Manifestación polo Dereito a Vivenda

Manifestación polo dereito á vivenda

O pasado 17 de decembro de 2024, Podemos Vigo participou activamente na manifestación convocada por CC.OO. e UGT en Vigo, amosando o seu apoio á loita contra a preocupante situación da vivenda. Desde Podemos Vigo, consideramos que este é un tema prioritario que debe ser abordado de forma urxente.

Defendemos medidas concretas como:

• O aumento da oferta de vivenda pública e de alugueiro.

• Mobilización das vivendas baleiras.

• A imposición dun tope nos prezos do alugueiro en zonas tensionadas.

• A posta en marcha e desenvolvemento dun forte regulamento para as vivendas turísticas.

• A creación dun Parque Público de Vivenda destinado ao réxime de alugueiro.

Seguiremos traballando e mobilizándonos para garantir que o dereito a unha vivenda digna sexa unha realidade para todas e todos.

Cartel da Manifestación do pasado 17 de decembro de 2024
Podemos Vigo

Rolda de Prensa de CC.OO e UXT

Rolda de Prensa convocada por CC.OO. e UGT en Vigo

O pasado 13 de decembro Podemos Vigo estivo presente e participou nunha rolda de prensa xunto aos portavoces locais de UGT e CC.OO. en Vigo, onde se anunciou a convocatoria dunha manifestación o próximo luns, día dous de decembro, ás 19:00 horas na Praza de España. Durante o acto, destacouse a importancia de mobilizar á cidadanía en defensa dos dereitos laborais e sociais. Na rolda estiveron presentes membros de diversas forzas políticas e sociais da esquerda viguesa, reforzando a unidade fronte aos retos que afectan á clase traballadora e á sociedade en xeral.

Meli Vázquez, coordinadora e voceira local de Podemos Vigo, estivo presente na devandita rolda de prensa xunto aos portavoces locais de UXT e CC.OO. Durante o acto, anunciouse a convocatoria dunha manifestación para o día 17 de decembro, ás 19:00 horas na Praza de España.

Esta participación reafirma o compromiso de Podemos Vigo coas reivindicacións relacionadas con vivenda e con problematica habitacional de Vigo e arredores. A devandita rolda de prensa contou tamén coa presenza de representantes doutras forzas políticas e sociais da esquerda viguesa.

Cartel da manifestación
Screenshot

Podemos Vigo con Cuba

O pasado sábado 26 de outubro, militantes de Podemos Vigo participaron activamente na concentración celebrada no MARCO de Vigo en apoio ao pobo cubano e en rexeitamento ao bloqueo económico que Cuba sofre dende hai décadas.

A mobilización foi unha mostra de solidariedade co pobo cubano, recoñecido pola súa dignidade e vocación humanitaria, sempre disposto a enviar médicos e non armas. Baixo o lema “Galicia con Cuba,” os asistentes salientaron a importancia de fortalecer os lazos entre Galicia e Cuba, reivindicando o apoio internacionalista á súa loita pola xustiza e a soberanía.

PODEMOS VIGO CONTRA O BLOQUEO A CUBA!!

Concentración polos alugueiros

O pasado venres 11 de outubro, un nutrido grupo de persoas congregouse na Porta do Sol de Vigo para participar na manifestación organizada polo Sindicato de Inquilinas de Vigo. A mobilización tiña como obxectivo principal esixir ao goberno que adopte medidas efectivas para frear a escalada de prezos no mercado de alugueiros e impulsar a creación de vivenda pública accesible para toda a cidadanía.

Podemos Vigo estivo presente nesta convocatoria, deixando clara a súa postura en favor da defensa do dereito á vivenda. Representantes e simpatizantes da organización berraron eslóganes en apoio á causa, reivindicando un cambio de políticas que combatan a especulación e protexan os dereitos das inquilinas e inquilinos.

As persoas concentradas denunciaron a especulación inmobiliaria como un dos factores principais que encarece o mercado e que deixa a moitas veciñas e veciños de Vigo nunha situación de precariedade habitacional.

A manifestación concluíu cun chamamento enérxico a continuar loitando nas rúas e a apoiar iniciativas que impulsen políticas de vivenda inclusivas e xustas. Desde Podemos Vigo, renovamos o noso compromiso coa loita pola xustiza social e por un sistema onde a vivenda non sexa un privilexio, senón un dereito alcanzable para todos e todas.

Consulta Podemos

Votación Presencial na sede de Podemos Vigo na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.

