Soberanía alimentaria para Galicia

Comunicado de Prensa de Podemos Vigo: Propostas para unha Soberanía Alimentaria Galega

Óscar Lomba presentou hoxe as medidas de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024

O candidato vigués de Podemos, Óscar Lomba, presentou hoxe na sede de Podemos Vigo o capítulo 14 do programa de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024. As propostas centradas na soberanía alimentaria buscan fortalecer sectores clave da economía galega, como o sector naval, pesqueiro e conserveiro, así como impulsar a economía rural e agrícola na provincia de Pontevedra e en toda Galicia.

Resumo das Propostas principais:

  1. PAC adaptada ás necesidades galegas: A Política Agrícola Común (PAC) priorizará os pequenos e medianos produtores galegos, eliminando os dereitos históricos que favorecen un reparto inxusto. Ademais, establecerase un límite máximo para as axudas por explotación e axudas complementarias para mulleres e mozos/as, reforzando a condicionalidade ambiental e laboral.
  2. Lei da Cadea Alimentaria: Defenderase a aprobación dunha directiva marco que regule a cadea alimentaria, protexendo o sector primario galego fronte ás prácticas abusivas dos grandes operadores. Prohibirase a venda a perdas e a «venda a resultas», garantindo prezos sostibles para os produtores galegos.
  3. Plan de axudas para zonas con limitacións naturais: Entre 2023 e 2027, destinaranse fondos específicos para apoiar as zonas rurais con limitacións naturais en Galicia, co fin de evitar a «uberización» do campo e asegurar a viabilidade das pequenas e medianas explotacións.
  4. Moratoria a novas macroexplotacións: Impulsarase unha moratoria indefinida para a apertura de novas macroexplotacións e a compra de terras fértiles por fondos de investimento e grandes corporacións, protexendo así a agricultura familiar e sostible galega.
  5. Plan de emerxencia para a seca: A UE non deixará caer ningunha explotación galega afectada pola seca ou outros desastres naturais, excluíndo destas axudas ás macroexplotacións. Proporase tamén un control das importacións que afecten negativamente os prezos das producións autóctonas.
  6. Protección de cultivos e variedades tradicionais: Promoverase a protección dos cultivos tradicionais galegos, implementando mecanismos de trazabilidade e etiquetado, así como apoio técnico e financeiro para os pequenos e medianos produtores.
  7. Soberanía enerxética no campo: Incrementaranse as inversións en enerxías renovables para reducir a dependencia enerxética das explotacións agrarias galegas, mellorando a eficiencia dos sistemas de rega e impulsando a transformación dixital.
  8. Reforma da tarifa eléctrica para o sector primario: Proporase un contrato específico que se adapte ás necesidades enerxéticas estacionais do sector primario, recomendando exencións fiscais parciais para as pequenas e medianas explotacións.
  9. Incorporación da mocidade ao sector primario: Promoverase a formación profesional continua e a creación de servizos públicos de asesoramento para mellorar a xestión das explotacións. Estableceranse axudas directas para a instalación de novos agricultores e gandeiros, con enfoque de xénero e facilitando o acceso á terra e recursos.
  10. Cláusulas espello nos tratados internacionais: Garantirase que todos os produtos importados cumpran cos estándares de produción da UE, evitando a competencia desleal e protexendo os produtores locais.
  11. Protección da produción familiar e extensiva: Impulsarase a aprobación dunha normativa europea que defina e protexa a produción familiar galega, fomentando prácticas sostibles e recuperando a gandería tradicional, anida que incorporando as melloras tecnológicas necesarias.
  12. Apoio á agricultura e gandería ecolóxica: A UE priorizará unha agricultura e gandería máis respectuosas co medio ambiente, establecendo un sistema de mínimos sanitarios que facilite a operación de pequenas industrias de transformación.
  13. Representatividade democrática do sector primario: Crearase un marco de colaboración transparente e democrático para asegurar que a voz dos agricultores e gandeiros galegos estea presente na toma de decisións.
  14. Fin do glifosato: Traballaremos para suspender a autorización do herbicida glifosato na UE, aplicando o principio de precaución pola súa posible carcinoxenicidade.

Política Pesqueira Común (PPC):

  1. Reparto xusto das cotas pesqueiras: Impulsarase un reparto socioeconómicamente xusto das cotas de pesca, garantindo ingresos dignos para os produtores e a incorporación de mulleres no sector.
  2. Acuicultura sostible: Promoverase unha transición cara a unha acuicultura máis sostible, prohibindo a cría de polbos e suspendendo licencias para granxas intensivas.
  3. Coxestión das pesqueiras: Desenvolveranse figuras xurídicas para a coxestión das pesqueiras, incluíndo todos os actores interesados, para asegurar unha pesca sostible.
  4. Acordos pesqueiros xustos: Adoptaranse acordos que garantan prácticas social e medioambientalmente responsables en augas internacionais.
  5. Protección fronte á contaminación: Estableceranse medidas eficaces contra a contaminación que afecta ao sector marisqueiro galego, incrementando o esforzo investigador para asegurar a viabilidade do sector.

Dereito á auga:

  1. Dereito humano ao auga e saneamento: Garantirase a xestión pública da auga e do saneamento, revisando a Directiva Bolkestein.
  2. Xestión intelixente do auga: Promoverase unha planificación hidrolóxica eficiente e ecolóxica, controlando os plans hidrolóxicos de concas e interrompendo proxectos que beneficien soamente ás grandes construtoras.
  3. Estratexias de adaptación ao cambio climático: Estableceranse estratexias de mitigación e adaptación en materia de xestión de augas para asegurar un sector agropecuario sostible.
  4. Reutilización de augas depuradas: Promoverase a aprobación dunha directiva sobre recirculación e reutilización de augas depuradas.
  5. Saneamento para núcleos rurais: Traballarase para que a UE cofinancie instalacións de saneamento en núcleos rurais galegos.

