
O pasado martes 20 de maio de 2025, a Plataforma SOS Sanidade Pública celebrou unha rolda de prensa diante do Hospital Povisa de Vigo para denunciar a falta de transparencia no novo contrato asinado entre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o grupo privado Ribera Povisa. O acto contou coa presenza de Meli Vázquez, voceira de Podemos Vigo, e outras reprsentantes de organziacións políticas e sindicais.
Durante a comparecencia, Manuel Moreira, que actuou como Voceiro da PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA, criticou que o acordo, que foi negociado e asinado sen facer públicos os seus termos, malia as reiteradas demandas de información por parte da sociedade civil. Moreira salientou que a Consellería de Sanidade incumpriu o compromiso de facilitar os detalles do contrato antes da súa publicación nos medios de comunicación.
Dende a Plataforma advertimos que a dependencia de aproximadamente 120.000 persoas do sistema sanitario privado, sen alternativas públicas suficientes, condiciona a negociación destes contratos en favor dos intereses empresariais e corporativos. Neste contexto, denunciamos que o deseño arquitectónico e do Plan Funcional e resto da planificación do Novo Hospital de Vigo foron deliberadamente limitados para manter a actividade concertada con Povisa.
Entre as demandas expostas, dende SOS Sanidade Pública esiximos a publicación decontado dos termos do contrato e a elaboración dun Plan de Investimentos para reforzar a atención hospitalaria pública na Área Sanitaria de Vigo. Tamén reclamamos que a Xunta cumpra coas súas obrigas de transparencia e rendición de contas.
A presenza de Meli Vázquez, en representación de Podemos Vigo, evidenciou o apoio político ás reivindicacións da Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA, reforzando a crítica á xestión sanitaria da Xunta e á súa política de concertos con entidades privadas.
Esta rolda de prensa, enmárcase nunha serie de actividades de denuncia coas que procuramos visibilizar as preocupacións cidadás pola progresiva privatización da sanidade pública en Galicia e a falta de transparencia nas decisións que afectan a miles de usuarios do sistema sanitario galego.












