Pensións públicas: un dereito, non un privilexio

As pensións públicas garanten unha vida digna para millóns de persoas, porén hoxe están en perigo. Nunha Galicia envellecida, onde moitas persoas maiores sobreviven con pensións insuficientes, a súa revalorización é máis necesaria ca nunca. Asegurar un sistema público xusto e sostible non é só unha obriga coa xeración actual, senón un compromiso coas xeracións futuras. Agora é o momento de mobilizarnos!

As pensións públicas son un pilar fundamental do noso Estado de benestar e unha garantía de xustiza social. En Galicia, máis do 25% da poboación é maior de 65 anos, e moitas persoas pensionistas sobreviven con ingresos que non chegan ao salario mínimo interprofesional. Isto é inaceptable.

A revalorización das pensións é imprescindible para protexer o poder adquisitivo das persoas maiores, especialmente nun contexto de inflación como o actual, onde os prezos básicos, como a enerxía e os alimentos, seguen subindo. Sen unhas pensións dignas, estamos condenando a unha parte importante da nosa sociedade á precariedade e á exclusión social.

Un sistema público de pensións forte é posible, porén require vontade política: combater a fraude fiscal, redistribuír recursos de maneira xusta e priorizar o benestar das persoas fronte aos intereses económicos duns poucos. Loitar por isto é loitar polo futuro de todas, todos e todes, porque as pensións non son só das persoas maiores de hoxe, senón tamén das de mañá.

Desde Podemos Vigo defendemos con contundencia un sistema de pensións 100% público, que se revalorice cada ano segundo o custo real da vida e que protexa as persoas pensionistas fronte á inflación. Dicimos “non” á privatización e “si” a reforzar os ingresos do sistema a través de políticas fiscais xustas e a loita contra o fraude fiscal. Porque un sistema de pensións digno é a mellor herdanza que podemos deixar. Mobilicémonos para defendelo!

Non permitamos que as pensións caian en mans de quen quere privatizalas. A solución non é recortar, senón reforzar!

🟣 Chamamento á mobilización en defensa das pensións públicas!

Dende Podemos Vigo queremos convocar a toda a nosa militancia e ao conxunto da cidadanía viguesa a participar na concentración organizada por MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas). É fundamental que nos unamos para defender un sistema público de pensións digno e sostible, que garanta os dereitos das persoas maiores e das futuras xeracións.

🟣 CONVOCATORIA: TOD@S Á RÚA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS!

As pensións públicas son un dereito, e defender a súa revalorización é unha batalla que imos gañar entre tod@s.

📅 Cando?

🗓️ Luns, 3 de febreiro de 2025

🕢 Hora: 19:30 horas

📍 Lugar: Diante do Museo MARCO, Vigo

💬 “SÍ” á Revalorización das Pensións! Nin un paso atrás, pensións dignas públicas!

➡️ Mobilízate! Cada primeiro luns de mes seguimos loitando.

👉 Por ti, por min, por tod@s!

💜 Imos gañar esta batalla!

EN VIGO PODEMOS

Deja un comentario