
Onte, martes 3 de marzo de 2026, Podemos Vigo participou activamente na manifestación celebrada en Vigo en defensa da paz, a democracia e os dereitos humanos.
Saímos á rúa xunto máis de cincuenta colectivos sociais e máis de 1500 persoas comprometidas coa paz, o antiimperialismo e o antifascismo. Mobilizámonos para dicir non ao fascismo, non á guerra e non á vulneración do Dereito Internacional. Defendemos a soberanía dos pobos e unha paz con xustiza, baseada no respecto aos dereitos humanos e na solidariedade internacional.
Apoiamos a causa do pobo palestino e denunciamos a impunidade, o rearmamento, o militarismo e a normalización da violencia como ferramenta política. Fronte ao odio e a barbarie, respondemos con mobilización democrática e compromiso social.
Vigo volveu demostrar que é unha cidade solidaria e consciente. Desde Podemos Vigo seguiremos traballando nas institucións e na rúa por máis dereitos, máis democracia e un futuro de paz.





