Re-Construir a Área sanitaria de Vigo

A Sanidade Pública non se vende, deféndese

O pasado xoves 16 de xaneiro de 2025, miles de persoas ateigaron as rúas de Vigo para esixir algo tan básico como o dereito a unha sanidade pública, universal e de calidade. A manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, amosou o rexeitamento masivo á política de privatizacións que nos últimos anos vén esnaquizando a área sanitaria de Vigo, especialmente tras os escandalosos sobrecustos e recortes asociados ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Estamos ante un exemplo claro de como a axenda neoliberal da Xunta de Galicia, liderada polo PP, antepón os intereses económicos duns poucos por riba do benestar da maioría social. O contrato do Hospital Álvaro Cunqueiro, asinado baixo o mandato de Alberto Núñez Feijóo, non só significou un sobrecusto de 470 millóns de euros, senón que deixou sen executar infraestruturas esenciais para garantir un servizo eficiente e público. Hoxe, a realidade que viven as familias da área sanitaria é unha Atención Primaria saturada, listas de espera interminables e unha falta de recursos que agrava aínda máis a situación da cidadanía.

O caso do Hospital POVISA é outro exemplo paradigmático da privatización encuberta da sanidade pública en Vigo. Este centro, que atende a máis de 130.000 pacientes mediante un concerto co SERGAS, funciona como unha empresa privada que prioriza os beneficios por riba da calidade asistencial. A solución non pasa por perpetuar este modelo, senón por incorporar POVISA ao sistema sanitario público galego, garantindo que os recursos que se destinan a este hospital reverten directamente no fortalecemento da sanidade pública. A compra de POVISA permitiría poñer fin á incerteza que viven os pacientes e o persoal sanitario, ao tempo que ampliaría a capacidade estrutural da área sanitaria de Vigo, reducindo listas de espera e ofrecendo un servizo equitativo e accesible para toda a cidadanía.

Desde Podemos Vigo, reclamamos con contundencia a reconstrución da área sanitaria de Vigo. É imprescindible poñer fin á privatización dos servizos do Hospital Álvaro Cunqueiro e garantir a súa xestión pública. A saúde das persoas non pode ser un negocio para grandes empresas. Cada euro que vai aos petos dos fondos de investimento é un euro que deixa de investir no benestar da nosa xente.

O modelo neoliberal non funciona. Xa o demostraron os sobrecustos do Álvaro Cunqueiro, os servizos deficientes ou o abandono da Atención Primaria. Queremos un sistema público que priorice ás persoas e non os beneficios económicos. Por iso, é urxente:

• Recuperar a xestión pública do Hospital Álvaro Cunqueiro, eliminando as concesións privadas que lastran os servizos sanitarios.

• Ampliar as estruturas e os recursos humanos e materiais da área sanitaria, garantindo que cada veciña e veciño teña acceso a unha asistencia de calidade.

• Apostar por unha Atención Primaria forte, resolutiva e accesible, que sexa o verdadeiro piar do noso sistema de saúde.

A sanidade pública é un dereito, non un privilexio. Non imos permitir que nos rouben algo tan esencial. Desde Podemos Vigo, seguiremos loitando man a man coa veciñanza, os sindicatos e as plataformas sociais para recuperar o que é de todas e todos.

Vigo merece unha sanidade pública digna. Hoxe máis ca nunca, a saúde é vida e a vida non se privatiza.

Militancia de Podemos Vigo na manifestación baixo o lema: “Re-Construir a Área Sanitario de Vigo”
EN VIGO PODEMOS

Podemos Vigo apoia a Manifestación en defensa da Sanidade Pública

DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA!!

A sanidade pública é un dereito, non un privilexio. Vigo sofre demoras nas citas, falta de pediatras e centros desbordados. É hora de esixir máis recursos e unha atención de calidade para todas e todos. ✊🩺

🩺💉💊Centros de saúde saturados, demoras eternas e falta de pediatras en Vigo.

🏥 🩺💉Non podemos permitir que a sanidade pública se degrade máis.

✊ Defendamos o noso dereito a unha atención digna e de calidade. A saúde pública é de todas e todos. 🩺💙

RECONSTRUIR A ÁREA SANITARIA DE VIGO

MANIFESTACIÓN:
DATA: Xoves 16 de xaneiro ás 19:00 horas desde a Praza dos Cabalos.

Participa e difunde!