Alimentación:

  1. Dereito humano á alimentación: Establecerase un regulamento que reoriente a política alimentaria da UE cara a este dereito.
  2. Seguridade alimentaria: Reforzarase a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, asegurando a súa independencia das presións da industria.
  3. Alimentación máis saudable e sustentable: Promoveranse hábitos alimentarios baseados en produtos vexetais de produción próxima, eliminando a publicidade de alimentos pouco saudables dirixida a nenos.
  4. Cesta básica europea: Limitaranse os prezos da cesta básica mediante a intervención sobre os márgenes empresariais.
  5. Axudas á alimentación: Modificarase o modelo de donación de alimentos para familias vulnerables, fomentando unha dieta saudable e de calidade.
  6. Fin do desperdicio de alimentos: Estableceranse obxectivos de redución do desperdicio alimentario no procesamento e nos fogares.
  7. Etiqueta clara e fiscalidade alimentaria: Establecerase unha etiquetaxe clara e un IVA máis alto para alimentos ultraprocesados, restrinxindo a publicidade de comida lixo.

Podemos Vigo salienta a importancia destas medidas para garantir un futuro sostible e xusto para todos os galegos, reforzando a economía local e protexendo os recursos naturais de Galicia.

Vigo, 2 de xuño de 2024

DEREITO Á INFORMACIÓN E Á CULTURA

Óscar Lomba presentou hoxe en Bouzas o programa europeo de Podemos para democratizar a información, a cultura e o deporte

O candidato ao Parlamento Europeo explicou as medidas clave do Capítulo 7 do programa de Podemos ás Eleccións Europeas 2024 para garantir o acceso equitativo á información e á cultura.

Hoxe domingo 2 de xuño, o equipo de campaña de Podemos Vigo estivo presente no mercadiño de Bouzas, onde o candidato ao Parlamento Europeo 2024, Óscar Lomba, presentou o programa de Podemos para Europa, centrado no Capítulo 7: Dereito á Información, Cultura e Deporte. Lomba salientou a importancia de democratizar estes ámbitos para garantir unha sociedade máis xusta e equitativa.

Entre as medidas presentadas, Lomba subliñou a necesidade de limitar a concentración do poder mediático, propoñendo que bancos e fondos voitre só poidan alcanzar un 10% da propiedade dos medios de comunicación. Esta iniciativa ten como obxectivo asegurar que os grandes poderes financeiros non poidan controlar a comunicación e a formación da opinión pública.

Tamén se propuxo a creación dun Observatorio Europeo da Desinformación para combater os bulos e as noticias falsas, así como unha rede social pública europea baixo control democrático que ofreza unha alternativa ás redes sociais privadas.

A creación dunha radiotelevisión pública europea foi outra das medidas salientadas, cunha xestión independente e transparente para promover unha identidade compartida baseada nos valores da UE.

Lomba explicou que un Pacto Europeo pola Cultura garantiría a independencia, accesibilidade e sustentabilidade do sector cultural europeo. Ademais, propuxo aumentar os recursos destinados á cultura e reducir o IVE dos produtos culturais para facelos máis accesibles.

O recoñecemento da diversidade cultural e lingüística europea foi outro punto clave do programa, así como a promoción de intercambios culturais e a potenciación do patrimonio audiovisual compartido.

Finalmente, o candidato salientou a importancia de impulsar un Estatuto Europeo do Traballador e Traballadora da Cultura para garantir os seus dereitos laborais e a protección social, así como o control dos beneficios derivados da difusión e distribución da cultura para asegurar que cheguen a quen realmente traballa neste sector.

Óscar Lomba concluíu a súa intervención facendo un chamamento á cidadanía para apoiar estas medidas e construirmos xuntas unha Europa máis inclusiva, democrática e culturalmente rica.

Unha Europa con Futuro e Autonomía Estratéxica.

Podemos Vigo Presentou a Proposta de Podemos para unha Europa con Futuro e Autonomía Estratéxica

Un modelo económico xusto e inclusivo para unha Europa soberana e resiliente

Podemos Vigo anunciou o seu programa electoral para as Eleccións Europeas de 2024, centrado en transformar as políticas da Unión Europea para promover xustiza económica, social e ambiental. A proposta avoga por unha Europa que responda ás necesidades dos seus cidadáns, enfronte con decisión a emerxencia climática e recupere a súa autonomía estratéxica.

Un Novo Modelo Económico para a Unión Europea

A crise sanitaria e a invasión de Ucraína evidenciaron a necesidade dun cambio de rumbo nas políticas europeas. Podemos Vigo defende a creación dun modelo de desenvolvemento que supere o neoliberalismo, que demostrou estar esgotado e non pode volver en forma de austeridade, recortes e privatizacións. É urxente substituír o Pacto de Estabilidade e Crecemento, que impón restricións insostibles sobre a débeda e o déficit, impedindo o investimento en servizos públicos e a construción de sociedades xustas.

Reforma da Gobernanza Económica do Euro

Podemos Vigo propón unha reforma radical da gobernanza económica do euro, cuxo actual deseño supervisa as contas dos Estados sen considerar obxectivos sociais. Un exemplo disto son as subidas dos tipos de xuro por parte do Banco Central Europeo, que agravan o sufrimento de millóns de familias en lugar de promover o emprego. A economía debe estar ao servizo da cidadanía e o medio ambiente, democratizando a toma de decisións e eliminando a corrupción e a impunidade no ámbito económico.

Política Fiscal Xusta e Equitativa

A Unión Europea non pode seguir sendo un refuxio para a fraude e os paraísos fiscais. É esencial combater a evasión fiscal e asegurar que os recursos públicos se utilicen para o beneficio de todos. A política fiscal debe ser unha ferramenta para reducir a desigualdade e garantir que os intereses das elites non prevalezan sobre os da cidadanía.

Transición Ecolóxica Xusta

A emerxencia climática require unha transición ecolóxica que beneficie a todas as persoas e territorios. Podemos aposta por unha reindustrialización baseada en economías verdes e produtivas, co obxectivo de descarbonizar a economía e crear un sistema económico sustentable. Esta transición debe ser xusta, con planificación económica e regulación pública, asegurando que non se vendan os nosos recursos ao mellor postor.

