que tamén contribuiría a reducir a presión sobre os prezos, beneficiando a toda a cidadanía”.

Outro aspecto esencial, según Lomba, é regular as vivendas de uso turístico. Lomba afirmou que “nos últimos anos, vimos como estas vivendas reduciron a dispoñibilidade de alugueiros residenciais, desprazando aos inquilinos e inquilinas de longo prazo en favor do turismo. Debemos impoñer límites estritos ao número de licenzas turísticas, priorizando sempre o dereito dos residentes a un fogar estable”.

Ademais, fixo referencia á Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda. Lomba salientou que “a Lei Estatal de Vivenda ofrece mecanismos para controlar os prezos dos alugueiros en zonas tensionadas como Vigo. Aplicala de xeito efectivo permitiría frear a especulación inmobiliaria e garantir que o acceso á vivenda siga sendo un dereito básico, e non un luxo inaccesible para moitas persoas”.

E só como último recurso, se todas estas medidas non logran solucionar totalmente o problema, Lomba defendeu a necesidade de considerar a construción de vivenda pública ecosostible e enerxeticamente eficiente. Estas novas vivendas non só garantirían o acceso a unha vivenda digna, senón que tamén respectarían o medio ambiente, ofrecendo solucións a longo prazo e mellorando a calidade de vida na cidade.

E términou decindo que é o momento de actuar. Según Lomba “debemos poñer ás persoas e os seus dereitos por riba dos intereses económicos e a especulación. A vivenda é un dereito fundamental, e xuntas, podemos protexelo e garantir que todos e todas teñamos acceso a un fogar digno. É hora de construirmos un futuro máis xusto para todas as persoas na nosa cidade”.

Deja un comentario