O 8 de marzo non é unha data calquera. É o día no que as feministas saímos á rúa, erguemos a voz e lembramos que fronte ao avance do odio, do machismo e do fascismo, somos nós quen marca o camiño.
💜 8M en Vigo: xuntas, fortes e feministas
En Vigo temos unha historia de loita que non imos deixar que nos rouben. As nosas avoas, as nosas nais e todas nós abrimos espazo a golpes de dignidade, igualdade e dereitos. E hoxe, igual que onte, seguimos dicindo alto e claro: Ao fascismo páramolo as feministas.
Porque defendemos unha cidade libre de violencias machistas, con igualdade real, con políticas públicas que coiden, protexan e garantan vidas dignas. Porque sabemos que cando as mulleres avanzamos, avanza toda a sociedade.
Este 8M saímos ás rúas de Vigo para celebrar, reivindicar e construír futuro. 💜 Xuntas somos imparables. 💜 Xuntas facemos historia.
Podemos Vigo é unha organización política que defende os intereses da maioria social en Vigo e arredores. Somos unha forza transformadora, feminista, ecoloxista, antirracista e radicalmente democrática.
Ver todas las entradas de EN VIGO PODEMOS