Soberanía en Enerxía e Tecnoloxía

A soberanía sobre os nosos recursos é fudamental. Podemos defende a creación de empresas públicas de enerxía que garantan prezos xustos e eliminen a especulación. Tamén é necesario acabar cos privilexios das grandes compañías enerxéticas e as subvencións á industria fósil. Ademais, a soberanía tecnolóxica é esencial nun mundo dixital dominado por unhas poucas empresas. A Unión Europea debe facer da tecnoloxía un sector estratéxico que impulse o cambio de modelo e mellore os dereitos laborais e as condicións de vida.

Cara unha Produción e Consumo Sustentable

Podemos promove un modelo de produción e consumo de alimentos autónomo e sustentable. A Unión Europea debe reformar a súa política agraria para que sexa unha ferramenta de benestar para o campo. A dixitalización e a intelixencia artificial deben ser utilizadas para avanzar en dereitos laborais e crear novas e mellores formas de vida.

Podemos cre firmemente que a autonomía estratéxica é un piar fundamental do novo pacto social e climático europeo que as nosas sociedades esixen. Con estas propostas, aspiramos a construír unha Europa máis xusta, resiliente e sustentable.

PODES CONSULTAR O PROGRAMA COMPLETO DE PODEMOS: PROGRAMA PODEMOS

Dereitos Laborais no Programa para Europa de Podemos

Óscar Lomba presentou en Ponteareas o programa de dereitos laborais de Podemos para as eleccións europeas 2024

Óscar Lomba, candidato de Podemos ao Parlamento Europeo, visitou hoxe Ponteareas para expoñer a propostas clave de Podemos en materia de dereitos laborais. Acompañado polo seu equipo de campaña, Lomba compartiu cos asistentes do mercadillo local de Ponteareas as iniciativas que Podemos defenderá en Bruxelas, salientando a xornada laboral de 30 horas, a redución da fenda salarial e a democratización das empresas.

Na súa intervención, Lomba salientou a necesidade dunha xornada laboral de 30 horas semanais para mellorar a calidade de vida e fomentar unha distribución equitativa do traballo doméstico e de coidados entre homes e mulleres. «Queremos máis tempo para vivir e avanzar cara á corresponsabilidade«, afirmou. Ademais, salientou a importancia de racionalizar os horarios laborais e promover o teletraballo, así como protexer os tempos de desconexión e establecer plans de respiro familiar.

Entre as propostas económicas, Lomba falou da necesidade dunha «Garantía europea de crecemento salarial» que reconecte os salarios coa produtividade e restitúa o peso dos salarios na renda dos Estados ao nivel previo á crise de 2008. Tamén defendeu un salario mínimo digno do 75% do salario medio, equivalente a 1.600€ ao mes en España, para garantir unha vida digna a todos as traballadoras e traballadores europeos.

A loita contra a fenda salarial e a desigualdade tamén é un piar central do programa. Podemos propón limitar a diferenza salarial nunha empresa a 20 veces o salario máis baixo e desenvolver normativas para asegurar unha repartición equitativa dos resultados empresariais. Así mesmo, Lomba salientou a necesidade de reforzar a protección contra o despedimento, propoñendo indemnizacións que compensen a perda real do traballador.

Podemos tamén avoga pola creación dun seguro de desemprego europeo e unha protección especial para as mozas e mozos, que condicionen ao tempo cotizado e teñan en conta a intermitencia no emprego. Ademais, impúlsase a figura do traballador autónomo vulnerable para protexer aos máis precarios e frear a uberización da economía mediante unha normativa xusta para a economía dixital.

En canto á democratización das empresas, Lomba mencionou o apoio ás empresas de economía social e a obrigatoriedade da coxestión en empresas de máis de 50 traballadores, para que estes participen na dirección con voz e voto.

Finalmente, Lomba salientou a importancia dunhas pensións dignas e a estratexia europea para elevar as pensións máis baixas, asegurando que nunca estean por baixo do limiar da pobreza e avanzando cara á redución da fenda de xénero nas pensións.

A visita de Óscar Lomba e o equipo de campaña a Ponteareas foi unha oportunidade para conectar coa cidadanía e compartir as propostas programáticas de Podemos para construír unha Europa máis xusta e equitativa en termos laborais. A militancia de Podemos continuará a súa campaña en diversos puntos de Galicia, levando esta mensaxe a todos os recantos de Vigo e Pontevedra.

Podemos en Ponteareas Eleccións Europeas 2024

📖 AXENDA DE CAMPAÑA DE PODEMOS DE HOXE

🗓 Data: 1 de xuño de 2024
⏰ Hora: 11:00 h.
📍Lugar: Ponteareas

1 de xuño (Sábado)

11:00 horas:

  • Colocación de carpa de Podemos en Ponteareas. O candidato Óscar Lomba e parte do equipo de campaña estarán repartiendo propaganda electoral en Ponteareas.
  • ⁠Intervención de Óscar Lomba (Candidato Galego de PODEMOS ás Eleccións Europeas).

🟣Área de Comunicación de Podemos Vigo📢 ✏️

Plan Integral para a Educación, Sanidade, Inclusión e Dependencia

Podemos Presentou en Cangas o seu Ambicioso Programa para as Eleccións Europeas 2024

Un Plan Integral para a Educación, Sanidade, Inclusión e Dependencia na Unión Europea

Lomba defendeu hoxe o programa social de Podemos para Europa

O equipo de campaña de Podemos Vigo visitou hoxe Cangas do Morrazo para repartir folletos e explicar o seu programa de dereitos sociais para Europa. Durante o paseo, Óscar Lomba salientou a importancia de reforzar os servizos públicos e garantir os dereitos sociais de toda a cidadanía da Unión Europea.

Nun esforzo por transformar a Unión Europea nun espazo máis xusto e equitativo, Podemos, co seu candidato de Vigo, Óscar Lomba, presentou hoxe en Cangas do Morrazo un completo programa de dereitos sociais dirixido á maioría social de Vigo, Cangas e Pontevedra. Este programa abrangue áreas fundamentais como a educación, a sanidade, a inclusión e a dependencia, con medidas específicas que procuran mellorar a calidade de vida da cidadanía en Vigo e na provincia de Pontevedra.

