14 de abril de 2025

🔴 Podemos Vigo na rúa pola IIIª República 🟣

O pasado 14 de abril de 2025, conmemoramos o aniversario da proclamación da IIª República, e a militancia de Podemos Vigo participou activamente na manifestación republicana convocada na cidade, sumando voces e pasos a unha mobilización plural e comprometida coa memoria democrática, a xustiza social e o dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro.

🚩 A nosa presenza non foi só testemuñal, pois levamos bandeiras e sobre todo conviccións. Porque para Podemos a República non é só unha forma de Estado, senón un proxecto colectivo de dignidade, igualdade e liberdade, fronte a un réxime monárquico herdado do franquismo e blindado polos poderes económicos e mediáticos.

🟪 Defendemos unha República plurinacional, feminista, ecolóxica e popular, que poña no centro os dereitos da xente e a participación democrática. E seguiremos facéndoo, na rúa e nas institucións, canda todas as organizacións e persoas que loitan por un país máis xusto.

💜 Grazas ás compañeiras e compañeiros que representaron a Podemos Vigo nesta xornada de loita e memoria. O futuro será republicano… ou non será!

#14deAbril #República #PodemosVigo #MemoriaDemocrática #ProcesoConstituínte #GalizaRepublicana

ASEMBLEA CIDADÁ AUTONÓMICA

Estamos ás portas da Quinta Asemblea Cidadá Estatal, un momento fundamental para o futuro de Podemos. Por iso, este sábado 15 de marzo de 2025 ás 12:30 h, convidámosvos a un encontro aberto á militancia no local de Podemos A Coruña, onde contaremos coa presenza de Julio Rodríguez. Será unha oportunidade para debater, compartir ideas e construirmos xuntas o camiño a seguir. Agardámosvos!

COMPARTE 🔄

BK: https://bsky.app/profile/podemosgalicia.bsky.social/post/3lk3yawtji22c

FB: https://www.facebook.com/share/p/1FiPfFqt5Y/

IG: https://www.instagram.com/p/DHDsiIMI5vO/?igsh=aHd2cjB1Mm9jMnh0

X: https://x.com/Podemos_Galicia/status/1899419070828532171?t=GlVBL6OAVRLy4PLJHDOFvg&s=19

Podemos participou no 8M en Vigo

Manifestación do 8 M en Vigo.

A intensa chuvia que caeu na tardiña deste sábado 8 de marzo de 2025 en Vigo non impediu que milleiros de mulleres feministas saísen ás rúas para reivindicar igualdade e xustiza. A manifestación, convocada por Resposta Feminista, partiu ás 18:30 horas da Praza dos Cabalos baixo o lema “O feminismo muda a historia. Sen loita non hai futuro”.

A marcha avanzou con forza polas rúas da cidade ao ritmo de cánticos e consignas como “Non é a minisaia, non é o pantalón, na mente do machista está a provocación”, “Imos quemar, imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal” “Non estamos todas, faltan as asasinadas”, “Máis recursos e menos discursos” ou “Por moito que se molle, o feminismo non encolle”. Malia a climatoloxía adversa, a mobilización mantivo un ambiente combativo e reivindicativo até chegar á Porta do Sol, onde culminou a xornada de protesta.

Podemos Vigo participou activamente na manifestación, cunha morea de militantes que sumaron a súa voz á loita feminista. A nosa organización reafirmou o seu compromiso coa loita feminista e coa defensa dos dereitos das mulleres, insistindo na necesidade de políticas públicas que garantan avances reais e efectivos contra a violencia machista e a discriminación de xénero.

No manifesto do 8M, Resposta Feminista salientou que esta data é “un día de loita”, non de celebración, e alertou sobre a persistencia da fenda salarial, a precariedade laboral e a violencia machista. Tamén denunciaron a discriminación das mulleres migrantes e a mercantilización do corpo feminino a través da prostitución e a “opresión estética”. Subliñaron a necesidade de reforzar a coeducación e a educación sexual integral, a saúde mental con perspectiva de xénero e os servizos públicos para as mulleres, fronte á súa privatización. Finalmente, advertiron sobre o avance da ultradereita e reafirmaron que “o feminismo é un dos principais bastións contra a ultradereita, o fascismo e os seus discursos de odio”.


ASEMBLEA PODEMOS VIGO

🟣 V Asemblea Cidadá Estatal de Podemos: Participa no Debate! 🗳️✨

Este martes 25 de febreiro, ás 19:00 h, vémonos na sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9) para debater e construír xuntas o futuro do noso proxecto.