Consulta sobre as condicións de Podemos para apoiar os Orzamentos Xerais do Estado.

  • Baixar os alugueiros un 40%
  • Embargo de armas e ruptura de relacións con Israel

VOTA: participa.podemos.info

Vota: Participa!

Habilitamos a nosa sede coma punto de votación para a consulta sobre as condicións de Podemos para apoiar ou non os Orzamentos.

Rúa Celso Emílio Ferreiro 9

Caldendario das votacións presenciais:

  • 25/10 de 19:00 a 20:30
  • 26/10 de 11:00 a 12:30

Participa e difunde!

Palestra sobre o Sistema Público de Pensións en Podemos Vigo

Screenshot

O pasado xoves, a sede de Podemos Vigo converteuse nun punto de encontro fundamental para abordar un dos temas máis relevantes da nosa sociedade: o sistema público de pensións cunha palestra-coloquio, liderada por Xabier Pérez Dávila, que foi unha experiencia enriquecedora que reuniu a un numeroso grupo de asistentes interesados en comprender mellor o presente e futuro das pensións no noso país.

Pérez Dávila, coa súa ampla experiencia no ámbito das políticas sociais, ofreceu unha visión detallada sobre o funcionamento do sistema público de pensións, os seus desafíos e as posibles reformas que se están debatendo na actualidade. Ao longo da charla, o relator salientou a importancia da solidariedade interxeracional e a necesidade de garantir pensións dignas para os nosos maiores, un dereito fundamental que debe ser defendido con firmeza.

Os asistentes participaron activamente no coloquio, expondo preguntas e compartindo inquedanzas sobre como as decisións políticas actuais poderían afectar o seu futuro. A interacción enriqueceu aínda máis o ambiente, evidenciando a preocupación colectiva pola calidade de vida dos pensionistas.

Desde Podemos Vigo, reiterouse o compromiso de seguir traballando da man de Modepen e outran organizacións para estar ao tanto das novidades que se presenten sobre o futuro das pensións. A loita por manter e mellorar a calidade de vida dos nosos maiores é unha prioridade para Podemos Vigo.

En resumo, a palestra foi un éxito rotundo, logrando o seu obxectivo de informar e empoderar aos cidadáns sobre un tema tan importante. A enerxía e o compromiso de todos os presentes motívannos a continuar nesta senda de defensa dos dereitos sociais e a xustiza interxeracional.

Crebando o valado da vergoña

O pasado 18 de outubro de 2024, unha morea de viguesas e vigueses congregámonos na Porta do Sol en Vigo para realizar unha concentración organizada pola Plataforma Cívica de Vigo Pro-Palestina. No acto, os participantes construímos un «valado ou muro da vergoña» con caixas de cartón, decorado con bandeiras palestinas e mensaxes en apoio a Gaza, para denunciar o bloqueo israelí. Podemos Vigo participou activamente no evento.

Óscar Lomba, actuando como voceiro, lembrou as difíciles condicións de vida dos 2,2 millóns de persoas en Gaza e salientou a importancia de non permitir que a voz do pobo palestino se apague na bretema da indiferenza. Os asistentes acenderon velas en homenaxe ás vítimas, sinalando que máis de 42,000 persoas, a maioría mulleres e nenos, morreron no conflito. Tamén se fixeron chamados á Unión Europea para que non sexa cómplice da situación e cuestionouse a venda de armas a Israel.

A manifestación culminou cos participantes rompendo o «muro» como símbolo de resistencia e esperanza, reafirmando o seu compromiso de seguir loitando pola liberdade do pobo palestino.

Yamil Kasem en Vigo

Yamil Kasem membro do Consello Nacional Palestino e do Comité Central do FDLP estivo en Vigo e unha morea de militantes de Podemos Vigo asistirón á palestra na que Yamil Kasem falou sobre a loita da Fronte Democrática para Liberación de Palestina (FDLP) o combate heroico do pobo palestino contra o sionismo.

O pasado 10 de outubro, Vigo acolleu unha importante palestra protagonizada por Yamil Kasem, membro do Consello Nacional Palestino e do Comité Central da Fronte Democrática para a Liberación de Palestina (FDLP). O evento xuntou a un nutrido grupo de militantes e simpatizantes da causa palestina, dispostos a escoitar as experiencias e reflexións de Kasem sobre a situación actual na Palestina.