Educación

Podemos no seu Programa Electoral para as Eleccións Europeas aposta por unha educación pública de xestión directa, gratuíta e de calidade, desde o nacemento ata a universidade. Garántese a gratuidade efectiva da educación desde os 0 ata os 18 anos, incluíndo libros, material escolar, comedor e transporte. Ademais, promoverase un investimento educativo mínimo do 5% do PIB en todos os países da UE e evitarase a segregación económica e social nos sistemas educativos. Óscar Lomba salienta a importancia de acadar unha rede educativa pública que cubra o 90% da demanda na próxima década e de desenvolver programas de alfabetización dixital e prevención do bullying.

Sanidade

O programa para Europa de Podemos propón un modelo de saúde que considere o benestar e a autonomía sobre o propio corpo. Garántese o dereito á interrupción voluntaria do embarazo de forma segura, libre e gratuíta, así como o acceso a unha atención de calidade da saúde mental. Poñerase fin á privatización da sanidade, apoiando a xestión pública directa de centros e recursos sanitarios, e mellorarase a transparencia e control no sector farmacéutico. Lomba salientou a necesidade dunha Lei Europea Integral de Saúde Mental e de incluír servizos de saúde bucodental, oftalmolóxica, auditiva e fisioterapia na carteira pública de servizos de saúde.

Inclusión

Podemos comprométese a garantir os dereitos das persoas con diversidade funcional, promovendo a súa inserción laboral e mellorando as prestacións para material ortoprotésico. Deseñaranse programas de accesibilidade en edificios públicos e espazos inclusivos, asegurando que as persoas con mobilidade reducida poidan viaxar coa totalidade do material ortoprotésico necesario. Ademais, loitarase contra a discriminación que sofren as persoas con VIH e implementaranse recursos específicos para mulleres e nenas con discapacidade, co fin de erradicar prácticas contrarias aos dereitos humanos.

Dependencia

Lomba explicou hoxe que para Podemos é fundamental impulsar un modelo de atención á dependencia que sexa público, universal e gratuíto, garantindo a autonomía funcional sen cargar aos familiares. Promoverase a construción de centros sociosanitarios que fomenten un cambio de modelo nas infraestruturas para coidados de longa duración, afastándose dos macrocentros.

Vivenda

O programa inclúe medidas para defender a vivenda fronte á especulación e asegurar o acceso a unha vivenda digna e alcanzable. Prohibirase a posesión de vivendas por fondos voitre e regularanse os prezos do alugueiro para que non superen o 30% dos ingresos do fogar. Ademais, consolidaranse parques públicos de vivenda en alugueiro a prezos alcanzables, priorizando a persoas novas e colectivos en risco de exclusión social. Óscar Lomba tamén propuxo a creación dun Fondo de Responsabilidade Social Europeo para protexer aos consumidores e debedores hipotecarios.

Con este plan, Podemos busca construír unha Europa máis xusta e equitativa, garantindo os dereitos fundamentais da educación, a sanidade, a inclusión e a dependencia para toda a cidadanía de Vigo e Pontevedra.

PODES LER O PROGRAMA COMPLETO DE PODEMOS PULSANDO SOBRE ESTE LINK: PROGRAMA COMPLETO

Vigo, 31 de maio de 2024

Podemos en Nigrán, Ramallosa e Baiona.

O equipo de campaña de Podemos estivo repartindo propaganda electoral en Baiona, coa intención de achegar as súas propostas á veciñanza. Durante a xornada, o candidato Óscar Lomba Álvarez salientou a importancia de apoiar a candidatura de Irene Montero ao Parlamento Europeo nas eleccións de 2024.

Lomba explicou que Irene Montero simboliza a defensa de valores esenciais como a Paz, os dereitos humanos, o feminismo e a xustiza social. Na súa intervención, subliñou que a candidatura de Montero é fundamental para avanzar cara a unha Europa máis igualitaria e xusta, onde se respecten os dereitos de todas as persoas sen excepción.

O candidato tamén destacou o compromiso de Montero coa loita contra as desigualdades e a discriminación, tanto de xénero como social e económica. Salientou a importancia de ter representantes no Parlamento Europeo que defendan políticas que favorezan a inclusión e a equidade, e que promovan o benestar das persoas máis vulnerables.

Ademais, Lomba fixo fincapé na necesidade de promover a Paz en Europa e no mundo, argumentando que só a través do diálogo e a cooperación internacional se poden resolver os conflitos e garantir un futuro seguro para as próximas xeracións.

O equipo de campaña de Podemos animou á veciñanza de Baiona e arredores a informarse sobre as propostas da súa candidatura e a participar activamente nas eleccións, destacando que cada voto é crucial para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. A xornada concluíu cunha chamada á participación cidadá, salientando a importancia de exercer o dereito ao voto para impulsar o cambio social.

Podemos Vigo Impulsará Melloras en Infraestruturas e Conectividade

Comunicado de Prensa

Podemos Vigo Impulsará Melloras en Infraestruturas e Conectividade

Podemos Vigo anuncia a súa aposta firme pola mellora das infraestruturas e a conectividade na cidade, con propostas clave para o transporte público e as infraestruturas estratéxicas. Estas iniciativas buscan fomentar un crecemento sostible e fortalecer a conexión de Vigo co resto de Galicia e Europa.

Podemos Vigo anuncia a súa aposta firme pola mellora das infraestruturas e a conectividade na cidade, con propostas clave para o transporte público e as infraestruturas estratéxicas. Estas iniciativas buscan fomentar un crecemento sostible e fortalecer a conexión de Vigo co resto de Galicia e Europa.

Óscar Lomba Álvarez, candidato de Podemos Vigo ao Parlamento Europeo, salientou a importancia de investir en transporte público eficiente e sostible. “A nosa prioridade é transformar o sistema de transporte para facelo máis accesible, ecolóxico e eficaz. Queremos que Vigo sexa un exemplo de mobilidade urbana sostible, co obxectivo de reducir a contaminación e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, declarou Lomba.