PODEMOS

O Xenocidio continúa no Nadal

Concentración en Vigo

O pasado xoves 19 de decembro, Podemos Vigo participou na concentración en solidariedade co pobo palestino, organizada pola Plataforma Cívica de Vigo Pro Palestina e outras moitas organizacións da esquerda.

Baixo o lema “O xenocidio continúa no Nadal”, unímonos ás voces que denuncian a impunidade de Israel e esiximos o fin das agresións contra o pobo palestino. Durante a concentración, despregouse unha enorme bandeira palestina como símbolo de apoio e resistencia.

Desde Podemos Vigo reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos e coas causas xustas. Non deixaremos de loitar pola paz, a liberdade e a xustiza para Palestina. #FreePalestine #DereitosHumanos

Concentración na Portal do Sol en Vigo

Podemos Vigo

Manifestación polo Dereito a Vivenda

Manifestación polo dereito á vivenda

O pasado 17 de decembro de 2024, Podemos Vigo participou activamente na manifestación convocada por CC.OO. e UGT en Vigo, amosando o seu apoio á loita contra a preocupante situación da vivenda. Desde Podemos Vigo, consideramos que este é un tema prioritario que debe ser abordado de forma urxente.

Defendemos medidas concretas como:

• O aumento da oferta de vivenda pública e de alugueiro.

• Mobilización das vivendas baleiras.

• A imposición dun tope nos prezos do alugueiro en zonas tensionadas.

• A posta en marcha e desenvolvemento dun forte regulamento para as vivendas turísticas.

• A creación dun Parque Público de Vivenda destinado ao réxime de alugueiro.

Seguiremos traballando e mobilizándonos para garantir que o dereito a unha vivenda digna sexa unha realidade para todas e todos.

Cartel da Manifestación do pasado 17 de decembro de 2024
Podemos Vigo

Rolda de Prensa de CC.OO e UXT

Rolda de Prensa convocada por CC.OO. e UGT en Vigo

O pasado 13 de decembro Podemos Vigo estivo presente e participou nunha rolda de prensa xunto aos portavoces locais de UGT e CC.OO. en Vigo, onde se anunciou a convocatoria dunha manifestación o próximo luns, día dous de decembro, ás 19:00 horas na Praza de España. Durante o acto, destacouse a importancia de mobilizar á cidadanía en defensa dos dereitos laborais e sociais. Na rolda estiveron presentes membros de diversas forzas políticas e sociais da esquerda viguesa, reforzando a unidade fronte aos retos que afectan á clase traballadora e á sociedade en xeral.

Meli Vázquez, coordinadora e voceira local de Podemos Vigo, estivo presente na devandita rolda de prensa xunto aos portavoces locais de UXT e CC.OO. Durante o acto, anunciouse a convocatoria dunha manifestación para o día 17 de decembro, ás 19:00 horas na Praza de España.

Esta participación reafirma o compromiso de Podemos Vigo coas reivindicacións relacionadas con vivenda e con problematica habitacional de Vigo e arredores. A devandita rolda de prensa contou tamén coa presenza de representantes doutras forzas políticas e sociais da esquerda viguesa.

Cartel da manifestación
Screenshot

Podemos Vigo con Cuba

O pasado sábado 26 de outubro, militantes de Podemos Vigo participaron activamente na concentración celebrada no MARCO de Vigo en apoio ao pobo cubano e en rexeitamento ao bloqueo económico que Cuba sofre dende hai décadas.

A mobilización foi unha mostra de solidariedade co pobo cubano, recoñecido pola súa dignidade e vocación humanitaria, sempre disposto a enviar médicos e non armas. Baixo o lema “Galicia con Cuba,” os asistentes salientaron a importancia de fortalecer os lazos entre Galicia e Cuba, reivindicando o apoio internacionalista á súa loita pola xustiza e a soberanía.

PODEMOS VIGO CONTRA O BLOQUEO A CUBA!!

Concentración polos alugueiros

O pasado venres 11 de outubro, un nutrido grupo de persoas congregouse na Porta do Sol de Vigo para participar na manifestación organizada polo Sindicato de Inquilinas de Vigo. A mobilización tiña como obxectivo principal esixir ao goberno que adopte medidas efectivas para frear a escalada de prezos no mercado de alugueiros e impulsar a creación de vivenda pública accesible para toda a cidadanía.

