⏰11:00 a 13:00 h. / 17:00 a 19:00 h.- As persoas integrantes da candidatura, xunto ao equipo de campaña e a militancia dos diversos espazos que conflúen na coalición Podemos-Marea de Vigo estaremos repartindo folletos e propaganda electoral na zona Centro e Casco Vello.
⏰18:00 h.- ACTO PÚBLICO: Implementación da Lei Estatal de Vivenda no noso Concello. Intervirán: Meli Vázquez, (candidata nº 2 pola Coalición Podemos-Marea de Vigo), Rubén Pérez (Candidato á Alcaldía de Vigo por Podemos-Marea de Vigo), Borja San Ramón (Secretario Xeral de Podemos Galicia) e Pablo Fernández (Voceiro Estatal de Podemos).
⏰20:00 h.- ACTO PÚBLICO: Encontro coa veciñanza da Zona Centro e Casco Vello. Rubén Pérez, Meli Vázquez e o resto de persoas integrantes da candidatura de Podemos – Marea de Vigo, xunto ao equipo de campaña e a militancia dos espazos que conformamos a coalición, participaremos nun encontro coa veciñanza da Zona Centro e Casco Vello.
🎤✏️Gabinete de Comunicación de Podemos – Marea de Vigo. 🎙
⏰11:00 a 13:00 h. / 17:00 a 19:00 h.- As persoas integrantes da candidatura, xunto ao equipo de campaña e a militancia dos diversos espazos que conflúen na coalición Podemos-Marea de Vigo estaremos repartindo folletos e propaganda electoral na zona de Navia.
⏰17:00 h.- ACTO PÚBLICO: Recuperemos o Vigozoo. Diante da porta do Vigozoo na Madroa. Para mudar un modelo obsoleto de zoo. Converter o espazo nun santuario de animais que non teñan posibilidade de reintrodución nos seus territorios salvaxes.
⏰20:00 h.- ACTO PÚBLICO: Encontro na rúa coa veciñanza de Navia. Rubén Pérez e Meli Vázquez intervirán nun acto público exterior á altura do número 20 da rúa Teixugueiras. O candidato á Alcaldía de Vigo, Rubén Pérez Correa e a candidata nº 2 da lista, Meli Vázquez Callejo, explicarán á veciñanza de Navia as propostas da coalición para Navia e para o conxunto dos barrios e parroquias da cidade.
Meli Vázquez, Rubén Pérez Ángela Fernández explicando as propostas programáticas da Candidatura de Podemos – Marea de Vigo para Entidade Menor de Bembrive.
Estes días de campaña electoral toda a militancia de PODEMOS VIGO, xunto á militancia dos demais espazos que confluimos na Coalición Podemos – Marea de Vigo – Verdes Equo – Recortes Cero – Alianza Verde estivemos repartiendo propaganda electoral e falando con veciñanza dos barrios de Vigo, explicando as nosas propostas e escoltando as súas inquedanzas.
A coalición Podemos – Marea de Vigo transformará o modelo de xestión dos servizos sociais en Vigo.
Para Podemos – Marea de Vigo é necesario incrementar substancialmente o orzamento municipal dos Servizos Sociais Comunitarios coa dotación de recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, cumprindo os rateos profesionais de atención social e comunitaria necesarios. Defendemos un gasto social de 100 euros por habitante como mínimo. Asegurar, desde os Servizos Sociais Comunitarios, que toda a cidadanía poida acceder a recursos e prestacións suficientes para vivir de maneira digna, dentro dun dispositivo global e coherente de loita contra a pobreza e a exclusión social, con axudas sociais áxiles e directas. Ademais defendemos un Plan de Inclusión Social transversalizado que debería coordinar a súa actuación e implicar ao conxunto de políticas municipais en materia de emprego, vivenda, mocidade, sanidade e educación. Queremos remunicipalizar o ServizoSAF.
Podemos – Marea de Vigo critican a concepción dos servizos sociais do actual goberno municipal de Abel Caballero. Os Servizos Sociais municipais actualmente en Vigo son reactivos, atendendo de maneira deficiente e insatisfactoria as demandas que reciben de persoas que viven no noso territorio urbano. Pensamos que é escaso ou nulo o traballo de prevención das situacións de vulnerabilidade e risco de exclusión social.
Opinamos que predomina un enfoque asistencialista, ineficiente e paternalista, centrado simplemente en determinadas carencias. Os actuais responsables políticos de servizos sociais terminan favorecendo a cronicidade e, coas consecuentes listas de espera, con risco de colapso.
Podemos – Marea de Vigo entendemos que actualmente non se afrontan os grandes problemas sociais e colectivos da cidadanía viguesa e foméntase o individualismo e o illamento social, debido a que na maioría das intervencións non se realiza unha actuación integral e nin sequera se atenden correctamente as necesidades básicas relacionadas coa subsistencia vital, sendo o Concello de Vigo en boa medida un mero xestor de esmirradas prestacións, sen tempo real, na maioría dos casos, para desenvolver itinerarios que non terminan de fomentar un verdadeiro apoio real, a consecución da autonomía plena e o empoderamento dos colectivos vulnerables.