Dentro deste plan, Podemos Vigo impulsará as medidas oportunas para obrigar ás localidades con máis de 50.000 habitantes e ás empresas con máis de 100 empregados a establecer plans de mobilidade que inclúan rutas, acceso e transporte alternativo ao coche privado, como o transporte público e a bicicleta, así como formación en mobilidade sostible. Os plans de ordenación do territorio deberán axeitar as infraestruturas e a frecuencia e calidade do transporte público para facer posible e xusta esta nova mobilidade, asegurando a participación cidadá.

Ademais, Podemos promoverá, en colaboración coas administracións competentes dos Estados, a creación dunha tarxeta europea de transporte que dará acceso gratuíto a transportes colectivos de ámbitos urbano e metropolitano, comarcal, entre illas e provincial. Ao mesmo tempo, a UE apoiará un aumento da calidade e frecuencia destes transportes.

Tamén inclúese a modernización do porto de Vigo e melloras na rede de estradas e ferrocarrís. “As infraestruturas estratéxicas son claves para o futuro da nosa cidade. Apostamos por unha Vigo ben conectado, que sexa un punto de referencia para o comercio e o turismo sostible”, engadiu Lomba.

Podemos Vigo reafirma así o seu compromiso coa mellora continua das infraestruturas e a conectividade, coa vista posta nun futuro sostible e próspero para todos as viguesas e vigueses.

Vigo, 31 de maio de 2024

Pablo Iglesias na Festa da Primavera 2024

INTERVENCIÓN DE PABLO IGLESIAS

(Tradución ao galego: Alberte Cid García)

Mesa de Xeopolítica na Festa da Primavera 2024 de Podemos.

Boa tarde a todos e todas. Grazas por estar aquí hoxe. Querería comezar falando da democracia en Europa. 

A democracia non é unha ideoloxía nin tampouco un mínimo común denominar, no sentido de que sexa unha sorte de consenso social. É unha correlación de forzas. É probable que a correlación de forzas máis favorable ás maiorías sociais na medida en que nunha democracia por moi imperfecta que sexa hai unha serie de dereitos civís, mesmo ás veces algúns dereitos sociais, que en xeral favorecen que as mayorias sociais teñan algunha posibilidade de disputar o poder que sempre está en mans de minorías, de elites e oligarquías. Se hai democracia en teoría un pode votar nunhas eleccións, incluso un pode organizar un partido político, pode reunirse, pode manifestarse, mesmo se ten cartos pode abrir un xornal, e por iso suponse que hai un estado de dereito, que fai que ninguén, nin sequera os poderosos, as elites económicas e resto de poderes fácticos, estean por riba da lei. 

Porén que quere dicir que a democracia é unha correlación de forzas? Pois que se os resultados das eleccións en democracia afectan os intereses das elites e as oligarquías, entón a democracia ponse en cuestión. Se observamos o exemplo chileno, en Chile houbo democracia ata que a democracia produciu como resultado que Salvador Allende fose presidente da República. Entón, a partir de aí hai toda unha trama, inicialmente non militar, unha trama civil na que está o principal medio de comunicación da dereita, “El Mercurio”; na que está a dereita política, porén tamén a democracia cristiá, no que están os grandes sectores do empresariado, no que conspira os Estados Unidos a través do financiamento do que terminaría sendo un golpe de estado, e finalmente están os militares. 

Que quere dicir isto? Que se a democracia produce resultados que afectan ás elites, entón acabouse a democracia. Isto non simplemente é un exemplo histórico en Chile. Esto pasa en todas partes. A exclusión histórica de determinadas forzas políticas nos gobernos de Europa é un exemplo de que democracia si, sempre que os vermellos non gobernen. A experiencia chilena levou aos comunistas italianos do PCI a chegar á conclusión de que tiñan que pactar coa democracia cristiá e aceptar a OTAN para ter algunha posibilidade de chegar ao consello de ministros e nin aínda así puideron chegar. En tempos máis recentes, lembrade o que implicaba que unha forza política como Podemos chegase al goberno. Ou cando se dicía, bo se chega Podemos ao goberno non poderán ter ministerios de Estado porque os ministerios de Estado soamente poden estar ocupados por figuras afíns ou próximas ás oligarquías e as elites económicas dominantes e demais sectores que dominan os resortes do poder real. O Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-León, José Luis Concepción, chegou a afirmar, sen recibir ningún tipo de sanción por iso, que o goberno de España non era lexitimo porque había un vicepresidente comunista no goberno de España. 

Isto que quere dicir? Que a democracia non é un consenso. É unha correlación de forzas que se produce resultados que poden alterar esa correlación de forzas… vénse abaixo. A partir de aí eu creo que soamente unha forza política en España atreveuse a dicir cousas que se supón que non se podian dicir, en base aos consensos democráticos. Dicir algo tan sinxelo que se a esquerda non ten poder mediático a esquerda non ten ningunha posibilidade, porque os medios de comunicación nunca xamais foron independentes. Na Transición democrática tampouco. O diario El PAÍS non era un medio de comunicación independente na Transición. A dinámica corporativa de control das grandes empresas dos medios de comunicación non era libre na Transcición. 

Na transición aparecía a xornalista María Victoria Prego entrevistando a Adolfo Suárez, e cando se trataba de falar de por que non facíase un referendo monarquía-república, quitábase o micrófono [Suárez] para dicirlle fóra de micro a [Vitoria Prego] [off the récord]: “Isto non se pode contar pois se fixésemos un referendo perderiámolo”. En España a dereita sempre tivo perfectamente claro que tiñan que controlar os principais grupos mediáticos. En España, por exemplo, a Conferencia Episcopal ten unha cadea de radio e unha estación de televisión. E os sindicatos nunca expuxeron a posibilidade de que puidesen ter un xornal, unha radio ou unha televisión que fose propiedade dos propios sindicatos. Os ricos, as elites dominantes, os poderosos teñen universidades, teñen o control da educación e teñen a propiedade dos grandes medios de comunicación. 