Podemos Vigo estivo presente nesta convocatoria, deixando clara a súa postura en favor da defensa do dereito á vivenda. Representantes e simpatizantes da organización berraron eslóganes en apoio á causa, reivindicando un cambio de políticas que combatan a especulación e protexan os dereitos das inquilinas e inquilinos.

As persoas concentradas denunciaron a especulación inmobiliaria como un dos factores principais que encarece o mercado e que deixa a moitas veciñas e veciños de Vigo nunha situación de precariedade habitacional.

A manifestación concluíu cun chamamento enérxico a continuar loitando nas rúas e a apoiar iniciativas que impulsen políticas de vivenda inclusivas e xustas. Desde Podemos Vigo, renovamos o noso compromiso coa loita pola xustiza social e por un sistema onde a vivenda non sexa un privilexio, senón un dereito alcanzable para todos e todas.

Consulta Podemos

Votación Presencial na sede de Podemos Vigo na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.

Consulta sobre as condicións de Podemos para apoiar os Orzamentos Xerais do Estado.

  • Baixar os alugueiros un 40%
  • Embargo de armas e ruptura de relacións con Israel

VOTA: participa.podemos.info

Vota: Participa!

Habilitamos a nosa sede coma punto de votación para a consulta sobre as condicións de Podemos para apoiar ou non os Orzamentos.

Rúa Celso Emílio Ferreiro 9

Caldendario das votacións presenciais:

  • 25/10 de 19:00 a 20:30
  • 26/10 de 11:00 a 12:30

Participa e difunde!

Palestra sobre o Sistema Público de Pensións en Podemos Vigo

Screenshot

O pasado xoves, a sede de Podemos Vigo converteuse nun punto de encontro fundamental para abordar un dos temas máis relevantes da nosa sociedade: o sistema público de pensións cunha palestra-coloquio, liderada por Xabier Pérez Dávila, que foi unha experiencia enriquecedora que reuniu a un numeroso grupo de asistentes interesados en comprender mellor o presente e futuro das pensións no noso país.

Pérez Dávila, coa súa ampla experiencia no ámbito das políticas sociais, ofreceu unha visión detallada sobre o funcionamento do sistema público de pensións, os seus desafíos e as posibles reformas que se están debatendo na actualidade. Ao longo da charla, o relator salientou a importancia da solidariedade interxeracional e a necesidade de garantir pensións dignas para os nosos maiores, un dereito fundamental que debe ser defendido con firmeza.

Os asistentes participaron activamente no coloquio, expondo preguntas e compartindo inquedanzas sobre como as decisións políticas actuais poderían afectar o seu futuro. A interacción enriqueceu aínda máis o ambiente, evidenciando a preocupación colectiva pola calidade de vida dos pensionistas.

Desde Podemos Vigo, reiterouse o compromiso de seguir traballando da man de Modepen e outran organizacións para estar ao tanto das novidades que se presenten sobre o futuro das pensións. A loita por manter e mellorar a calidade de vida dos nosos maiores é unha prioridade para Podemos Vigo.

En resumo, a palestra foi un éxito rotundo, logrando o seu obxectivo de informar e empoderar aos cidadáns sobre un tema tan importante. A enerxía e o compromiso de todos os presentes motívannos a continuar nesta senda de defensa dos dereitos sociais e a xustiza interxeracional.

Crebando o valado da vergoña

O pasado 18 de outubro de 2024, unha morea de viguesas e vigueses congregámonos na Porta do Sol en Vigo para realizar unha concentración organizada pola Plataforma Cívica de Vigo Pro-Palestina. No acto, os participantes construímos un «valado ou muro da vergoña» con caixas de cartón, decorado con bandeiras palestinas e mensaxes en apoio a Gaza, para denunciar o bloqueo israelí. Podemos Vigo participou activamente no evento.

Óscar Lomba, actuando como voceiro, lembrou as difíciles condicións de vida dos 2,2 millóns de persoas en Gaza e salientou a importancia de non permitir que a voz do pobo palestino se apague na bretema da indiferenza. Os asistentes acenderon velas en homenaxe ás vítimas, sinalando que máis de 42,000 persoas, a maioría mulleres e nenos, morreron no conflito. Tamén se fixeron chamados á Unión Europea para que non sexa cómplice da situación e cuestionouse a venda de armas a Israel.

A manifestación culminou cos participantes rompendo o «muro» como símbolo de resistencia e esperanza, reafirmando o seu compromiso de seguir loitando pola liberdade do pobo palestino.