
🔴 Podemos Vigo na rúa pola IIIª República 🟣
O pasado 14 de abril de 2025, conmemoramos o aniversario da proclamación da IIª República, e a militancia de Podemos Vigo participou activamente na manifestación republicana convocada na cidade, sumando voces e pasos a unha mobilización plural e comprometida coa memoria democrática, a xustiza social e o dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro.
🚩 A nosa presenza non foi só testemuñal, pois levamos bandeiras e sobre todo conviccións. Porque para Podemos a República non é só unha forma de Estado, senón un proxecto colectivo de dignidade, igualdade e liberdade, fronte a un réxime monárquico herdado do franquismo e blindado polos poderes económicos e mediáticos.
🟪 Defendemos unha República plurinacional, feminista, ecolóxica e popular, que poña no centro os dereitos da xente e a participación democrática. E seguiremos facéndoo, na rúa e nas institucións, canda todas as organizacións e persoas que loitan por un país máis xusto.
💜 Grazas ás compañeiras e compañeiros que representaron a Podemos Vigo nesta xornada de loita e memoria. O futuro será republicano… ou non será!
#14deAbril #República #PodemosVigo #MemoriaDemocrática #ProcesoConstituínte #GalizaRepublicana