Pensades que un xornalistas pode escribir contra o interese dos accionistas que financian o seu medio de comunicación? E do mesmo xeito que a correlación mediática de forzas é condición de posibilidade do éxito político, espazos políticos como a xudicatura, como as elites do exercito e das forzas e corpos de seguridade do Estado son condición de posibilidade para ter éxito. Que esquerda en España foi quen de dicir que mentres a dereita domine o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) será imposible levar a cabo calquera proxecto político transformador neste país?. 

A dereita ten moi claro que ten que controlar o poder xudicial, porque sen controlar o poder xudicial non poderían levar a cabo o seu proxecto político. Vémolo na ofensiva política dos xuíces, vémolo na batalla xudicial ou Lawfare, pero vémolo en dinámicas de bloqueo absolutamente golpistas. Que esquerda foi quen de dicir que en España fai falta xente verdadeiramente de esquerdas no exército, na policía e na garda civil? 

E ter que recibir insultos das esquerdas clásicas que dicían: “Non!. A xente de esquerda non pode asumir que hai que dar tamén o combate nas institucións do estado”. A esquerda que se atreveu a dicir todas estas cousas valentes, foi Podemos. Podemos chegou afirmar que hai corrupción no xornalismo, hai corrupción nas elites policiais das cloacas do estado, hai corrupción nas elites económicas deste país e hai que dar a disputa política tamén nese espazo, porque a democracia non é soamente presentarse ás eleccións cada 4 anos. 

A democracia é tamén que xente de clase traballadora  poida chegar a ser fiscal ou chegar a ser maxistrado-xuíz. democracia tamén é que xentes de clase traballadora e con ideas de esquerda poida ser un alto mando do exercito ou poida ser un mando policial ou da Garda Civil. E iso porque se iso non pasa, aínda que teñamos os votos suficientes, aínda que teñamos os votos para chegar ao goberno, no momento en que gañas as eleccións e chegas ao goberno…o poder ser fai valer. O poder mediático faise valer. Os grandes corruptos en España teñen carné de xornalista e son capaces de impoñer o medo e os seus compañeiros non se atreven a denunciar a corrupción evidente. 

Como é posible que ningún medio de comunicación se atreva a difundir os audios nos que escoitamos ao director da Sexta televisión conspirar co comisario Villarejo, Mauricio Casals e cun xefe de unidades antiterrosristas? Como é posible que ata o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez estea aterrorizado ante Ferreras e que diga que ten medo que ataquen á súa muller despois de escoitar os audios nos que o xornalista da Sexta TV Antonio García Ferreras, conspira contra a muller de Pedro Sánchez e estenda a trola dos inexistentes prostibulos do pai de Begoña Gómez [muller de Pedro Sánchez]? E como é posible que malia de todo isto, Pedro Sánchez conceda unha entrevista a Ferreras? Hai democracia cando o presidente do goberno ten medo a Ferreras? Hai democracia cando o presidente do goberno de España non se atreve a cambiar a lei para evitar que a dereita siga controlando o Consello Xeral do Poder Xudicial?. 

Por iso estas eleccións europeas de 2024 son tan importantes. Porque fai falta unha esquerda transformadora e valente que sinale onde está o poder e que estea disposta a disputar o poder en todos eses terreos. No terreo mediático, que é un terreo ideolóxico, e tamén no terreo do estado. Por iso tiñan medo a Podemos, por iso querían destruír a Podemos, por iso necesitaban unha esquerda cómoda e domesticada, como Sumar, coa que poder gobernar. E iso porque Podemos dixo sempre que nós estabamos aquí para disputar o poder.

Pablo Iglesias Turrión

Por un Futuro de Paz e Dereitos

Por un futuro de paz e dereitos

Ideas Forza do Programa 2024 de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo

1. Prohibición de Fondos Voitre en Vivenda: Impulso dunha directiva europea que prohiba aos fondos voitre comprar vivendas para reducir os alugueiros e asegurar que os mesmos non superen o 30% dos ingresos familiares. Limitación dos aloxamentos turísticos ao 2% do volume de alugueiro residencial.

2. Dereito ao Aborto e Saúde Reprodutiva: Garantir o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto en toda a UE, incluíndoo como dereito na carta de dereitos fundamentais da UE. Incluír dereitos á saúde reprodutiva, saúde menstrual e anticonceptivo.

3. Plan contra a Pobreza Infantil: Implementar unha prestación económica para familias de 2.400 a 3.600 euros anuais, e estender a educación pública obrigatoria desde os 0 ata os 3 anos.

4. Farmacéutica Pública e Control de Prezos: Creación dunha farmacéutica pública europea e establecemento dun tope aos prezos dos medicamentos, sancionando a empresas en casos de desabastecemento de fármacos esenciais.

5. Sistema Europeo de Coidados: Proposta de permisos de paternidade e maternidade de polo menos 36 semanas, estendidos ao dobre para familias monomarentais ou monoparentais, e creación dun sistema público de coidados, xestionado publicamente para evitar a privatización deste dereito.

6. Servizo Público de Salvamento Marítimo: Creación dun sistema europeo de salvamento marítimo para reducir as mortes no mar e eliminación dos Centros de Internamento de Estranxeiros.

7. Redución do Gasto Militar: Proposta de redución do gasto militar en Europa, priorizando esforzos nunha mesa de negociación para o conflito en Ucraína e traballando para frear as accións de Israel en Gaza, incluíndo a ruptura de relacións diplomáticas.

8. Defensa da Paz e os Dereitos: Resistencia á escalada de políticas reaccionarias en Europa, incluíndo políticas antiabortistas, zonas de exclusión LGTBI, e políticas migratorias violentas. Defensa da paz como vía para avanzar en dereitos humanos e sociais.

Para persuadir aos votantes de Podemos de que os oito puntos do noso programa para as eleccións ao Parlamento Europeo 2024 poden materializarse, é necesario ofrecer unha explicación detallada, realista e concreta de como estas medidas poden poñerse en marcha e desenvolverse na práctica. A continuación, preséntase unha análise exhaustiva de cada un destes puntos e as vías polas que poden ser levados adiante, considerando os mecanismos lexislativos, administrativos e sociais necesarios para a súa realización.

