Onte, xoves 21 de marzo de 2024, Podemos Vigo demostrou unha vez máis o seu compromiso coa causa Palestina e a súa posición firme de loita organizada contra a violencia machista e polo desmantelamento de estruturas patriarcais.
A defensa da interseccionalidadedos movementos de xustiza social é un piar fundamental para Podemos Vigo, xa que recoñece a interconexión de diferentes formas de opresión e a importancia de abordalas de maneira colectiva. Esta postura integra unha posición ideolóxica específica dentro do contexto máis amplo do activismo político e social, e serve como unha poderosa declaración de valores e principios que guían as accións e loitas do noso partido-movemento.
A coherencia e a determinación das mulleres, homes e persoas non-binarias de Podemos Vigo maniféstase na defensa destes ideais son características distintivas que marcan a esencia de Podemos Vigo, consolidando o seu rol como un actor relevante, na nosa cidade e arredores, na promoción da xustiza social e a equidade.
É a campaña de publicidade máis vella do mundo. Está tan presente no noso día a día, que xa nin nos decatamos. Repítennola tanto e con tantos medios, que conseguiron que moita xente acredite.
Miles de persoas son asasinadas cada día en Gaza. Así é a vida.
O Mediterráneo é unha fosa común para quen busca un futuro mellor. Así é a vida.
Os ricos son cada vez máis ricos e cada vez máis xente que sofre para chegar a fin de mes. Así é a vida.
Pero nós demostramos que as cousas poden cambiar. Por iso, en Podemos temos claro que a nosa capacidade de transformación ten que chegar a Europa da man dun proxecto valente que aposte pola paz, polo feminismo, pola xustiza social, polo antirracismo e polo ecoloxismo.
Necesitamos levar ao Parlamento Europeo a voz de Irene Montero e de todas as que lle acompañan neste camiño porque é a voz da xente que non espera a que as cousas pasen, senón que fan que as cousas pasen. Porque non estamos aquí para aceptar que así é a vida. Estamos aquí para que a vida sexa.
Únete á campaña en redes sociais utilizando o HT #AsíEsLaVida e os materiais dispoñibles neste cartafol: http://bit.ly/3PvVtF1. Non te esquezas de engadir a ligazón para a resolución da campaña entrando en https://podemos.info/asieslavida/.
Nas próximas eleccións europeas de xuño, SI SE PODE!
A campaña culminará en Bruxelas coa entrega dunha carta ás autoridades europeas alertando sobre os ataques á memoria democrática por parte da dereita e a ultradereita en España
Nun esforzo por contrarrestar os ataques contra a memoria democrática en España, Podemos anunciou o lanzamento dun roteiro en colaboración con diversas organizacións e asociacións. A voceira Isa Serra presentou esta iniciativa en resposta aos constantes ataques provenientes do Partido Popular e Vox, tanto a nivel estatal como autonómico, contra a lei de memoria e as leis autonómicas relacionadas.
«Este roteiro é unha campaña que estamos a desenvolver en defensa da memoria democrática no noso país, precisamente fronte aos ataques da dereita e a extrema dereita», afirmou Serra durante a presentación.
A campaña, que se desenvolverá en conxunto con asociacións en defensa da memoria, culminará o 10 de abril en Bruxelas, onde se entregará unha carta ao Comisario Europeo de Xustiza e á Comisaria de Valores e Transparencia. Esta carta ten como obxectivo alertar sobre os ataques sistemáticos que enfronta a memoria democrática en España.
Serra salientou que “aínda que se deron pasos importantes na lexislatura pasada en defensa da verdade, a xustiza e a reparación en materia de memoria democrática, aínda queda moito por facer”. Podemos reafirma o seu compromiso de seguir avanzando neste ámbito e facer fronte aos intentos de manipulación histórica por parte de sectores políticos contrarios á memoria democrática do país.
Podemos Vigo chama á mobilización cidadá viguesa contra o xenocidio en Palestina.
Este chamado á protesta colectiva da cidadanía viguesa salienta a importancia da mobilización contra o xenocidio en Palestina. A sensibilización e a participación activa poden contribuír a promover a conciencia e a fomentar accións participativas para poñer fin á agresión sionista en Gaza.
Podemos Vigo participará na mobilización convocada por: Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe – Jenin (Comunidade Palestina en Galicia) e BDS Galiza.
XOVES 21 de MARZO ás 20:00 horas na Farola de Urzaiz
Asasinada unha muller pola súa parella en Ribeira (A Coruña). O feminicida, co que a vítima tiña un fillo en común, tentou suicidarse e foi trasladado ao hospital de Barbanza en estado grave pero aínda con vida.
Temos que parar o terrorismo machista!
Basta de violencia! O machismo mata!
Mobilizate!
Concentración: Mañá xoves 21 de marzo ás 20:30 horas no MARCO en Vigo.
