Podemos Vigo estivo na concentración por Palestina na Oliveira do Paseo de Alfonso XII

77º Aniversario do inicio da Nakba palestina

O pasado 15 de maio de 2025, en Vigo e en moitos outros lugares de Galicia e do conxunto do Estado español, desenvolvéronse manifestacións e concentracións en lembranza da Nakba e en solidariedade co pobo palestino.

En Vigo, a concentración tivo lugar ao pé da Oliveira do Paseo de Alfonso XII, un espazo simbólico de loita e memoria. Alí estivemos unha morea de militantes de Podemos Vigo, acompañando cunha presenza activa e comprometida ás persoas congregadas para denunciar o apartheid, o xenocidio e a ocupación sionista, e para reafirmar o noso apoio incondicional á causa palestina e ao dereito do seu pobo a vivir libre na súa terra.

Neste 77º aniversario da Nakba, a limpeza étnica iniciada en 1948 continúa hoxe baixo novas formas de violencia, colonización e exterminio, como estamos a ver traxicamente en Gaza e Cisxordania. Fronte ao silencio cómplice das institucións europeas e a impunidade do réxime israelí, é máis necesario ca nunca que desde Galicia e desde todos os recantos do Estado español sigamos mobilizándonos, esixindo o fin do xenocidio, o embargo de armas a Israel, a ruptura de relacións diplomáticas e económicas co apartheid e o recoñecemento pleno do Estado palestino. Desde Podemos Vigo comprometémonos a seguir sendo parte activa desta loita internacionalista e anticolonial, da man dos movementos sociais, da comunidade palestina e de todas aquelas persoas que non calan ante a barbarie.


Reunión do Círculo de Podemos Vigo

🟣 Reunión do Círculo de Podemos Vigo 🟣

📍 Local de Podemos Vigo – Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

📅 O pasado martes 13 de maio 

Na última reunión do Círculo de Podemos Vigo, celebrada no noso local da rúa Celso Emilio Ferreiro, 9  compartimos análises, propostas e debates fundamentais para seguir fortalecendo a nosa organización desde abaixo e co protagonismo das inscritas.

Foi un encontro participativo, plural e moi produtivo. Agradecemos a todas as compañeiras e compañeiros que asistiron e contribuíron co seu compromiso e ilusión.

⚠️ Seguimos traballando por un Vigo máis xusto, feminista, ecolóxico e solidario. Se queres sumar, achegarte ou propoñer, as portas do Círculo están sempre abertas todos os martes ás 18:00 horas.

📣 Si se pode!

#PodemosVigo #CírculoVigo #OrganizaciónPopular #ConstruíndoAlternativas #GalizaRebelde

O 1º de Maio e Podemos Vigo

A militancia de Podemos Vigo mobilízase o 1º de Maio pola xustiza social, o desarme e a paz

Militancia de Podemos participando na manifestación do 1º de maio en Vigo.

Este 1º de Maio, Día Internacional das Traballadoras, a militancia de Podemos Vigo participou activamente na manifestación convocada polas diferentes centrais sindicais da nosa cidade. A presenza de compañeiras e compañeiros de Podemos, acompañando a loita do movemento obreiro, reafirma o noso compromiso coa defensa dos dereitos laborais, sociais e democráticos nun contexto de crecente desigualdade, precariedade e guerra.

Nun mundo atravesado por múltiples crises —económica, ecolóxica, social, bélica…—, cada Primeiro de Maio debe ser un momento de dignidade contra o sistema que destrúe vidas e territorios para enriquecer a unha minoría. Por iso, este ano 2025, ademais da participación na marcha, lanzamos mensaxes e berros  en defensa do desarme e da paz, sumándonos á campaña contra o incremento do gasto militar, a militarización da Unión Europea e o papel cómplice do complexo industrial armamentístico.

Queremos un futuro de traballo digno, non de guerra. Mentres recortan nos servizos públicos, destinan milleiros de millóns de euros a armas, exércitos e intervencións bélicas ao servizo de intereses xeoestratéxicos alleos aos pobos. Denunciamos a hipocrisía dos gobernos que falan de paz mentres alimentan conflitos e normalizan o militarismo como única resposta aos desafíos internacionais.

Desde Podemos Vigo reivindicamos:

  • A redución radical do gasto militar e o investimento deses recursos en sanidade, educación, coidados, vivenda e transición ecolóxica.
  • A saída de España da OTAN e o impulso dunha política exterior baseada na neutralidade activa, a solidariedade internacionalista e a resolución pacífica dos conflitos.
  • O cesamento inmediato do xenocidio en Palestina e o fin da complicidade da Unión Europea e o goberno español co réxime de apartheid israelí.
  • A construción dunha Europa dos pobos e da paz, fronte á Europa fortaleza e militarizada que impoñen os lobbies da guerra.