A túa voz conta! Súmate, propón e decide! 💜✊

ASEMBLEA DE PODEMOS VIGO:

🗓️ Data: Martes 25 de febreiro 

⏰ Hora: 19:00 h. 

📍Lugar: Sede de Podemos Vigo. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. Vigo. 

📢 Participa, difunde e comparte! 📣

#Podemos #VAsembleaCidadá #Participa

ASEMBLEA ORDINARIA

PODEMOS VIGO

💜 Asemblea Ordinaria de Podemos Vigo 💜

🌟 É o teu momento! 🌟

O vindeiro martes 11 de febreiro de 2025, ás 20:00 h na nosa sede de Podemos Vigo (rúa Celso Emilio Ferreiro, 9), teremos unha nova Asemblea Ordinaria. Xuntámonos para seguir traballando por un Vigo e unha Galicia mellor, xusta e inclusiva. 💪

⚡ Nós seguimos loitando. E ti, anímaste? ⚡

A túa voz é imprescindible! Necesitamos as túas ideas, a túa enerxía e o teu compromiso para continuar construíndo un futuro mellor para todas e todos. 🗣️

🔸 Cando?

📅 Martes 11 de febreiro de 2025

⏰ 20:00 h.

🔸 Onde?

📍 Sede de Podemos Vigo

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9. Vigo.

💬 Participa, difunde e comparte!

Non deixes que ninguén se quede fóra. A nosa forza vén de cada unha de nós. 💜

#PodemosVigo #AsembleaPodemos #XuntasPorVigo #LuchamosXuntas

Podemos Vigo nas rúas!

Podemos Vigo non sae das rúas! Hai uns días, a nosa militancia estivo defendendo un ensino de calidade e inclusivo, xunto ás Asociacións de Nais e Pais de Alunos de Vigo, porque cremos que a educación debe ser un dereito alcanzable para todas as persoas, sen distincións. Un ensino público, gratuíto e que promova a igualdade de oportunidades é fundamental para construír unha sociedade máis xusta.

Nesa mesma xornada, tamén estivemos apoiando ao feminismo vigués, berrando xuntas por unha igualdade real entre homes e mulleres. Non podemos permitir que as desigualdades de xénero sigan marcando a nosa realidade, e por iso continuamos a loitar por un Vigo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos.

A nosa militancia segue firme, nas rúas e en todos os eidos, traballando por un futuro mellor, onde a solidariedade, a igualdade e a xustiza social sexan os alicerces sobre os que se constrúa a nosa cidade e o noso país. Seguimos!

#PodemosVigo #EducaciónPública #Feminismo #IgualdadeReal #LoitaFeminista #Dereitos

Podemos Vigo co movemento veciñal

A recente reunión de Podemos Vigo na sede da rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, coa veciñanza de Bembrive En Pé, foi unha oportunidade para escoitar de primeira man as súas preocupacións e reivindicacións sobre a futura construción do acceso da A-52 en Vigo. A nosa postura é clara: non podemos permitir que se vexan afectados os veciños nin que se danen as paisaxes da parroquia. Estamos convencidos de que o túnel non é unha alternativa sostible. A verdadeira solución pasa por apostar pola gratuidade e remodelación da AP-9, aproveitando as infraestruturas existentes para minimizar os custos públicos e o impacto medioambiental. Unha opción máis racional e respectuosa co noso entorno.

Neste sentido, desde Podemos Vigo reiteramos o noso compromiso firme co movemento veciñal, coas loitas xustas das nosas veciñas e veciños. A súa voz é fundamental para construir un Vigo máis xusto, sostible e respectuoso coas nosas parroquias e o noso entorno natural. Continuaremos traballando de xeito incansable xunto ás asociacións e colectivos que loitan polos dereitos das persoas, defendendo a súa participación activa nas decisións que afectan directamente ás súas vidas. O futuro de Vigo só pode construírse de maneira colectiva, escoitando a quen mellor coñece a súa realidade.

#PodemosVigo #Bembrive #Sostibilidade #Infraestruturas #AP9


Podemos na concentración feminista en Vigo

🔴 Hoxe, a nosa secretaria de Feminismo, Ángela Estévez, participou na concentración convocada pola plataforma Somos Elas Galicia.

✊ Esiximos afastar dos xulgados de violencia de xénero a xuíces machistas como Carretero, que non só desprotexen ás vítimas senón que tamén perpetúan a cultura machista e patriarcal nas institucións xudiciais.

🚺 A loita feminista é máis necesaria que nunca para garantir que as mulleres poidan acceder a unha xustiza que defenda realmente ás mulleres. Demandamos unha xustiza sen prexuízos nin ideoloxía machista.