Yamil Kasem falou da relevancia histórica da loita palestina, salientando a resistencia heroica do seu pobo fronte ao sionismo. O orador fixo referencia ás condicións de vida dos palestinos, así como os esforzos continuos da FDLP para defender os dereitos e a dignidade do seu pobo.

O encontro non só foi unha oportunidade para que Yamil Kasem compartise a voz da súa xente, senón que tamén se converteu nun espazo de diálogo e reflexión entre militantes de diferentes orixes, comprometidos coas causas de xustiza social.

Ao finalizar a palestra, os asistentes mostraron o seu agradecemento a Kasem por compartir a súa experiencia e coñecemento, así como a súa esperanza de que, a través da colaboración internacional, se poidan lograr avances significativos na loita do pobo palestino. O evento en Vigo foi, sen dúbida, un reflexo da solidariedade global e da resistencia que persiste malia ás dificultades.

Debate sobre vivenda en Vigo

Podemos Vigo participou nun debate sobre vivenda organizado por RECORTES CERO que se desenvolveu na asociación de vecinos do Calvario o pasado 10 de outubro.

Na mesa estuvieron presentes diferentes organizacións políticas, sindicáis e sociais. Podemos Galicia e Podemos Vigo estiveron representadas polo militante Óscar Lomba quien dixo que “a vivenda é un dereito e non un negocio”.

Lomba defendeu que “a crise de vivenda en Vigo é un problema profundo que afecta a miles de persoas. Na última década, os prezos do alugueiro aumentaron dramaticamente, facendo que o acceso a unha vivenda digna e asequible sexa cada vez máis difícil para moitas familias. Porén, construír máis non é a solución. Vigo xa conta con 20.000 vivendas baleiras. O verdadeiro problema é a mala xestión e a falta de regulación destes recursos”.

Lomba dixo que “en vez de continuar cunha urbanización masiva, o que necesitamos urxentemente é mobilizar as vivendas baleiras. Isto significa pór en marcha e desenvolver medidas como un imposto municipal aos propietarios que manteñan as súas casas desocupadas sen unha xustificación clara. Esta política non só axudaría a aumentar a oferta de alugueiro dispoñible, senón que tamén contribuiría a reducir a presión sobre os prezos, beneficiando a toda a cidadanía”.

Outro aspecto esencial, según Lomba, é regular as vivendas de uso turístico. Lomba afirmou que “nos últimos anos, vimos como estas vivendas reduciron a dispoñibilidade de alugueiros residenciais, desprazando aos inquilinos e inquilinas de longo prazo en favor do turismo. Debemos impoñer límites estritos ao número de licenzas turísticas, priorizando sempre o dereito dos residentes a un fogar estable”.

Ademais, fixo referencia á Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda. Lomba salientou que “a Lei Estatal de Vivenda ofrece mecanismos para controlar os prezos dos alugueiros en zonas tensionadas como Vigo. Aplicala de xeito efectivo permitiría frear a especulación inmobiliaria e garantir que o acceso á vivenda siga sendo un dereito básico, e non un luxo inaccesible para moitas persoas”.

E só como último recurso, se todas estas medidas non logran solucionar totalmente o problema, Lomba defendeu a necesidade de considerar a construción de vivenda pública ecosostible e enerxeticamente eficiente. Estas novas vivendas non só garantirían o acceso a unha vivenda digna, senón que tamén respectarían o medio ambiente, ofrecendo solucións a longo prazo e mellorando a calidade de vida na cidade.

E términou decindo que é o momento de actuar. Según Lomba “debemos poñer ás persoas e os seus dereitos por riba dos intereses económicos e a especulación. A vivenda é un dereito fundamental, e xuntas, podemos protexelo e garantir que todos e todas teñamos acceso a un fogar digno. É hora de construirmos un futuro máis xusto para todas as persoas na nosa cidade”.

Non ao terrorismo machista!

O pasado lunes 7 de outubro participamos nunha concentración para lembrar a Fadoua Akkar, vítima da violencia machista en Domaio. Participamos no acto de repulsa do pasado 7 de outubro para unirnos ao clamor contra a violencia machista. Con Fadoua, son xa máis de 80 as mulleres asasinadas en España este ano a mans do machismo.

Este terrorismo silencioso, porén letal arranca vidas e destrúe familias, e só rematará cando como sociedade loitemos con contundencia por un cambio real. Non podemos tolerar máis esta violencia. Fadoua, a nosa lembranza e a nosa rabia son contigo e con todas as vítimas de feminicidios.

Podemos Vigo continuará loitando para construirmos un futuro seguro, libre e igualitario para todas.