1. Prohibición de Fondos Voitre en Vivenda

Proposta:

Impulsar unha directiva europea que prohiba aos fondos voitre a compra de vivendas para reducir os alugueiros e asegurar que estes non superen o 30% dos ingresos familiares, limitando os aloxamentos turísticos ao 2% do volume de alugueiro residencial.

Desenvolvemento:

1. Diagnóstico e Análise de Impacto: Iniciar cun estudo exhaustivo sobre o impacto dos fondos voitre no mercado da vivenda en Europa. Esta análise debe ser realizado por un grupo de traballo composto por economistas, urbanistas e sociólogos, e debe incluír datos de todos os estados membro da UE.

2. Proposta Lexislativa: Baseándose nos resultados do estudo, redactar unha proposta de directiva que defina claramente que se entende ou como definimos os «fondos voitre» e establecer as restricións á súa participación no mercado inmobiliario. Esta directiva debe incluír mecanismos de control e sanción para asegurar o seu cumprimento.

3. Coalición de Apoio: Formar alianzas con outros partidos e movementos sociais europeos que comparten a mesma preocupación sobre o acceso á vivenda. A colaboración con estes grupos pode fortalecer o apoio á directiva no Parlamento Europeo.

4. Desenvolvemento estatal: Cada país membro da UE deberá transpoñer a directiva á súa lexislación nacional. En España, por exemplo, o goberno podería establecer axencias de vivenda públicas que xestionen o alugueiro de vivendas alcanzables e supervisen que os prezos non excedan o 30% dos ingresos familiares.

5. Vixilancia e Avaliación: Crear un organismo europeo de vixilancia do mercado da vivenda que monitoree a implementación e efectividade da directiva, asegurando que se cumpran os obxectivos de reducir os prezos de alugueiro e limitar a influencia dos fondos voitre.

2. Dereito ao Aborto e Saúde Reprodutiva

Proposta: Garantir o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto en toda a UE, incluíndoo como dereito na carta de dereitos fundamentais da UE. Incluír dereitos á saúde reprodutiva, saúde menstrual e anticonceptivo.

Desenvolvemento:

1. Revisión de Lexislación Existente: Realizar unha análise da lexislación sobre o aborto e saúde reprodutiva en todos os estados membro para identificar as barreiras legais e culturais que impiden o acceso universal a estes servizos.

2. Campaña de Concienciación: Desenvolver unha campaña a nivel europeo para educar sobre a importancia dos dereitos reprodutivos, apoiada por organizacións feministas e de dereitos humanos. A campaña debe incluír testemuños de mulleres e profesionais da saúde.

3. Directiva Europea: Propoñer unha directiva que obrigue a todos os estados membro a garantir o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto. Esta directiva debe especificar os estándares mínimos de atención e os medios para que o aborto sexa efectivo dentro da sanidade pública.

4. Fondo Europeo de Saúde Reprodutiva: Crear un fondo da UE destinado a apoiar aos estados membro na implementación de servizos de saúde sexual e reprodutiva, incluíndo clínicas de aborto, distribución de anticonceptivo e programas de educación sexual.

5. Vixilancia e Sancións: Establecer un mecanismo de vixilancia para asegurar que todos os estados membro cumpran coa directiva. Os países que non desenvolvan axeitadamente as medidas propostas poderían enfrontar sancións económicas.

3. Plan contra a Pobreza Infantil

Proposta:

Por en marcha unha prestación económica para familias de 2.400 a 3.600 euros anuais, e estender a educación pública obrigatoria desde os 0 ata os 3 anos nunha rede de escolas publicas.

Desenvolvemento:

1. Análise de Pobreza Infantil: Realizar un estudo detallado sobre a pobreza infantil en Europa, identificando as rexións e grupos máis afectados. Esta análise debe ser realizado por axencias de estatísticas europeas en colaboración con Ong.

2. Lexislación Europea: Propoñer unha directiva que obrigue aos estados membro para proporcionar unha prestación económica mínima ás familias con nenos, axustada segundo o custo de vida en cada país.

3. Financiamento: Establecer un fondo europeo específico para a pobreza infantil, financiado a través do orzamento xeral da UE e contribucións dos estados membro. Este fondo utilizaríase para subsidiar as prestacións económicas e financiar programas de educación temperá.

4. Desenvolvemento de Infraestruturas: Investir na construción e mantemento de garderías e centros de educación temperá en toda Europa, asegurando que todos os nenos e nenas teñan acceso a educación pública de calidade desde o nacemento ata os 3 anos.

5. Vixilancia e Avaliación: Crear un sistema de seguimento para avaliar o impacto das medidas na redución da pobreza infantil e axustar as políticas segundo sexa necesario.

4. Farmacéutica Pública e Control de Prezos

Proposta:

Creación dunha farmacéutica pública europea e establecemento dun tope aos prezos dos medicamentos, sancionando a empresas en casos de desabastecemento de fármacos esenciais.

Desenvolvemento:

1. Estudo de Viabilidade: Levar a cabo un estudo de viabilidade para a creación dunha farmacéutica pública europea, avaliando os custos, beneficios e posibles modelos de negocio.

2. Proposta Lexislativa: Redactar unha proposta de lexislación para a creación da farmacéutica pública, detallando a súa estrutura, financiamento e áreas de enfoque prioritario, como medicamentos esenciais e tratamentos para enfermidades raras.

3. Regulación de Prezos: Propoñer unha directiva que estableza un sistema de control de prezos para os medicamentos esenciais en toda a UE. Esta directiva debe incluír criterios claros para fixar prezos e mecanismos de revisión periódica.

4. Sancións por Desabastecemento: Incluír nas directiva sancións para as empresas farmacéuticas que non cumpran cos requisitos de subministración de medicamentos esenciais. Estas sancións poden incluír multas económicas e restricións á comercialización doutros produtos.

5. Vixilancia e Transparencia: Establecer unha axencia europea para monitorear os prezos dos medicamentos e o cumprimento das normas de subministración. Esta axencia debe publicar informes periódicos sobre a accesibilidade dos medicamentos en toda Europa.

5. Sistema Europeo de Coidados

Proposta:

Proposta de permisos de paternidade e maternidade de polo menos 36 semanas, estendidos ao dobre para familias monomarentais ou monoparentais, e creación dun sistema público de coidados xestionado publicamente.

