
O pasado lunes 7 de outubro participamos nunha concentración para lembrar a Fadoua Akkar, vítima da violencia machista en Domaio. Participamos no acto de repulsa do pasado 7 de outubro para unirnos ao clamor contra a violencia machista. Con Fadoua, son xa máis de 80 as mulleres asasinadas en España este ano a mans do machismo.
Este terrorismo silencioso, porén letal arranca vidas e destrúe familias, e só rematará cando como sociedade loitemos con contundencia por un cambio real. Non podemos tolerar máis esta violencia. Fadoua, a nosa lembranza e a nosa rabia son contigo e con todas as vítimas de feminicidios.
Podemos Vigo continuará loitando para construirmos un futuro seguro, libre e igualitario para todas.