A nosa participación no 1º de Maio é parte dun traballo máis amplo. Estamos a artellar espazos de encontro entre organizacións sociais, pacifistas, sindicais e políticas para poñer no centro do debate público a urxencia dun cambio radical de rumbo. Fronte ao fanatismo armamentista e a lóxica da destrucción, cómpre erguer unha alternativa feminista, ecoloxista, antirracista e antimilitarista. 

Agradecemos a todas as persoas que vos achegastes á manifestación.

Porque sen desarme non hai futuro.

Porque o poder está na xente organizada.

14 de abril de 2025

🔴 Podemos Vigo na rúa pola IIIª República 🟣

O pasado 14 de abril de 2025, conmemoramos o aniversario da proclamación da IIª República, e a militancia de Podemos Vigo participou activamente na manifestación republicana convocada na cidade, sumando voces e pasos a unha mobilización plural e comprometida coa memoria democrática, a xustiza social e o dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro.

🚩 A nosa presenza non foi só testemuñal, pois levamos bandeiras e sobre todo conviccións. Porque para Podemos a República non é só unha forma de Estado, senón un proxecto colectivo de dignidade, igualdade e liberdade, fronte a un réxime monárquico herdado do franquismo e blindado polos poderes económicos e mediáticos.

🟪 Defendemos unha República plurinacional, feminista, ecolóxica e popular, que poña no centro os dereitos da xente e a participación democrática. E seguiremos facéndoo, na rúa e nas institucións, canda todas as organizacións e persoas que loitan por un país máis xusto.

💜 Grazas ás compañeiras e compañeiros que representaron a Podemos Vigo nesta xornada de loita e memoria. O futuro será republicano… ou non será!

#14deAbril #República #PodemosVigo #MemoriaDemocrática #ProcesoConstituínte #GalizaRepublicana

ASEMBLEA CIDADÁ AUTONÓMICA

Estamos ás portas da Quinta Asemblea Cidadá Estatal, un momento fundamental para o futuro de Podemos. Por iso, este sábado 15 de marzo de 2025 ás 12:30 h, convidámosvos a un encontro aberto á militancia no local de Podemos A Coruña, onde contaremos coa presenza de Julio Rodríguez. Será unha oportunidade para debater, compartir ideas e construirmos xuntas o camiño a seguir. Agardámosvos!

COMPARTE 🔄

BK: https://bsky.app/profile/podemosgalicia.bsky.social/post/3lk3yawtji22c

FB: https://www.facebook.com/share/p/1FiPfFqt5Y/

IG: https://www.instagram.com/p/DHDsiIMI5vO/?igsh=aHd2cjB1Mm9jMnh0

X: https://x.com/Podemos_Galicia/status/1899419070828532171?t=GlVBL6OAVRLy4PLJHDOFvg&s=19

Podemos participou no 8M en Vigo

Manifestación do 8 M en Vigo.

A intensa chuvia que caeu na tardiña deste sábado 8 de marzo de 2025 en Vigo non impediu que milleiros de mulleres feministas saísen ás rúas para reivindicar igualdade e xustiza. A manifestación, convocada por Resposta Feminista, partiu ás 18:30 horas da Praza dos Cabalos baixo o lema “O feminismo muda a historia. Sen loita non hai futuro”.

A marcha avanzou con forza polas rúas da cidade ao ritmo de cánticos e consignas como “Non é a minisaia, non é o pantalón, na mente do machista está a provocación”, “Imos quemar, imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal” “Non estamos todas, faltan as asasinadas”, “Máis recursos e menos discursos” ou “Por moito que se molle, o feminismo non encolle”. Malia a climatoloxía adversa, a mobilización mantivo un ambiente combativo e reivindicativo até chegar á Porta do Sol, onde culminou a xornada de protesta.

Podemos Vigo participou activamente na manifestación, cunha morea de militantes que sumaron a súa voz á loita feminista. A nosa organización reafirmou o seu compromiso coa loita feminista e coa defensa dos dereitos das mulleres, insistindo na necesidade de políticas públicas que garantan avances reais e efectivos contra a violencia machista e a discriminación de xénero.

No manifesto do 8M, Resposta Feminista salientou que esta data é “un día de loita”, non de celebración, e alertou sobre a persistencia da fenda salarial, a precariedade laboral e a violencia machista. Tamén denunciaron a discriminación das mulleres migrantes e a mercantilización do corpo feminino a través da prostitución e a “opresión estética”. Subliñaron a necesidade de reforzar a coeducación e a educación sexual integral, a saúde mental con perspectiva de xénero e os servizos públicos para as mulleres, fronte á súa privatización. Finalmente, advertiron sobre o avance da ultradereita e reafirmaron que “o feminismo é un dos principais bastións contra a ultradereita, o fascismo e os seus discursos de odio”.


