Podemos Vigo nas rúas!

Podemos Vigo non sae das rúas! Hai uns días, a nosa militancia estivo defendendo un ensino de calidade e inclusivo, xunto ás Asociacións de Nais e Pais de Alunos de Vigo, porque cremos que a educación debe ser un dereito alcanzable para todas as persoas, sen distincións. Un ensino público, gratuíto e que promova a igualdade de oportunidades é fundamental para construír unha sociedade máis xusta.

Nesa mesma xornada, tamén estivemos apoiando ao feminismo vigués, berrando xuntas por unha igualdade real entre homes e mulleres. Non podemos permitir que as desigualdades de xénero sigan marcando a nosa realidade, e por iso continuamos a loitar por un Vigo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos.

A nosa militancia segue firme, nas rúas e en todos os eidos, traballando por un futuro mellor, onde a solidariedade, a igualdade e a xustiza social sexan os alicerces sobre os que se constrúa a nosa cidade e o noso país. Seguimos!

#PodemosVigo #EducaciónPública #Feminismo #IgualdadeReal #LoitaFeminista #Dereitos

Deja un comentario