🌿 A verdade sobre o conflito en Cabo Estai

En Cabo Estai, un espazo natural protexido, construíuse un vial ilegal para facilitar o acceso a futuras vivendas, sen autorización e incumprindo a normativa urbanística. A Xunta de Galicia xa sancionou aos responsables con 35.549 euros, pero a veciñanza segue loitando para que o terreo volva ao seu estado orixinal e se respecte o medio natural.

Agora, os responsables das obras ilegais están demandando á Asociación de Veciños de San Miguel de Oia por supostas calumnias, esixindo unha indemnización desproporcionada de 170.000 euros, nun intento claro de silenciar as voces que defenden o patrimonio de todas e todos.

Desde Podemos Vigo condenamos estes ataques xudiciais e apoiamos ás veciñas e veciños na súa loita pola legalidade, a xustiza e a protección do medio ambiente. 💚

📢 Defender Cabo Estai é defender o futuro de Vigo!

📢 Podemos Vigo do lado da veciñanza de San Miguel de Oia

Desde Podemos Vigo queremos expresar a nosa solidariedade coa veciñanza de San Miguel de Oia na súa loita pola defensa do patrimonio natural de Cabo Estai. Reafirmamos o noso compromiso de seguir participando nas asembleas e accións organizadas polo movemento veciñal para frear os abusos urbanísticos e defender os dereitos da comunidade.

💪 A loita polo territorio é a loita de todas!

Deja un comentario