Manifestación pola República

2024 · Manifestación Pola República o domingo 14 de abril en Vigo

Este próximo domingo 14 de abril de 2024 ás 12:00 h., a militancia e simpatizantes de Podemos Vigo participaremos activamente na manifetación convocada pola Asemblea Republicana de Vigo. Podemos Vigo fai un chamamento ao conxunto da cidadanía viguesa e a veciñanza da bisbarra de Vigo para que asistan e participen nunha nova Manifestación Pola República.

É unha oportunidade para demostrar o apoio á causa da República e para unirse nunha voz colectiva en favor dun cambio que promova unha sociedade máis xusta e igualitaria. A participación de toda a cidadanía é importante para facer soar as súas voces e demandas. É un chamado a reunirse e fortalecer os lazos comunitarios nun esforzo común para avanzar cara a unha IIIª República.

A mobilización arrancará desde o cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz e rematará na Porta do Sol, ao carón da Rúa da II República, onde o actor redondelán Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, “Tatán”, dará lectura ao manifesto.

O acto de peche da Manifestación concluirá coas intervencións de Catalina Pahíno e a lectura do manifesto a cargo de Tatán, integrante do reparto de filmes como A lingua das bolboretas ou máis recentemente, Matria.

O acto rematará coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.

Difunde, comparte en redes sociais e participa!

Deja un comentario