ASEMBLEA PODEMOS VIGO

🟣 V Asemblea Cidadá Estatal de Podemos: Participa no Debate! 🗳️✨

Este martes 25 de febreiro, ás 19:00 h, vémonos na sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9) para debater e construír xuntas o futuro do noso proxecto.

A túa voz conta! Súmate, propón e decide! 💜✊

ASEMBLEA DE PODEMOS VIGO:

🗓️ Data: Martes 25 de febreiro 

⏰ Hora: 19:00 h. 

📍Lugar: Sede de Podemos Vigo. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. Vigo. 

📢 Participa, difunde e comparte! 📣

#Podemos #VAsembleaCidadá #Participa

ASEMBLEA ORDINARIA

PODEMOS VIGO

💜 Asemblea Ordinaria de Podemos Vigo 💜

🌟 É o teu momento! 🌟

O vindeiro martes 11 de febreiro de 2025, ás 20:00 h na nosa sede de Podemos Vigo (rúa Celso Emilio Ferreiro, 9), teremos unha nova Asemblea Ordinaria. Xuntámonos para seguir traballando por un Vigo e unha Galicia mellor, xusta e inclusiva. 💪

Nós seguimos loitando. E ti, anímaste?

A túa voz é imprescindible! Necesitamos as túas ideas, a túa enerxía e o teu compromiso para continuar construíndo un futuro mellor para todas e todos. 🗣️

🔸 Cando?

📅 Martes 11 de febreiro de 2025

⏰ 20:00 h.

🔸 Onde?

📍 Sede de Podemos Vigo

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. Vigo.

💬 Participa, difunde e comparte!

Non deixes que ninguén se quede fóra. A nosa forza vén de cada unha de nós. 💜

#PodemosVigo #AsembleaPodemos #XuntasPorVigo #LuchamosXuntas

Podemos Vigo nas rúas!

Podemos Vigo non sae das rúas! Hai uns días, a nosa militancia estivo defendendo un ensino de calidade e inclusivo, xunto ás Asociacións de Nais e Pais de Alunos de Vigo, porque cremos que a educación debe ser un dereito alcanzable para todas as persoas, sen distincións. Un ensino público, gratuíto e que promova a igualdade de oportunidades é fundamental para construír unha sociedade máis xusta.

Nesa mesma xornada, tamén estivemos apoiando ao feminismo vigués, berrando xuntas por unha igualdade real entre homes e mulleres. Non podemos permitir que as desigualdades de xénero sigan marcando a nosa realidade, e por iso continuamos a loitar por un Vigo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos.

A nosa militancia segue firme, nas rúas e en todos os eidos, traballando por un futuro mellor, onde a solidariedade, a igualdade e a xustiza social sexan os alicerces sobre os que se constrúa a nosa cidade e o noso país. Seguimos!

#PodemosVigo #EducaciónPública #Feminismo #IgualdadeReal #LoitaFeminista #Dereitos

Podemos Vigo co movemento veciñal

A recente reunión de Podemos Vigo na sede da rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, coa veciñanza de Bembrive En Pé, foi unha oportunidade para escoitar de primeira man as súas preocupacións e reivindicacións sobre a futura construción do acceso da A-52 en Vigo. A nosa postura é clara: non podemos permitir que se vexan afectados os veciños nin que se danen as paisaxes da parroquia. Estamos convencidos de que o túnel non é unha alternativa sostible. A verdadeira solución pasa por apostar pola gratuidade e remodelación da AP-9, aproveitando as infraestruturas existentes para minimizar os custos públicos e o impacto medioambiental. Unha opción máis racional e respectuosa co noso entorno.

Neste sentido, desde Podemos Vigo reiteramos o noso compromiso firme co movemento veciñal, coas loitas xustas das nosas veciñas e veciños. A súa voz é fundamental para construir un Vigo máis xusto, sostible e respectuoso coas nosas parroquias e o noso entorno natural. Continuaremos traballando de xeito incansable xunto ás asociacións e colectivos que loitan polos dereitos das persoas, defendendo a súa participación activa nas decisións que afectan directamente ás súas vidas. O futuro de Vigo só pode construírse de maneira colectiva, escoitando a quen mellor coñece a súa realidade.

#PodemosVigo #Bembrive #Sostibilidade #Infraestruturas #AP9