Consideramos que o Concello de Vigo é a administración principal á hora de xestionar as políticas de Benestar Social e servizos sociais prestados á cidadanía, xa que é a institución máis próxima ás necesidades sociais da poboación. Defendemos a atribución de competencias en materia de servizos sociais e promoción e reinserción social que establece a Lei de Bases de Réxime Local para “promover toda clase de actividades e prestar cuantos servizos públicos favorezan a sa satisfacción de necesidades da comunidade veciñal»
Para Podemos – Marea de Vigo é necesario incrementar substancialmente o orzamento municipal dos Servizos Sociais Comunitarios coa dotación de recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, cumprindo os rateos profesionais de atención social axeitados. Gasto social de 100 euros por habitante como mínimo. Asegurar, desde os Servizos Sociais Comunitarios, que toda a cidadanía poida acceder a recursos e prestacións suficientes para vivir de maneira digna, dentro dun dispositivo global e coherente de loita contra a pobreza e exclusión social, con axudas sociais áxiles e directas.
Podemos – Marea de Vigo temos a firme vontade de eliminar a situación de extrema precariedade e desamparo na que se atopan as persoas usuarias dos colapsados servizos sociais do Concello de Vigo, dándolle prioridade á redución dos actuais tempos de espera nas citas de atención social, especialmente nos casos de solicitudes de prestacións de primeira necesidade.
Unha das prioridades de Podemos – Marea de Vigo é a revisión exhaustiva de todos os contratos coas entidades privadas, especialmente o do SAF, coa vista posta na remunicipalización da prestación dos servizos sociais. Cremos que hai que combater urxentemente os intentos de privatizar os servizos sociais e comprometémonos a buscar vías para reverter as privatizacións xa executadas.
Para Podemos – Marea de Vigo as necesidades que deben abordarse desde os servizos sociais municipais son derivados de problemas estruturais e por tanto a actuación municipal debe realizarse de maneira transversal deseñando un plan integral de servizos sociais que implique ao conxunto de concellerías e ese Plan de Inclusión Social transversalizado debería coordinar a actuación do conxunto de políticas municipais en materia de emprego, vivenda, mocidade, sanidade e educación.
Desenvolveremos un Plan de mellora de accesibilidade, en colaboración cos colectivos de persoas con diversidade funcional, para a eliminación de barreiras arquitectónicas na cidade de Vigo.
Crearemos, en colaboración coa Xunta de Galicia, un segundo albergue para persoas sen teito e en situación de rúa.
Comprometémonos, tamén, a dotar aos servizos sociais do Concello dun parque de vivenda de emerxencia a xestionar directamente polas Unidades Básicas de Atención Social (UBAS).
Podemos – Marea de Vigo intensificaremos a nosa activade no tramo final de campaña para mobilizar ao electorado alternativo e de esquerda. Trasladaremos unha mensaxe nitida da necesidade de facer unha politca verdadeiramente de esquerda, poñendo o foco na vivenda, no emprego e na remunicipalización de servizos privatizados
Hoxe fixemos unha rolda de prensa na sede de Podemos Vigo, onde explicamos á opinión pública, como imos enfocar o traballo da nosa coalición os cinco días finais da campaña electoral. Cinco días que serán decisivos. Pensamos que noutros procesos electorais, no tramo final de campaña é cando o electorado se mobiliza, cando o electorado está realmente tensado, porén, nesta ocasión, chegamos a este traxecto final de campaña cunha situación que consideramos bastante atípica na secuencia histórica das eleccións municipais ao existir case un terzo, un de cada tres electores/as non posicionaron o seu voto, aínda que verbalizan que van ir votar.
Para a coalición Podemos – Marea de Vigo estas cinco xornadas de campaña electoral, estes cinco dias son absolutamente decisivos, e na nosa proposta de campaña, que estivemos trasladándoa durante todo o período de campaña no que nos reunimos con moitísimos colectivos sociais e asociacións veciñais, poñiamos o foco na necesidade de que “recuperemos Vigo”, sobre a necesidade de recuperar vellos debates, e abrir outros novos, mesmo debates que xa existen noutras cidades con respecto ao futuro do urbanismo, con respecto ao futuro da sustentabilidade, o futuro da planificación dos modelos de cidade, a cuestión da vivenda, da remunicipalización de servizos… Por iso nestes cinco días finais de campaña imos poñer exemplos concretos de que como se poden traballar as cuestións políticas que estivemos poñendo enriba da mesa durante toda a campaña. Hai un factor que nós queremos salientar, que é que temos un instrumento que é a Lei de Vivenda, que vai permitir aos Concellos, de maneira clara e meridiana, declarar as zonas tensionadas, onde se incrementan de maneira notable os alugueiros, e que por tanto vaise poder actuar limitando e topando o prezo dos alugueiros. O Partido Popular xa anunciou que tentará impedir a aplicación desta norma e que desde a Comunidade Autónoma de Galicia vai tentar boicotear esta Lei de Vivenda. Por tanto, consideramos que o Partido Popular de Vigo non está autorizado na nosa cidade para falar de vivenda, non só despois de non levar adiante políticas de construción de vivenda pública, senón tamén negándose a que exista un instrumento corrector, por primeira vez na historia da democracia española, que permita evitar eses incrementos desorbitados dos alugueiros. A nosa coalición Podemos – Marea de Vigo vai explicar que zonas de Vigo teñen ese carácter de zonas tensionadas, como se podería facer desde o Concello de Vigo, e como podería desenvolverse unha estratexia axeitada desde a área de urbanismo para concretar esas 4000 vivendas que a nosa coalición verbalizou que é posible poñer a disposición da cidadanía.