#NonÁViolenciaDeXénero #XustizaFeminista #Feminismo #SomosElasGalicia #PodemosVigo #LoitaFeminista #MulleresEnLoita

🌿 A verdade sobre o conflito en Cabo Estai

En Cabo Estai, un espazo natural protexido, construíuse un vial ilegal para facilitar o acceso a futuras vivendas, sen autorización e incumprindo a normativa urbanística. A Xunta de Galicia xa sancionou aos responsables con 35.549 euros, pero a veciñanza segue loitando para que o terreo volva ao seu estado orixinal e se respecte o medio natural.

Agora, os responsables das obras ilegais están demandando á Asociación de Veciños de San Miguel de Oia por supostas calumnias, esixindo unha indemnización desproporcionada de 170.000 euros, nun intento claro de silenciar as voces que defenden o patrimonio de todas e todos.

Desde Podemos Vigo condenamos estes ataques xudiciais e apoiamos ás veciñas e veciños na súa loita pola legalidade, a xustiza e a protección do medio ambiente. 💚

📢 Defender Cabo Estai é defender o futuro de Vigo!

📢 Podemos Vigo do lado da veciñanza de San Miguel de Oia

Desde Podemos Vigo queremos expresar a nosa solidariedade coa veciñanza de San Miguel de Oia na súa loita pola defensa do patrimonio natural de Cabo Estai. Reafirmamos o noso compromiso de seguir participando nas asembleas e accións organizadas polo movemento veciñal para frear os abusos urbanísticos e defender os dereitos da comunidade.

💪 A loita polo territorio é a loita de todas!

Pensións públicas: un dereito, non un privilexio

As pensións públicas garanten unha vida digna para millóns de persoas, porén hoxe están en perigo. Nunha Galicia envellecida, onde moitas persoas maiores sobreviven con pensións insuficientes, a súa revalorización é máis necesaria ca nunca. Asegurar un sistema público xusto e sostible non é só unha obriga coa xeración actual, senón un compromiso coas xeracións futuras. Agora é o momento de mobilizarnos!

As pensións públicas son un pilar fundamental do noso Estado de benestar e unha garantía de xustiza social. En Galicia, máis do 25% da poboación é maior de 65 anos, e moitas persoas pensionistas sobreviven con ingresos que non chegan ao salario mínimo interprofesional. Isto é inaceptable.

A revalorización das pensións é imprescindible para protexer o poder adquisitivo das persoas maiores, especialmente nun contexto de inflación como o actual, onde os prezos básicos, como a enerxía e os alimentos, seguen subindo. Sen unhas pensións dignas, estamos condenando a unha parte importante da nosa sociedade á precariedade e á exclusión social.

Un sistema público de pensións forte é posible, porén require vontade política: combater a fraude fiscal, redistribuír recursos de maneira xusta e priorizar o benestar das persoas fronte aos intereses económicos duns poucos. Loitar por isto é loitar polo futuro de todas, todos e todes, porque as pensións non son só das persoas maiores de hoxe, senón tamén das de mañá.

Desde Podemos Vigo defendemos con contundencia un sistema de pensións 100% público, que se revalorice cada ano segundo o custo real da vida e que protexa as persoas pensionistas fronte á inflación. Dicimos “non” á privatización e “si” a reforzar os ingresos do sistema a través de políticas fiscais xustas e a loita contra o fraude fiscal. Porque un sistema de pensións digno é a mellor herdanza que podemos deixar. Mobilicémonos para defendelo!

Non permitamos que as pensións caian en mans de quen quere privatizalas. A solución non é recortar, senón reforzar!

🟣 Chamamento á mobilización en defensa das pensións públicas! ✊

Dende Podemos Vigo queremos convocar a toda a nosa militancia e ao conxunto da cidadanía viguesa a participar na concentración organizada por MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas). É fundamental que nos unamos para defender un sistema público de pensións digno e sostible, que garanta os dereitos das persoas maiores e das futuras xeracións.

🟣 CONVOCATORIA: TOD@S Á RÚA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS! ✊

As pensións públicas son un dereito, e defender a súa revalorización é unha batalla que imos gañar entre tod@s.

📅 Cando?

🗓️ Luns, 3 de febreiro de 2025

🕢 Hora: 19:30 horas

📍 Lugar: Diante do Museo MARCO, Vigo

💬 “SÍ” á Revalorización das Pensións! Nin un paso atrás, pensións dignas públicas!

➡️ Mobilízate! Cada primeiro luns de mes seguimos loitando.

👉 Por ti, por min, por tod@s!

💜 Imos gañar esta batalla!

EN VIGO PODEMOS