Desenvolvemento:

1. Diagnóstico de Necesidades: Realizar un estudo sobre as necesidades de coidado en Europa, identificando as fendas na cobertura e as demandas específicas de distintos grupos familiares.

2. Directiva Europea: Propoñer unha directiva que estableza permisos de paternidade e maternidade de polo menos 36 semanas para todos os estados membro, cunha extensión para familias monomarentais ou monoparentais. Esta directiva debe incluír disposicións para o financiamento e apoio ás familias durante o período de permiso.

3. Financiamento do Sistema de Coidados: Crear un fondo europeo para financiar o sistema público de coidados, financiado por contribucións dos estados membro e o orzamento da UE.

4. Desenvolvemento de Infraestruturas: Investir na construción e mantemento de centros de coidado público, asegurando que todos os cidadáns teñan acceso a servizos de coidado de calidade.

5. Vixilancia e Avaliación: Establecer un sistema de seguimento para avaliar a efectividade do sistema de coidados e axustar as políticas segundo sexa necesario.

6. Servizo Público de Salvamento Marítimo

Proposta: Creación dun sistema europeo de salvamento marítimo para reducir as mortes no mar e eliminación dos Centros de Internamento de Estranxeiros.

Desenvolvemento:

1. Análise de Necesidades: Realizar un estudo sobre as necesidades de salvamento marítimo no Mediterráneo e outras áreas importantes, identificando os roteiros migratorios máis perigosas e as capacidades actuais de rescate.

2. Proposta Lexislativa: Redactar unha proposta para a creación dun servizo europeo de salvamento marítimo, detallando a súa estrutura, financiamento e protocolos de operación.

3. Colaboración Internacional: Establecer acordos de cooperación con países non membros da UE e organizacións internacionais para coordinar esforzos de rescate e asegurar a protección dos dereitos humanos.

4. Desmantelamento de CIEs: Propoñer unha directiva para a eliminación gradual dos Centros de Internamento de Estranxeiros, establecendo alternativas baseadas no respecto aos dereitos humanos, como centros de acollida xestionados por organizacións humanitarias.

5. Vixilancia e Avaliación: Crear un organismo europeo para monitorear as operacións de rescate e a situación dos migrantes, asegurando transparencia e rendición de contas.

7. Redución do Gasto Militar

Proposta:

Proposta de redución do gasto militar en Europa, priorizando esforzos nunha mesa de negociación para o conflito en Ucraína e traballando para frear as accións de Israel en Gaza, incluíndo a ruptura de relacións diplomáticas con Israel en caso de incumprimento de normas internacionais.

Desenvolvemento:

1. Avaliación do Gasto Militar: Realizar unha análise exhaustiva do gasto militar en Europa, identificando áreas de gasto innecesario ou excesivo. Esta análise debe incluír a participación de expertos en seguridade e política exterior.

2. Proposta Lexislativa: Presentar unha proposta no Parlamento Europeo para reducir o orzamento destinado a defensa e establecer un límite máximo de gasto militar para cada país membro. Esta proposta debe incluír disposicións para a reinversión de fondos en áreas como educación, saúde e desenvolvemento social.

3. Mesa de Negociación para Ucraína: Traballar en colaboración con outros actores internacionais, como a OSCE e a ONU, para facilitar unha mesa de negociación inclusiva para resolver o conflito en Ucraína. Esta mesa de negociación debe incluír representantes de todos os grupos étnicos e políticos involucrados no conflito.

4. Presión sobre Israel: Utilizar a diplomacia europea para presionar a Israel a cumprir co dereito internacional e deter as súas accións en Gaza. Isto pode incluír a imposición de sancións económicas, a suspensión de acordos comerciais e a ruptura de relacións diplomáticas en caso de continuar as graves violacións dos dereitos humanos.

5. Promoción de Alternativas: Promover alternativas pacíficas e diplomáticas para resolver conflitos internacionais, como o diálogo intercultural, a mediación internacional e a construción de coalicións multilaterais.

8. Defensa da Paz e os Dereitos

Proposta: Resistencia á escalada de políticas reaccionarias en Europa, incluíndo políticas antiabortistas, zonas de exclusión LGTBI, e políticas migratorias violentas. Defensa da paz como vía para avanzar en dereitos humanos e sociais.

Desenvolvemento:

1. Mobilización Cidadá: Fomentar a participación cidadá na defensa dos dereitos humanos e a paz, a través de campañas de concienciación, mobilizacións populares e accións de solidariedade internacional.

2. Lobby Político: Traballar en colaboración con outros partidos políticos progresistas e movementos sociais para influír na axenda política europea e contrarrestar o avance de políticas reaccionarias. Isto pode incluír a promoción de alianzas electorais e a presión sobre os líderes políticos para adoptar posicións máis progresistas.

3. Litixio Estratéxico: Utilizar o sistema xudicial europeo para defender os dereitos humanos e civís, presentando demandas ante instancias como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

4. Difusión de Valores: Promover valores de igualdade, diversidade e solidariedade a través da educación, os medios de comunicación e a cultura. Esto pode incluír a promoción de programas educativos inclusivos, a produción de contido mediático progresista e o apoio a iniciativas culturais que promovan a convivencia pacífica e o respecto mutuo.

5. Alianzas Internacionais: Traballar en colaboración con organizacións internacionais, como a ONU, a UNESCO e o Consello de Europa, para promover a paz e os dereitos humanos a nivel global. Isto pode incluír a participación en conferencias internacionais, a asinatura de tratados multilaterais e a contribución a programas de cooperación internacional.

En resumo, a posta en marcha e desenvolvemento destas propostas requirirá un enfoque multidimensional que combine a acción lexislativa, a mobilización cidadá, a diplomacia internacional e o fortalecemento das institucións democráticas. Podemos debe traballar en colaboración con outros actores políticos e sociais para construír unha Europa máis xusta, igualitaria e pacífica para toda a cidadanía. 

PROGRAMA DE PODEMOS – ELECCIÓNS EUROPEAS 2024