Podemos Vigo co movemento veciñal

A recente reunión de Podemos Vigo na sede da rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, coa veciñanza de Bembrive En Pé, foi unha oportunidade para escoitar de primeira man as súas preocupacións e reivindicacións sobre a futura construción do acceso da A-52 en Vigo. A nosa postura é clara: non podemos permitir que se vexan afectados os veciños nin que se danen as paisaxes da parroquia. Estamos convencidos de que o túnel non é unha alternativa sostible. A verdadeira solución pasa por apostar pola gratuidade e remodelación da AP-9, aproveitando as infraestruturas existentes para minimizar os custos públicos e o impacto medioambiental. Unha opción máis racional e respectuosa co noso entorno.

Neste sentido, desde Podemos Vigo reiteramos o noso compromiso firme co movemento veciñal, coas loitas xustas das nosas veciñas e veciños. A súa voz é fundamental para construir un Vigo máis xusto, sostible e respectuoso coas nosas parroquias e o noso entorno natural. Continuaremos traballando de xeito incansable xunto ás asociacións e colectivos que loitan polos dereitos das persoas, defendendo a súa participación activa nas decisións que afectan directamente ás súas vidas. O futuro de Vigo só pode construírse de maneira colectiva, escoitando a quen mellor coñece a súa realidade.

#PodemosVigo #Bembrive #Sostibilidade #Infraestruturas #AP9


Deja un comentario