A participación activa do Podemos Vigo na manifestación feminista do 8 de marzo de 2024 en Vigo demonstra o compromiso firme e inquebrantable de Podemos Vigo coa igualdade de xénero. A presenza activa e enérxica da militancia de Podemos Vigo neste evento tan importante para a visibilidade e a loita pola igualdade de xénero reafirma o noso compromiso e apoio ás mulleres. Ao tomar parte de xeito activo nesta manifestación, Podemos Vigo mostra o seu respaldo absoluto á loita pola igualdade de xénero e o seu compromiso claro coa promoción dunha sociedade máis igualitaria e xusta para todas as persoas.
Estivemos na manifestación un gran número de militantes de Podemos Vigo, que berramos lemas feministas, antipatriarcais, antimilitaristas e contra a guerra.
A participación activa do Podemos Vigo nesta manifestación na nosa cidade reforza o noso papel na loita contra o patriarcado e na defensa dos dereitos das mulleres e as persoas non-binarias! Seguiremos avanzando cara unta sociedade realmente libre e igualitaria!
A falta de sensibilidade da administración ou mesmo o fatalismo dunha sociedade que asume o accidente sen espírito crítico, como algo que xa pasou e é inevitable.
———————————————————————————————————————————————— O aniversario do accidente do Villa de Pitanxo, permítenos achegarnos a unha realidade, a dos accidentes mortais no traballo, que habitualmente pasa desapercibida na nosa sociedade.
721 mortos en accidente laboral en 2023 en España, sen contar os miles de feridos e feridas graves, en moitos casos en accidentes evitables a través da prevención e a correcta organización do traballo. A pingueira constante de mortes no traballo, apenas ocupa unhas liñas nos medios e case non teñen repercusións, a non ser en casos como este. Onde polo número de mortes e as características do sucedido, déronlle ata notoriedade internacional.
O caso que nos ocupa, aínda está na súa vía xudicial e cunha gran cobertura mediática, que nos permite case seguir, o día a día das investigacións. Non é momento pois para facer xuízos de valor ou adiantarnos aos que virá. Pero se podemos xa analizar o ámbito. A dureza do traballo no mar e como segue sendo un dos temas pendentes. Por riba de quen sexa o armador ou o capitán ao mando, a necesidade dunhas condicións laborais dignas, que en moitos casos séguense sen dar. Especialmente a pesca en altura, conleva situacións únicas, de meses de mareas por moito menos soldo do que se imaxina a xente. A maioría dos consumidores de pesca de altura, sorprenderíanse das condicións da súa captura: longas xornadas en mareas, dureza do traballo e condicións,…
Volvendo ao caso do Villa Pitanxo, o que se pon enriba da mesa, son o cumprimento das normativas, a difícil realidade do día a día cando se conviven 24 horas en espazos tan reducidos, o papel fundamental da inmigración en traballos non desexados como estes. A falta de sensibilidade da administración ou mesmo o fatalismo dunha sociedade que asume o accidente sen espírito crítico, como algo que xa pasou e é inevitable. Por iso o Villa Pitanxo pode ser tan importante, se fai ver que debe investigarse os accidentes con todos os medios posibles, se se asume que non son realidades fatais se non feitos a analizar e xulgar, dos que darase sentenza e medidas para evitar que non volvan suceder.
Na actualidade son veciño de Cangas do Morrazo, polo que son parte dunha sociedade local, onde este accidente foi un mazazo. Onde a determinación das familias e o apoio institucional de proximidade, foi fundamental, para que hoxe o Pitanxo siga sendo actualidade e chegue ata o final. Proveño dunha familia mineira, dunha realidade asturiana onde as mortes na mina eran algo habitual, ata que se tomaron as medidas axeitadas e demostrouse que era posible frear a traxedia, que non se debían asumir as mortes como algo inevitable. Por iso neste segundo aniversario do Pitanxo, xunto ás homenaxes e o apoio ás familias, refórzase a determinación de chegar á verdade do sucedido, para que nunca a máis poida darse unha situación así. Para que non se cumpra aquel cantar galego que di: A vida de mariñeiro é triste a máis non poder-e: en busca do peixe sae sen saber se ha de volver-e.
————————————————————————————————————————————————
Madrid – 16 de Feb, 2024 06.00 accidentes laborais, Galicia, inmigración, Pitanxo
Benjamín Gutiérrez Huerta. Licenciado en Xeografía e Historia na Facultade de Oviedo. Foi representante estudantil na Universidade, dirixente da UJCE e membro do CF do PCE. Combina o seu labor histórico, coa reivindicación da Memoria e a importancia do movemento obreiro. Foi Director da Fundación Juan Muñiz Zapico de CCOO de Asturias durante 18 anos.
