A militancia de Podemos Vigo en Compostela o 17 de maio, Día das Letras Galegas

Crónica da participación de Podemos Vigo no Día das Letras Galegas 2025 en Compostela

O pasado 17 de maio de 2025, con motivo do Día das Letras Galegas, un grupo de militantes de Podemos Vigo desprazouse até Compostela para participar activamente na manifestación convocada pola plataforma QUEREMOS GALEGO, que este ano puxo o foco na defensa e promoción da nosa lingua como piar fundamental da cultura, da identidade e da soberanía popular galega.

Nun ambiente festivo mais combativo, a militancia viguesa de Podemos Galicia sumouse á marcha cunha presenza visíbel e orgullosa que reclamou unha Galicia plenamente galegofalante, con dereitos lingüísticos garantidos e políticas públicas decididas a prol da normalización. Ao longo do percorrido polas rúas compostelás, as militantes de Podemos Vigo entoaron consignas a favor da lingua, da educación pública en galego e dun modelo de país que recoñeza e respecte a diversidade cultural e lingüística desde unha perspectiva democrática e popular.

A participación nesta mobilización enmárcase no compromiso continuo de Podemos Vigo coa defensa do galego, entendéndoo como ferramenta de cohesión social, de igualdade e de transformación política. 

Dende Compostela, voltamos con forza renovada para seguir tecendo alianzas e impulsando iniciativas que coloquen a lingua galega no centro das políticas públicas, coa convicción de que sen galego non hai futuro para Galicia.

Deja un comentario