De todas maneiras tamén imos introducir nesta semana final de campaña a necesidade de remunicipalizar servizos privatizados, e sobre todo como hai que afrontar esas remunicipalizacións. Cales son os mecanismos, cales son os procedementos que un concello ten que seguir para que teñamos unha empresa de servizos que se encargue por exemplo do asfaltado, explicaremos mecanismos para evitar a xestión desastrosa do transporte urbano en Vigo, e como avanzar cara á remunicipalización de Vitrasa, e así con todos o servizo privatizados ou externalizados. Estamos convencidos que os servizos públicos remunicipalizados funcionan moito mellor e ademais elimínanse sobrecustos.
Tamén falaremos de como pode executarse un orzamento. Como é posible que o actual goberno de Abel Caballero deixe sen executar partidas de investimentos de máis do 70 – 80%? E sobre todo incidiremos tamén na falta de execución do capítulo 1, as partidas destinadas a financiar o emprego público municipal.
Poñeremos ao conxunto da militancia de todos os espazos que confluímos na coalición a traballar intensamente desde agora. Xa temos unha extensión de actos de diferentes formatos, actos grandes, actos máis pequenos e microactos que iremos desenvolvendo durante a campaña. Así mesmo teremos encontros cos movementos sociais e coas organizacións sindicais. Teremos un encontro con CC.OO.
Tamén estará Pablo Fernández voceiro de Podemos, que estará o 25 de maio. Por todo o exposto cremos humildemente que imos conseguir mobilizar ao electorado de esquerda e verdadeiramente progresista que existe na nosa cidade.
Podemos – Marea de Vigo defendemos unha mellora substancial das instalacións deportivas de Vigo e máis apoio municipal ao deporte de base
Podemos – Marea de Vigo entendemos o deporte base como unha parte máis das necesidades da veciñanza de Vigo, pois sabemos que o sedentarismo é un dos principais inimigos da saúde. A aposta decidida de Podemos – Marea de Vigo por converter Vigo nunha cidade saudable ponse de manifesto en toda unha serie de propostas que dan prioridade ao exercicio físico e á práctica deportiva e lúdica de calidade e con garantías para toda a cidadanía viguesa. Cremos que hai que recuperar o espazo público para o deporte, porén sempre deberá ser para un uso inclusivo e accesible, algo que faremos apoiando aos clubs deportivos da cidade, aos equipos xuvenís e contando con todos os colectivos deportivos de base. Igualmente ampliaremos e melloraremos as instalacións, equipamentos e escolas deportivas municipais, para garantir que o deporte feminino gañe espazo, e colaboremos estreitamente con todas as asociacións veciñais que queiran impulsar iniciativas e programas formativos deportivos nas parroquias.
Podemos – Marea de Vigo propomos a elaboración dun Plan Estratéxico Municipal de Instalacións Deportivas, para analizar as necesidades de equipamentos e instalacións en Vigo e a súa área metropolitana. Incluirá unha planificación da reforma, rehabilitación e mantemento de todas os equipamentos e instalacións existentes nos barrios e a periferia da cidade e a creación de pavillóns e escolas deportivas nos barrios. Realizaremos unha reforma integral das pista de atletismo e o conxunto de instalacións deportivas de Balaidos. Achegaremos o deporte de base tamén aos centros educativos coa creación de novas escolas deportivas de iniciación aos deportes minoritarios. Recuperaremos igualmente a piscina da Etea e a súa área deportiva para o barrio de Teis.
Defendemos a creación dunha Escola Municipal de deportes náuticos que dote a Vigo dun servizo público e accesible que facilite as prácticas deportivas no mar.
Podemos – Marea de Vigo queremos que se cre unha Escola Municipal de Ciclismo e da Bicicleta para facilitar a mobilidade pola cidade de Vigo e nun futuro tamén pola súa área metropolitana.
Desenvolveremos un programa formativo itinerante polos barrios, no espazo público, vinculado aos espazos, instalacións e equipamentos deportivos e físicos ao aire libre (circuítos de running, parques biosaudables, etc) para favorecer a práctica de exercicio saudable e seguro na nosa cidade.
Estimamos que é necesario un incremento substancial de elementos que favorezan e impulsen a práctica deportiva de base e lúdica no espazo público: canastras e outros elementos de xogos en equipo interxeracionais, ademais de parques biosaudables.