Mañá 14 de febreiro temos un Encontro Militante na sede de Podemos Vigo coa presenza de Irene Montero e as nosas candidatas ao Parlamento Galego, Carmen Berzosa e Isabel Faraldo. Este evento promete ser unha oportunidade emocionante para as militantes e simpatizantes de Podemos Vigo e Podemos Galicia para conectarse coas figuras destacadas do partido e coñecer as súas perspectivas e proxectos para o futuro político de Galicia. A presenza da compañeira Irene Montero, xunto coas candidatas de Podemos ao Parlamento Galego, salienta o compromiso do partido con Galicia e a súa xente, ofrecendo un espazo para a interacción directa entre as nosas candidatas e a militancia.
Ademais, a presenza de figuras salientables como Irene Montero, Isabel Faraldo e Carmen Berzosa pon de manifesto a importancia que o partido outorga ás necesidades e preocupacións da comunidade galega. A interacción directa con Irene, Carmen e Isabel ofrece unha oportunidade única de transmitir as inquedanzas e ideas directamente ás nosas responsables políticas, fomentando unha maior conexión e comprensión mutua entre as nosas dirixentes e a nosa militancia.
En resumo, este Encontro Militante en Vigo representa unha ocasión perfecta para a militancia e simpatizantes de Podemos para participar nun diálogo aberto e construtivo coas figuras políticas do partido, así como para obter unha visión clara das nosas propostas programáticas e plans para Galicia.
Mañá 14 de febreiro temos unha cita na sede de Podemos Vigo
ENCONTRO MILITANTE:
Data: 14 de febreiro
Hora: 10:45 h.
Lugar: sede de Podemos Vigo. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9
Participa e difunde entre a nosa militancia e simpatizantes!
Onte, sábado 27 de xaneiro, celebramos na nosa sede de Podemos en Vigo, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 unha festa na que houbo moita asistencia de militancia de toda Galicia e tamén estiveron as nosas candidatas al parlamento galego. A celebración foi moi emotiva.
A festa foi un evento significativo que reuniu moita da nosa militancia. A festa foi unha oportunidade para a reunir a militancia de moitos lugares de Galicia e compartir un momento de camaradería e celebración. Ademais, a presenza das nosas candidatas ao parlamento galego engadiu unha dimensión adicional ao evento ao axudar a impulsar a mensaxe de precampaña de Podemos Galicia.
Durante a festa, as participantes puideron compartir experiencias, coñecer novos membros e reforzar os lazos dentro de Podemos Galicia. A emoción que se viviu durante a celebración foi grande, demostrando o forte espírito de unidade e compromiso que nos caracteriza.
Estamos moi agradecidas pola asistencia de todas as persoas e tamén por aquelas que fixeron posible este evento e esperamos que haxa moitas máis oportunidades para celebrar e compartir momentos como este no futuro.
Hoxe sábado 27 de xaneiro ás 18:00 horas estarán as nosas candidatas ás eleccións ao parlamento galego na sede de Podemos Vigo, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 onde celebraremos a nosa FESTA do 10º ANIVERSARIO de PODEMOS.
Participa, difunde, comparte en redes sociais!
FESTA 10º ANIVERSARIO DE PODEMOS
🗓 Data: Hoxe sábado 27 de xaneiro de 2024.
⏰ Hora: 18:00 h.
🏠 Lugar: sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.
10º ANIVERSARIO DE PODEMOS
O décimo aniversario de Podemos é unha ocasión especial que nos enche de ledicia e entusiasmo. Celebramos esta importante conmemoración na nosa sede, un lugar cheo de significado e simbolismo para o noso partido. Durante esta década, traballamos con todos os nosos folgos para defender os intereses da maioria social, e o fixemos con paixón e compromiso. Este aniversario é unha oportunidade para reflexionar sobre os nosos logros, aprender dos nosos desafíos e renovar o noso compromiso coas causas que nos impulsaron a formar este movemento político. Seguimos ollando cara ao futuro con optimismo e determinación, coa convicción de que todas xuntas podemos construír un país máis xusto e equitativo para todas as persoas. Grazas a todas as que formades parte desta viaxe e contribuídes a facer de Podemos unha forza realmente transformadora.
Celebramos esta importante conmemoración na nosa sede de Vigo, un lugar cheo de significado e simbolismo para a nosa militancia. Hoxe estarán na sede as nosas candidatas ás eleccións ao Parlamento Galego.
Durante esta década, traballamos con todos os nosos folgos para representar á maioria social e defender os seus intereses con paixón e compromiso. Este aniversario é unha oportunidade de reflexionar sobre os nosos logros, aprender dos nosos desafíos e renovar o noso compromiso coas causas que nos impulsaron a formar este movemento político transformador e valente.
Seguimos ollando cara ao futuro con optimismo e determinación, coa convicción de que xuntas podemos construírmos un país máis xusto e equitativo para todas as persoas. Grazas a todas as que seguides na loita e formades parte desta viaxe para converter Podemos nunha forza realmente transformadora! Adiante con Podemos!
Participa connosco na Festa do 10º Aniversario de Podemos!